Financiado por:
/ Portada / Delegados

Seis de cada dez traballadores padecen máis estrés que en 2011

07-09-2012 - PSICOSOCIAL

O 62% dos traballadores españois soportan unha maior sensación de estrés con respecto ao ano anterior debido, en gran parte, a motivos profesionais relacionados co traballo, a economía particular e as relacións contractuais con clientes, segundo os resultados do último estudo elaborado por Regus.

O informe, realizado entre máis de 16.000 traballadores en todo o mundo, revela que o estrés e a presión soportada polos españois no traballo creceu "significativamente" durante o último ano, froito da política de recortes levada a cabo polo Goberno, a recente suba do IVE ou a axilización dos procesos de despedimento, entre outros factores.


Como reducir o estrés

En concreto, para reducir a sensación de estrés entre os asalariados, o estudo manifesta que o 72% dos enquisados consideran que sería conveniente mellorar a conciliación da vida familiar co posto de traballo, ao tempo que o 64% estima que a flexibilidade laboral favorecería este suposto.


A nivel global, os traballadores das pequenas empresas, cun 42% das respostas, presentan máis posibilidades de sufrir estrés, xa que manteñen unha relación máis directa cos seus clientes; unha porcentaxe que se reduce ao 27% no caso das grandes empresas.


Pola súa banda, os empregados das grandes compañías encontran nos problemas relacionados coa xestión e cambios estruturais a principal causa de estrés, cun 40%.


Neste sentido, o director de Regus en Europa do Sur, Olivier de Lavalette, sinalou que "sen dúbida ningunha" os traballadores estresados nin están contentos nin gozan de boa saúde. Por iso, Lavalette destacou que se unha empresa quere que os seus empregados gocen dunha vida máis gratificante, non pode esquecérselles analizar e abordar os distintos niveis de estrés que poden sufrir "en cada momento".

 

Fonte: www.20minutos.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS