Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Estudio sobre os impactos do sistema de autorización REACH

03-01-2018 - Comisión Europea

A Comisión Europea publicou un estudo sobre a avaliación do rendemento do sistema de autorización REACH. O estudo conclúe que este sistema promoveu a substitución progresiva de substancias altamente preocupantes (SVHC) por alternativas dispoñibles e que as empresas melloraron as medidas de xestión do risco e as condicións de traballo cando non foi posible a substitución das SVHC.

Analizáronse os cambios no mercado das SVHC e as súas alternativas, sen atopar indicacións claras dos cambios. O estudo non puido cuantificar por completo os custos do proceso xeral de autorización, aínda que sí proporcionou unha estimación dos custos relacionados co proceso de solicitude de autorización, tanto para as autoridades como para as empresas.

Ligazón ao texto Estudio sobre os impactos do sistema de autorización REACH (en inglés)

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS