Financiado por:
/ Portada / Delegados

Un ano de cárcere para un construtor por accidente

22-01-2013 - ACCIDENTE LABORAL

O titular da empresa Orjales Ortigueira Construcións e Servizos, o responsable do plan de seguridade e o encargado de seguridade, pactaron onte en Ferrol un ano de cárcere máis indemnización por un accidente mortal acontecido nunha obra que a compañía executaba.

Aconteceu o 30 de abril do 2008, nos traballos de remodelación do Novo Club de Santa Marta, o casino local.

O traballador Juan Carlos Fontela Tojeiro, precipitouse ao baleiro polo oco do ascensor falecendo pouco despois.

O xuízo que tiña previsto realizarse no Xulgado do Penal número 1 de Ferrol, non chegou a celebrarse xa que pouco antes de iniciarse a vista, os letrados dos acusados e o representante do Ministerio Fiscal pactaron unha conformidade que foi aceptada polo tribunal.


Responsabilidade civil

 Condénaselles por un delito de homicidio por imprudencia grave. A sentenza, que xa se lles comunicou aos procesados, inclúe unha indemnización de 25.000 euros a cada un dos tres irmáns do falecido.

A aseguradora Mapfre, coa que tiña contratada a póliza de responsabilidade civil a construtora, adiantou xa 10.000 euros para cada un deles, polo que só queda por saldar os 15.000 restantes, a cada un.

Dado que os acusados carecen de antecedentes poderán solicitar a suspensión da pena e polo tanto non ingresarán no cárcere.

A obra consistía na demolición interior total do inmoble, composto de baixo e tres plantas, e a posterior renovación dos seus alicerces, estrutura, forxados, saneamento, cubertas, instalación de ascensor e distribución de espazos interiores.


Fonte: La Voz de Galicia

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS