Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha gran cantidade de axentes químicos poderían estar sen rexistrar nos centros de traballo

16-08-2012 - HIXIENE

O regulamento europeo de control de substancias químicas (REACH) indica que todas as substancias consideradas canceríxenas, mutágenas e tóxicas para a reprodución -coñecidas como CMR-, e que teñen unha clasificación harmonizada deben estar rexistradas.

O pasado mes de maio, a ECHA publicou un informe no que enumera as substancias CMR con clasificación harmonizada e que estima que un 40 por cento destas non foron rexistradas, nin a súa clasificación e etiquetaxe conxunta na Unión Europea foi notificada, tal e como prevé o regulamento REACH.



Isto supón que centos de substancias químicas moi perigosas poderían estar presentes nos centros de traballo e no mercado sen ningún tipo de control, de acordo cos datos da Axencia Europea de Substancias Químicas (ECHA, polas súas siglas en inglés).



Dende as organizacións sindicais ínstase ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que teña en conta o recente informe da ECHA, que constata que centos de substancias canceríxenas, mutágenas e tóxicas para a reprodución non están rexistradas na devandita axencia, insistindo na necesidade de coñecer o estado do proceso de rexistro destas substancias en España e as medidas previstas polo Goberno para controlar este risco para a saúde pública.

Segundo o regulamento europeo de control de substancias químicas (REACH), todas as substancias canceríxenas, mutágenas e tóxicas para a reprodución, coñecidas como CMR e que teñen unha clasificación harmonizada (1.116 substancias) deberían ter sido rexistradas na ECHA e a súa clasificación e etiquetaxe notificadas antes do 20 de novembro de 2010, en caso de que o seu volume de produción iguale ou supere a tonelada anual.



A Axencia Europea busca posibles explicacións deste "non rexistro ou notificación", non descartando que unha parte destas desaparecesen do mercado europeo, tras ser substituídas por alternativas menos tóxicas.



Estas perigosas substancias poderían acceder ao corpo por inhalación, inxestión ou penetración a través da mucosa e pel, encontrándose en numerosos obxectos da vida cotiá. É o caso por exemplo da bencidina, un potente canceríxeno que se utiliza nas industrias téxtil e electrónica, e o 2,4-dinitrotolueno, unha substancia moi utilizada para facer tinguiduras, explosivos e materiais de goma e plástico, sobre o que xa existe unha proposta do Goberno español para ser prohibida en Europa pola súa gran perigosidade.


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS