Financiado por:
/ Portada / Delegados

Traballar 25 horas á semana ata os 80 anos?

12-03-2013 - SAÚDE LABORAL

A semana laboral de 40 horas é un modelo obsoleto segundo James W Vaupel, director do Max Planck Research Center en Dinamarca. Segundo el só debemos traballar 25 horas á semana, pero seguir traballando ata chegar aos 80 anos.

"En Dinamarca cada vez somos máis anciáns. Os nenos que na actualidade teñen dez anos hoxe deben ser capaces de traballar ata os 80 anos. A cambio, eles non terán que traballar máis de 25 horas por semana cando sexan adultos", dixo Vaupel. "No século XX, tivemos unha redistribución da riqueza. Eu creo que o século XI, a gran distribución estará en función das horas de traballo".

Vaupel está convencido de que, en termos socioeconómicos, o importante é a cantidade total de traballo que a xente realiza na súa vida, non en que momento da súa vida en que o fan.

Distribuír as horas de traballo durante o ciclo completo de vida dunha persoa, argumenta Vaupel, é beneficioso tanto psicolóxica coma fisicamente en todas as etapas da vida.

Unha semana laboral de 25 horas permitirá aos mozos pasar máis tempo cos seus fillos, coidar mellor da súa saúde (o que axudará a aumentar a esperanza de vida media), e mellorar a súa calidade de vida, mentres que para a poboación de máis idade, moitos dos cales teñen tanto tempo nas súas mans que non saben que facer con el, o traballo pode servir como unha saída psicolóxica e física.

"Hai unha forte evidencia de que as persoas maiores que traballan a tempo parcial están máis saudables que aqueles que non traballan nada e só se sentan na casa", dixo Vaupel.

Penses o que penses sobre esta teoría, sen dúbida hai moitos que tamén pensan que a semana de traballo de 40 horas… ou máis non só é prexudicial para a saúde, se non que ademais nin sequera é produtiva.

Ti que opinas ?

 

Fonte: e-saludable.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS