Financiado por:
/ Portada / Delegados

Sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 21 de xuño de 2012. Incapacidade temporal acaecida durante o período vacacional do traballador. Recoñecemento do dereito ao desfrute das vacacións nun momento posterior

17-08-2012 - SAÚDE LABORAL

A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do 21 de xuño de 2012 resolve unha petición de decisión prexudicial xurdida en torno á articulación do dereito ao desfrute das vacacións polo traballador e un proceso de incapacidade temporal que se produce nese período vacacional.

A CUESTIÓN FORMULADA



Ten dereito un traballador que se encontre en situación de incapacidade laboral temporal, sobrevida durante o seu período de vacacións anuais retribuídas, a gozar das vacacións anuais coincidentes co período de IT?


Esta é a cuestión que se formula ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea na seguinte petición de decisión prexudicial e que se formula a raíz do conflito xurdido entre a Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución e varias federacións sindicais representantes dos traballadores.



DEREITO COMUNITARIO



A solución á controversia pasa por unha interpretación do artigo 7 da Directiva 2003/88/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo, establecendo o Tribunal que ese precepto se opón a disposicións nacionais que establezan que un traballador que se encontre en situación de incapacidade laboral sobrevida durante o período de vacacións anuais retribuídas non ten dereito a gozar posteriormente das vacacións anuais coincidentes co período de incapacidade laboral.

 

FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA



Os argumentos xurídicos que utiliza o Tribunal para sustentar esta decisión teñen en conta tanto a natureza do dereito cuestionado coma a súa finalidade. O dereito ás vacacións anuais retribuídas configúrase como un principio do Dereito social da Unión de especial relevancia que, ademais, forma parte da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e, en ningún caso, se pode interpretar de forma restritiva. Polo que se refire á súa finalidade, se a incapacidade temporal pretende outorgar aos traballadores un tempo para que estes se recuperen dunha enfermidade, a finalidade das vacacións é ben distinta: permitir que os empregados descansen.



Se a xurisprudencia xa se pronunciou sobre a posibilidade de que o traballador que se encontre de baixa por enfermidade goce das súas vacacións nun momento posterior, sería ilóxico negarlle ese dereito cando a incapacidade sobrevén unha vez iniciadas as vacacións.

 

Fonte: lexnova

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS