Financiado por:
/ Portada / Delegados

Xestión dos riscos para a saúde e a seguridade asociados coas tarefas de mantemento

17-01-2013 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

O mantemento é unha actividade de alto risco. Realízase en tódolos sectores e lugares de traballo e inclúe unha gran variedade de tarefas, polo que os riscos asociados son moi diversos. As cuestións que afectan á seguridade do mantemento e, en xeral, á saúde e a seguridade no traballo incluen, entre outras, a seguridade química e o traballo con contratistas, entre outros.

De acordo coa norma europea EN 13306, o mantemento defínese como o «conxunto de tódalas accións técnicas, administrativas e de xerencia durante el ciclo de vida dun ben destinadas a mantelo ou reparalo para poñelo nun estado no que poida deseenvolver as funcións requeridas».

Mantemento é un término xenérico que designa unha variedade de tarefas en sectores moi distintos e en todo tipo de entornos de traballo. É fundamental para garantir a productividade continua, para fabricar productos de gran calidade e para manter a competitividade da empresa. Pero tamén influe na seguridade e a saúde no traballo.

O correcto mantemento é esencial para que as máquinas e  entorno de traballo sigan sendo seguros e fiables. As labores de mantemento son en sí mesmas unha actividade de alto risco que debe realizarse de forma segura, coas apropiadas medidas de protección dos operarios de mantemento e das demáis persoas presentes no lugar de traballo.

Máis información na ligazón da web da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS