Financiado por:
/ Portada / IDi

Canta enerxía producen as chumbeiras?

24-07-2013 - Enerxía

O Grupo de Agroenerxética da Universidade Politécnica de Madrid, en colaboración con expertos da Estación Experimental das Palmerillas-Fundación Cajamar, conseguiu avaliar o potencial máximo de cultivo da chumbeira para a produción de bioetanol na provincia de Almería. Tamén estimou a localización óptima das plantas de procesamiento desta materia prima considerando requirimentos e restricións técnicas, o que resultará de utilidade para futuras iniciativas empresariais.

Para levar a cabo a investigación seguiuse un método secuencial apoiado en metodoloxías sistemas de información xeográfica (SIG) para a provincia estudada. Localizáronse os cultivos regulares actuais de chumbeira e relacionáronse coas súas características agroclimáticas.
Definíronse requirimentos e restricións de cultivo para despois traballar con bases de datos georreferenciadas de clima, chan, uso da terra, espazos naturais e vías de comunicación, baseándose en datos de campo e bibliográficos de produtividade en biomasa de chumbeira e de rendementos de etanol.
Para os supostos considerados, determinouse que a superficie máxima apta para o cultivo da chumbeira na provincia de Almería sería da orde das 100.000 ha, cuxa produción de biomasa podería representar como máximo 96 Ml de bioetanol ao ano.
Os resultados do traballo, publicados na revista Israel Journal of Plant Sciences, presentáronse gráficamente en mapas temáticos que poderían resultar de utilidade para futuras iniciativas empresariais.
A chumbeira é unha planta de orixe americana que mostra unha extraordinaria adaptación a climas cálidos-áridos nos que outras especies de interese agrícola convencionais non poden ser cultivadas de maneira extensiva.
Está presente en Almería desde o século XVI e a área dedicada ao seu cultivo chegou a ser de máis de 10.000 ha na década de 1950. Tanto os froitos coma os talos, de forma característica, grosos, aplanados, verdes e zumentos, poden empregarse industrialmente para a produción de bioetanol.

Fonte: agenciasinc.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS