Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

Acusan á Comisión Europea de non protexer a traballadores/as das substancias químicas que provocan cancro

20-05-2015 - Hixiene

Dende a Confederación Europea de Sindicatos (CES) repróchase á Comisión Europea que suspendese o traballo sobre a lexislación que protexe a traballadores e traballadoras de substancias químicas causantes de cancro. A secretaria xeral considera vergonzante que medidas destinadas a protexer a saúde de traballadores e traballadoras estean a ser tratadas por burócratas que as consideran unha carga innecesaria para a industria.

Hai vinteseis anos que non se revisa a directiva europea sobre substancias canceríxenas para a protección de traballadores/as; nun principio eran as empresas as que bloqueaban, agora é a propia Comisión Europea, que se escuda no argumento de que hai un marco regulatorio excesivo e que se sobrecarga con normas regulatorias ás pemes

Dende outubro de 2013 a Comisión Europea ten aparcada a lexislación que fixa os límites de exposición a químicos que causan cancro. Hoxe en día só hai tres substancias químicas que provocan cancro con límites de exposición fixados: benceno, cloruro de vinilo monómero e pó de madeiras duras.

Na UE existen 1.146 substancias clasificadas como canceríxenas, mutáxenas ou tóxicas para a reprodución. A Confederación Europea de Sindicatos reclama o estabelecemento de límites de exposición obrigatorios para unha relación de cincuenta substancias que consideran prioritarias como primeiro paso (ligazón á relación).



Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS