Financiado por:
/ Portada / Delegados

Sentenza STSX Extremadura. Responsabilidade solidaria da empresa e autónomo

26-05-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Un aspecto interesante da sentenza é a extensión ao traballador autónomo da responsabilidade do accidente. A Sala aduce que o alcance da obriga do empresario de "garantir a seguridade e saúde dos traballadores ao seu servizo se estende a todos os aspectos relacionados co traballo" a toda a esfera de influencia do contrato de traballo, en cuxo campo o empregador é debedor de seguridade" con independencia de que na produción do accidente houbese intervención neglixente de terceiros que non teñan vinculación contractual co traballador.

O demandante foi contratado como peón agrícola por unha empresa para realizar, durante dez días, tarefas de albanelaría destinadas á construción dunha nave. A empresa codemandada encomendou ao ferreiro, traballador autónomo, a realización da estrutura metálica da nave. O día 20 de decembro de 2002, cando o actor se encontraba realizando traballos de albanelaría na mencionada nave, seguindo instrucións recibidas do presidente da empresa, prestou a súa axuda ao ferreiro que, xunto con outro traballador asalariado deste, se dispoñían a dar a volta a unha viga de grandes dimensións, cun peso entre 250 e 300 Kg, e ao realizar manualmente esta operación, sen que lle fose proporcionado ao traballador ningún utensilio de protección, a viga non puido ser suxeitada correctamente por ambos os dous lados, e caeu impactado sobre o xeonllo esquerdo do traballador demandante. De resultas, o actor sufriu unha lesión do complexo postero-externo-externo, polo que iniciou un proceso de incapacidade temporal.

Neste caso o tribunal estima que a empresa incumpriu dúas das súas obrigas principais en materia de coordinación de actividades empresariais: o deber de cooperación que será de aplicación a todas as empresas e traballadores autónomos concorrentes no centro de traballo, existan ou non relacións xurídicas entre eles; e a que dispón que o empresario principal deberá vixiar o cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais por parte das súas empresas contratistas e subcontratistas.

 

Fonte: portaljuridico.lexnova.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS