Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Indemnización para a familia dun falecido por amianto

18-03-2014 - Amianto

O Xulgado do Social número 10 de Bilbao condenou ás empresas Ercros e Fertiberia a indemnizar con 50.000 euros á viúva e fillos dun traballador falecido en 2009 a consecuencia dun mesotelioma derivado do amianto, segundo informou a asociación de vítimas do amianto Asviamie.

A vítima comezou a traballar en Unión Explosivos Río Tinto (posterior Ercros) en 1971, como mecánico. En 1984, paso a traballar en FESA, adicada á fabricación de fertilizantes, que máis tarde foi adquirida por Fertiberia.
Asviamie lembrou que o Tribunal Superior vasco condenou ás dúas firmas en xaneiro de 2012 a pagar unha recarga do 40% por falta de medidas de seguridade, corrixindo así as resolucións da Inspección de Traballo de Bizkaia e do Instituto Nacional da Seguridade Social, que optaron por ignorar o incumprimento empresarial da lexislación do amianto, existente desde 1961.
Asviamie valorou esta nova sentenza, aínda que chega case cinco anos máis tarde do falecemento deste mecánico, polo que reclamou unha vez máis ao Parlamento "un xesto solidario coas victimas do amianto, creando o fondo de compensación e evite a tortura da vía xudicial".

Fonte: elpais.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS