Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha sentenza do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo defende que está xustificado que unha empresa lea e inspeccione os correos electrónicos dun traballador

10-02-2016 - TRIBUNAL DEREITOS HUMANOS ESTRASBURGO

A sentenza di que non hai vulneración da privacidade porque as mensaxes de contido privado foron enviadas durante o horario laboral a través de ferramentas corporativas e que, ademais, estaba prohibido expresamente pola normativa interna da compañía.

O caso comezou en 2008, cando un cidadán romanés levou a cuestión ao Tribunal de Dereitos Humanos. Mihai Bărbulescu traballou entre 2004 e 2007 no departamento de vendas dunha empresa privada de enxeñería onde se lle ordenou crear unha conta de correo co propósito de responder ás inquietudes dos clientes. O 13 de xullo de 2007, a dirección da empresa comunicou ao traballador que as súas mensaxes e correos electrónicos estaban a ser vixiados dende facía unha semana e mesmo se lle mostraron transcricións literais dos correos electrónicos persoais.

O 1 de agosto a empresa comunicóuselle o fin do seu contrato laboral co argumento de que: “a empresa prohibe na súa normativa interna o uso dos recursos corporativos -como podía ser esta conta de Yahoo ou a propia conexión a Internet- para fins persoais”.

A sentenza, que saíu adiante con seis votos a favor e un en contra, explica que Barbulescu "foi informado das normas da empresa en todo momento", polo que sabía o risco que asumía ao utilizar as ferramentas da compañía con fins exclusivamente privados. "O empregador actuou dentro das súas facultades disciplinarias (...) por tanto, o acceso (ao correo electrónico do empregado) foi lexítimo", explica o tribunal, que di non ver "ningunha razón" para cuestionar o ditame do tribunal romanés.

A empresa, aínda que dende o momento da intercepción das mensaxes “que pensaba en todo momento que eran profesionais” coñecía a identidade dos destinatarios, nunca desvelou de quen se trataba. Estrasburgo, por este motivo, atopou un "equilibrio" entre a lectura de mensaxes privadas dun empregado por parte do seu empregador e o mantemento do dereito á privacidade.

Nunha primeira instancia o empregado se querelló contra a empresa, pero a denuncia desestimouse porque "non é irracional o feito de que un empregador queira verificar que os empregados realizan efectivamente tarefas profesionais en horas de traballo".

As partes dispoñen de tres meses para recorrer a decisión do tribunal. Pero antes, esta decisión deberá ser examinada e valorada por cinco xuíces que decidirán se o recurso sae adiante ou non, nese caso a sentenza converterase en firme.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS