Financiado por:
/ Portada / IDi

Emprego de óxido de ferro para limpar atmósferas contaminadas

19-05-2015 - I+D+i

Investigadores do grupo de Química Inorgánica da Universidade de Córdoba, describen un proceso polo que un óxido de ferro denominado hematita, pode ser empregado na redución da contaminación debida aos óxidos de nitróxeno, presentes nos gases liberados ao aire en procesos de combustión e que son emitidos por tubos de escape de vehículos e industrias. Os óxidos de nitróxeno poden producir enfermidades respiratorias como enfisemas ou bronquites.

Para reducir os efectos dos óxidos de nitróxeno, emprégase óxido de titanio, con excelentes resultados, aínda que só é útil en lugares nos que se conta con moitas horas de luz solar, pois a principal actividade fotocatalítica do óxido de titanio só se produce baixo determinadas condicións de presencia de raios ultravioletas. Así mesmo aínda que existen no mercado compostos que contan co óxido de titanio entre os seus compoñentes, estos teñen un prezo elevado.

Dentro das propostas que están a desenvolverse neste eido, valórase por unha parte a eficiencia e por outra a disponibilidade dos materiais.

 

Así os óxidos de ferro son abundantes na natureza e dispoñen de características tanto ambientais como químicas que os fan atractivos para o seu uso como fotocatalizadores, segundo os investigadores

Os resultados da investigación foron presentados no seminario europeo Ligh2CAT. Neste encontro, que tivo lugar en abril en Valencia, empresas e institucións debateron sobre novos métodos para reducir a contaminación atmosférica. Así mesmo, detalles da investigación están publicados na revista Applied Catalysis B: Environment.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS