Financiado por:
/ Portada / Delegados

Xapón recoñece o primeiro caso de cancro dun empregado de Fukushima

03-12-2015 - HIXIENE

O goberno de Xapón recoñeceu en outubro o primeiro caso de cancro relacionado directamente co desastre nuclear de Fukushima de 2011, no que os reactores da central foron inundados tras o terremoto e o posterior tsunami.

O traballador desenvolveu leucemia debido á súa exposición aos altos índices de radioactividade na planta, por mor do seu traballo nas tarefas de reconstrución e limpeza tras a catástrofe, entre 2012 e 2013, preto dos reactores 3 e 4. O traballador estivo exposto a máis do triplo do límite de 5 microsievert fixado pola normativa do país para determinar a relación entre casos de leucemia e exposición a radioactividade.

Agora recibirá unha compensación do Estado en concepto de accidente laboral, que cubrirá os seus gastos médicos e incluirá unha indemnización por incapacidade laboral.

Trátase da primeira vez que o Executivo nipón concede unha compensación deste tipo por un caso de cancro vinculado aos traballos na central de Fukushima.

Segundo datos do goberno, ata a data rexistráronse en Xapón 13 casos de empregados que contraeron algún tipo de cancro por mor do seu traballo en plantas nucleares, pero trátase da primeira vez que se concede unha compensación por un caso relacionado co accidente de Fukushima.

En setembro outro extrabajador de Fukushima presentou a primeira demanda contra a compañía operadora por contraer cancro por mor da súa exposición a unha dose excesiva de radiación.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS