Financiado por:
/ Portada / Delegados

Un xuízo por un grave accidente laboral celebrouse 16 anos despois

19-01-2016 - SENTENZA

En xullo do 99, tres traballadores que non estaban dados de alta na Seguridade Social, caeron dunha altura de cinco metros cando preparaban unha instalación de feria, polo que sufriron graves lesións e padecen secuelas incapacitantes para unha vida laboral ordinaria. A pesares das graves consecuencias o caso non chegou á Fiscalía ata o ano 2008. Os delitos xa estaban prescritos, polo que pediu o arquivo, ao se sumou a defensa dos acusados e a aseguradora da atracción. No seu día o xuíz arquivouno, pero a Audiencia ordenou reabrir o caso.

O accidente ocurreu no barrio da Ponte o 22 de xullo de 1999, cando os dous traballadores denunciantes, xunto a un terceiro de nacionalidade rusa que non quixo denunciar, estaban subidos ao tráiler da barraca cando caeron ao baleiro dende unha altura duns cinco metros ao ser golpeados por un tellado voladizo. "A causa directa e principal do accidente está na rotura da argola de suxeición e na realización de traballos de altura sen as adecuadas medidas de protección colectivo ou individual", argmentaba a acusación particular.

A reclamación dos traballadores inclúe indemnizacións por importe de 650.000 euros e penas de cárcere que suman nove anos por delitos de lesións e contra os dereitos dos traballadores.

Os operarios, que non estaban dados de alta na Seguridade Social, caeron dunha altura de cinco metros cando preparaban a instalación, polo que sufriron graves lesións e padecen secuelas incapacitantes para unha vida laboral ordinaria. A pesares das graves consecuencias o caso non chegou á Fiscalía ata o ano 2008. Os delitos xa estaban prescritos, polo que pediu o arquivo, ao se sumou a defensa dos acusados e a aseguradora da atracción. No seu día o xuíz arquivouno, pero a Audiencia ordenou reabrir o caso.

Nin os acusados nin os dous prexudicados desprazáronse a Ourense para asistir ao xuízo, declararon por videoconferencia. Despois de varios adiamentos e suspensións, o caso quedou visto para sentenza.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS