Financiado por:
/ Portada / PRL Sectorial

É necesario e urxente abordar a creación inmediata do Fondo de Compensación para as Vítimas de Amianto

12-03-2018 - AMIANTO

Vai xa unha década dende que no Estado español prohibiuse a utilización do amianto nos distintos procesos industriais e de fabricación, a pesares do cal o mesmo segue a estar presente nos procesos de traballo de moitos traballadores/as adicados a tarefas de reparación, retirada de materiais contaminados, transporte a vertedoiros, tratamento de residuos, mantemento de canalizacións de auga, rehabilitación e mantemento de edificios), así como ao conxunto das persoas que en moitas ocasións sen sabelo, ocupan edificios construídos con amianto ou nos que existan instalacións que posúen este material.

Segundo a OIT, Organización Internacional do Traballo, anualmente falecen no mundo máis de 100.000 persoas pola exposición ao amianto. Así mesmo segundo a OMS, Organización Mundial da Saúde, no contexto da Unión Europea, UE, rexístranse anualmente entre 20.000 e 30.000 novos casos de enfermidades relacionadas co amianto, calculándose que até o ano 2030 morrerán de mesotelioma pleural máis de 300.000 persoas.

No que atinxe á situación do Estado esapañol e segundo os datos do rexistro de mortalidade do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre o ano 2000 e o ano 2016, faleceron 5.830 traballadores/as por mesotelioma, dos cales 4.376 eran homes e 1.454 mulleres.

Así mesmo ano 2016, un total de 4.085 empresas estaban inscritas no Rexistro de Empresas con Risco de Amianto (RERA, segundo consta no informe do Grupo de Amianto da CNSST "Plans de Traballo nas diferentes Comunidades Autónomas. De 2009 a 2015"; a pesares do cal ao longo do ano 2017 en todo o Estado, de 21.188 enfermidades profesionais rexistradas, só en 34 casos foron computadas como enfermidades profesionais provocadas por amianto, constatándose unha infradeclaración das mesmas.

Dado o alcance e o impacto desta terrible enfermidade profesional, tal e como acontece en países como Francia, Bélxica ou Holanda, faise necesaria a inmediata posta en marcha dun Plan de Acción Estatal para erradicar todas as fontes de amianto existentes, que seguen sendo múltiples e numerosas.

Por outra banda, faise urxente e imprescindible proceder á posta en marcha do “Fondo de Compensación para as Vítimas do Amianto”, coa participación no mesmo das organizacións e asociacións de afectados, así como das organización sindicais que históricamente veñen denunciando esta problemática, así como apoiando a estas asociación de afectados para a mellor solución das súas problemáticas.

Nin se entende, nin ten xustificación alguna que dito Fondo de Compensación non se teña posto en marcha, cando o mesmo está aprobado no Congreso dos Deputados dende o pasado mes de outubro. Nin é de recibo que as vítimas do amianto e as súas familias teñan aínda a estas alturas que loitar nos xulgados para reclamar os seus dereitos, asumindo importantes custos económicos e persoais.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS