Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

A Comisión Nacional de Saúde Laboral rebaixa os Valores Límites Biolóxicos (VLB) do mercurio a 10 microgramos

18-03-2013 - SAÚDE LABORAL

A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo acordou no plenario celebrado o pasado día 20 de decembro baixar os Valores Límites Biolóxicos (VLB) do mercurio de 15 microgramos por litro de sangue a 10. Así mesmo, decidiu que o límite legal do mercurio en ouriños descendese de 35 microgramos a 30.

O órgano que ordenou cambiar o criterio de medición do mercurio é a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), unha institución colexiada que se encarga de asesorar ás administracións públicas na formulación das políticas de prevención e o órgano de participación institucional en materia de Seguridade e Saúde no Traballo. Presídea o Ministerio de Emprego e participan dela os principais sindicatos estatais. Son os que publican a guía de límites de acción de axentes químicos.

Esta decisión, segundo os sindicatos, podería descolocar as estatísticas de traballadores de Enxeñarías do Norte (IMSA) intoxicados con mercurio e metais pesados o pasado mes de novembro tras o seu traballo nas obras de mantemento na torre de refrixeración na planta de Asturiana 4 en Asturiana de Cinc (AZSA)

Dos 53 traballadores de IMSA que acudiu a ese tallo, 51 resultaron intoxicados, chegando a alcanzar o caso máis grave os 960 microgramos de mercurio por litro no sangue, cando o máximo permitido, segundo os límites de exposición para o 2012, era de 15 microgramos.

Despois de coñecerse o accidente, a presión dos sindicatos logrou un compromiso do goberno asturiano para que este colectivo teña un seguimento durante os próximos anos pola gravidade da intoxicación. A decisión da Dirección Xeral de Saúde Pública do Principado de Asturias foi que o servizo de Medicina Interna do HUCA asumise esa tarefa que empezaría cando os traballadores rematasen o seu tratamento nas súas respectivas mutuas.

Deste xeito, os primeiros afectados en recibir a alta reciben a citación para a primeira consulta no Hospital Universitario Central de Asturias para comezar o seguimento.

Buscando o foco

A masiva intoxicación de traballadores de IMSA descubriu un foco de contaminación por mercurio e outros metais pesados nas instalacións de AZSA. Iso permite explicar os 19 traballadores propios con niveis superiores aos 15 microgramos de mercurio e que se detectaron en todos os departamentos.

Nalgúns casos, as análises demostran índices superiores aos previos. A diario, seguen realizándose controis ambientais dentro de AZSA. Ao tempo, a consellaría de Medio mantén en funcionamento unha medición constante para determinar se hai escapes de mercurio ao exterior.

 

Fonte: prevention-world.com, nalonsalud.es

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS