Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Atopan relación entre a fibrose pulmonar e o amianto

03-12-2014 - Amianto

Numerosos casos dunha enfermidade pulmonar común, cuxas causas se consideraban até agora descoñecidas son, de feito, resultado da exposición ao amianto, segundo cren os científicos. Investigadores do Imperial College de Londres atoparon unha correlación entre o índice de falecementos ocorridos en Inglaterra e Gales polas enfermidades relacionadas co amianto coñecidas como asbestose e mesotelioma e a fibrose pulmonar idiopática (FPI).

As súas conclusións, presentadas no Congreso Internacional da Sociedade Respiratoria Europea, celebrado en Munich (Alemaña), advirten que as persoas que estiveron expostas ao amianto poderían non estar a recibir a atención axeitada xa que, na actualidade, non poden acceder aos novos tratamentos para a FPI.


En opinión dos investigadores, a asbestosis é o nome que recibe a fibrosis pulmonar, desenvolvida polas persoas con antecedentes de exposición ao amianto, e a FPI é unha enfermidade idéntica pero que non se relacionou co amianto, até agora. A súa análise dos datos da Oficina Nacional de Estatística do Reino Unido revela unha correlación a escala nacional e rexional entre as tres enfermidades.


Isto apoia a teoría de que unha porcentaxe dos casos de persoas con FPI débense a unha exposición "descoñecida" ao amianto. Os científicos tamén identificaron un elevado índice de persoas falecidas por FPI en rexións concretas no noroeste e sueste de Inglaterra, cunha longa tradición de traballo en estaleiros, potencialmente expostas ao po de amianto.

Fonte: prevencionar.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS