Financiado por:
/ Portada / Delegados

Un estudo publicado pola revista British Medical Journal confirmaría a asociación entre traballar en quendas de tarde e noite e un maior risco de accidentes cardiovasculares e ictus

14-08-2012 - SAÚDE

O traballo por quendas afectaría negativamente ao sono e aos ritmos circadianos (o chamado reloxo biolóxico) o cal provocaría efectos negativos para a saúde: maior risco de hipertensión, diabete ou niveis elevados de colesterol.

Non obstante, a súa asociación con enfermidades vasculares foi debatida na comunidade científica. Para confirmar ou desmentir a posible asociación, un equipo de investigadores británicos, noruegueses, suecos e canadenses analizou os resultados de trinta e catro estudos acerca da relación entre traballo por quendas e accidentes vasculares.

A definición de "traballo por quendas" incluía quendas de tarde-noite, quendas irregulares ou non especificadas, quendas nocturnas, ou quendas rotativas de mañá, tarde e noite. O grupo de control do estudo foron traballadores diurnos da poboación xeral.



Dos máis de dous millóns de persoas que participaron no estudo (2.011.935), máis de 17.000 sufriron algún tipo de accidente vascular de importancia; 6.598 sufriron infartos de miocardio e 1.854 accidentes isquémicos cerebro vasculares.

As estatísticas demostraron que os traballadores por quendas tiñan un risco un 23% superior de sufrir un ataque ao corazón, un 24% superior dun infarto de coronarias, e un 5% de sufrir un ictus.

En concreto, a quenda de noite estaría asociado a un maior risco de infartos de coronarias (41%). Así, para o caso de Canadá, onde un 32.8% da poboación activa traballou por quendas durante o período 2008-2009, un sete por cento dos infartos de miocardio, un 7,3% dos infartos de coronarias e un 1,6% dos ictus poderían atribuírse ao traballo por quendas.



Segundo os autores, isto podería ter diversas implicacións en vista á saúde pública: nas conclusións do seu estudo, suxiren ter en conta o traballo por quendas como un posible factor de risco para as afeccións cardiovasculares, e implantar programas que permitan identificar e tratar factores de risco en traballadores por quendas.

Tamén afirman que serán necesarios estudos adicionais para identificar que subgrupos de traballadores por quendas son máis vulnerables, e para estudar máis en detalle os efectos de cambiar os horarios de traballo na saúde cardiovascular xeral.

 

Fonte: medicina21.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS