Financiado por:
/ Portada / Delegados
Que facer se...Plantillas e modelosAcción sindical e prlNegociación ColectivaGuía de Boas Practicas

Considerado como accidente laboral o desprendemento de retina

12-07-2018 - SENTENZA

O Tribunal Supremo estima o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por unha traballadora que sentiu molestias nos seus ollos e alteracións visuais cando realizaba as súas funcións diante do computador na oficina, estimando que debe ser considerado un accidente laboral ao tratarse dunha lesión súbita que se produciu en lugar e tempo de traballo.

Indemnización para un vixilante de seguridade agredido ao saír do traballo

05-07-2018 - SENTENZA

A sentenza, ditada polo Xulgado do Social núm. 7 de Bilbao, conclúe o abandono empresarial na prevención, facilitando que o empregado puidese ser obxecto dun ataque coordinado e planificado á saída do centro de traballo, ademais de ser ameazado de morte polos individuos que lle agrediron.

O estrés eleva un 50% o risco de enfermidade cardíaca

26-06-2018 - Psicosocial

Nun estudo levado a cabo por investigadores da Facultade de Saúde e Benestar da Universidade de Jönköping (Suecia), revela que as persoas que padecen estrés laboral teñen un risco un 48% superior de padecer fibrilación auricular e, polo tanto, unha maior probabilidade de acabar sufrindo un infarto ou un ictus.

Volume e ritmo de traballo aparecen como as principais causas do estrés laboral

20-06-2018 - Psicosocial

Estas son parte das conclusións do Informe Anual 2017 InfoJobs–ESADE sobre el Estado del Mercado Laboral a partires dos datos extraídos dunha enquisa realizada a un mostra representativa da poboación activa no Estado español e a máis de mil empresas. En torno a un 50% da poboación activa ocupada indica que está estresada; as persoas que declararon estar estresadas indicaron que o motivo principal éra o volume e o ritmo de traballo (un 57%), seguido da presión, (o 44%) e o nivel de responsabilidade (un 28%). Outras causas que tamén aparecen destacadas na enquisa son as responsabilidades ou roles pouco claros (un 27%) e a desmotivación polo traballo desempeñado (23%).

Condean ao Goberno Vasco por un caso de mal ambiente no traballo

14-06-2018 - Sentenza

O Xulgado do Social Nº 10 de Bilbao, condenou ao Departamento de Xustiza do Goberno Vasco a indemnizar a un funcionario dun xulgado por danos físico-psicolóxicos e morais sufridos a consecuencia dun conflito que tivo lugar no centro de traballo, por non contar cun plan de riscos laborais para atallar a situación. Na sentenza o xuíz considera que existe “responsabilidade por danos e prexuízos” do departamento vasco de Xustiza derivada do “incumprimento” da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

O Congreso reclama a inclusión dentro do cadro de enfermidades profesionais do estrés e o acoso laboral

07-06-2018 - Comisión de Emprego e Seguridade Social

Esta reclamación consta nunha proposición non de ley aprobada pola Comisión de Emprego e Seguridade Social da Cámara Baixa, ante o incremento da sinistralidade laboral. O texto aprobado tamén solicita a incorporación na Ley de Prevención de Riscos Laborais dunha perspectiva de xénero e a potenciación dos servizos de prevención propios fronte aos servizos de prevención alleos.

Condea a unha empresa por non cumplir coa obriga de garantir a seguridade e a saúde no traballo

30-05-2018 - SENTENZA

A sentenza obriga á empresa, dedicada ao traslado de enfermos, a indemnizar a un condutor de ambulancia, que foi despedido ao ser declarado non apto para o traballo que viña realizando, consecuencia dunha lesión nas costas ao tentar levantar a un paciente que sufría de sobrepeso. O xuíz acepta a legalidade de non prolongar o contrato, porque o traballador non pode seguir conducindo ambulancias polo risco que sofre a súa saúde e a dos enfermos que debe transportar, e responsabiliza á empresa da lesión que sufriu o traballador, por non evitar que esta doenza se producise.

A OIT racha o acordo coa ISO polas súas importantes discrepancias na elaboración da norma ISO 45001

16-05-2018 - OIT

A OIT comunicou o 18 de decembro de 2017 á Organización Internacional de Normalización (ISO), a súa decisión de rescindir o Acordo subscrito o 6 de agosto de 2013 con carácter experimental entre ambas organizacións no contexto da elaboración dunha norma ISO sobre os sistemas de xestión da seguridade e a saúde no traballo (ISO 45001).

Segundo se desprende do Informe Bainstorm, a Intelixencia Artificial (AI) xera incerteza entre empresas e reguladores polo seu impacto sobre o emprego

15-05-2018 - BCW-CEPS

A Intelixencia Artificial (IA) segue a xerar suspicacias no mundo empresarial e regulatorio, principalmente pola incerteza sobre o impacto que terá no marcado laboral, segundo as conclusións do Informe Brainstorm, un estudo pioneiro de Burson Cohn & Wolfe (BCW) e o Centro de Estudos Políticos Europeos (CEPS) cuxo texto completo en inglés pódese atopar na ligazón ao final desta nova.

Desestimado o recurso dun traballador por “exceso de celo”

10-05-2018 - SENTENZA

A Audiencia Provincial de Murcia desestimou o recurso dun traballador dunha fábrica de conservas contra o Auto dun Xulgado de Instrución que arquivou a denuncia que presentara contra a mesma tras un accidente, pois se considera que o mesmo se produciu por un exceso de celo.

Unha hora de entrenamento á semana por contrato

08-05-2018 - SAÚDE LABORAL

En Suecia, un dos países onde máis exercicio físico se prectica, algunhas empresas comezaron a incluír unha cláusula nos seus contratos pola que os/as traballadores/as estarían obrigados a realizar unha hora de exercicio á semana. As razóns que esgrimen para incluír esta cláusula son a mellora da produtividade, o descenso do absentismo laboral e a mellora da saúde xeral dos/as traballadores/as.

Absolución para un empresario que ignorou a normativa en PRL

07-05-2018 - Sentenza

A Audiencia Provincial de Valencia non sanciona, pola vía penal, a un empresario logo de verificar, como se recolle na sentenza, que incumpliu a normativa en materia de prevención de riscos laborais: "durante o ano 2015 a empresa carecía absolutamente de organización preventiva: non se designou ningún traballador para ocuparse da devandita actividade nin se concertou cun servizo de prevención alleo, nin tan sequera fora asumida polo propio empresario; non se realizou avaliación dos riscos laborais, nin planificación das medidas preventivas, nin formación preventiva dos traballadores respecto dos riscos dos seus posto de traballo, nin vixilancia da saúde".

Considerado accidente laboral un caso de infarto ocorrido mentras facía deporte nun ximnasio

02-05-2018 - SENTENZA

Segundo unha sentenza do Tribunal Supremo, a morte tras sufrir un infarto mentras se entrena no ximnasio, pode ser considerado accidente laboral no caso de que os síntomas teñan orixe no traballo.

En Navarra entre 2008 e 2012, un total de 841 casos de cancro poderían relacionarse coa actividade laboral

03-05-2018 - SAÚDE LABORAL

O Instituto de Saúde Pública e Laboral de Navarra (ISPLN) estima que no período 2008-2012 rexistráronse na Comunidade Foral un total de 841 casos de cancro de posible orixe laboral. Deles, 286 foron relativos a cancro de pel (non melanoma), 265 a cancro de pulmón, 60 a mesotelioma, 40 a carcinoma de vexiga e 10 a cancro de seos paranasais.

Os médicos/as de familia contrarios a que as mutuas den altas en casos de continxencia común

23-04-2018 - SEMG

A CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais) ven de propoñer nunha reunión con representantes de sindicatos e Goberno, que as mutuas poidan dar altas en determinados procesos de continxencia común, en concreto en patoloxías traumatolóxicas e psiquiátricas, co fin, segundo os representantes da CEOE, de reducir a carga burocrática das baixas e conseguir un importante aforro de diñeiro. Os médicos/as de familia poñen en dúbida esta proposta: " non existe ningunha evidencia de que as mutuas aforren cartos ou den baixas de menor duración" segundo o vicepresidente primeiro da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG).

Informe que avala a rendibilidade económica da normativa de seguridade e saúde no traballo

20-04-2018 - SAÚDE LABORAL

O informe mostra que os beneficios da regulación federal na protección da saúde pública e a seguridade, así como do medio ambiente superan significativamente os custos para as empresas.

Considerado accidente de traballo un caso de arritmia polo esforzo realizado ao cargar gavetas de masa nunha obra

16-04-2018 - Sentenza

O TSX de Castela e León ven de recoñecer como accidente laboral o caso dun albanel que sufriu unha arritmia ventricular provocada polo esforzo realizado ao cargar gavetas de masa nunha obra. A enfermidade, de herdanza xenética, era preexistente e totalmente descoñecida para o traballador que non sufrira ata a data da fibrilación ventricular, en maio de 2015, sintomatología algunha.

Os/as traballadores/as europeos consideran que as súas empresas amosan en xeral pouco interese pola súa saúde mental

12-04-2018 - PSICOSOCIAL

Segundo datos do estudo “The Workforce in Europe 2018”, realizado pola axencia independente de estudos de mercado Opinion Matters para ADP, provedor global de solucións de Xestión do Capital Humano, o 14 % dos empregados cren que a súa empresa non se interesa en absoluto pola súa saúde mental, un 34 % din que a súa empresa ten pouco interese, o 46 %, opina que a súa empresa interésase, e tan só o 6 % di que a súa empresa ten “un gran interese”.

Condean a unha residencia de anciáns por un accidente laboral

09-04-2018 - SENTENZA

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León confirmou a existencia de responsabilidade empresarial por falta de medidas de seguridade e hixiene no traballo no accidente sufrido por unha empregada nunha residencia da provincia de Ávila.

Previsel: 13º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

06-04-2018 - 10 e 11 de abril de 2018

Os vindeiros días 10 e 11 de abril, terá lugar en Ourense a decimoterceira edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. No mesmo, a CIG estará presente na organización da Xornada formativa: Gas Radón: o perigo invisible. Exposición do marco lexislativo e aplicación práctica".

Condena á Xunta de Extremadura por un accidente no que faleceu un traballador

04-04-2018 - SENTENZA

O Xulgado do Penal número 2 de Badaxoz ditou o pasado mes de marzo sentenza por uns feitos ocorridos en 2010. Nese ano a Consellería dos Mozos e do Deporte da Xunta contratou traballos de adecuación dun edificio para a súa conversión nun espazo para a creación nova.

Escasos avances en relación aos riscos psicosociais nas empresas

19-03-2018 - PSICOSOCIOLOXÍA

Psicólogos participantes no II Congreso Internacional de Psicoloxía do Traballo e RRHH concluíron que aínda que se ten progresado na redución de accidentes e enfermidades profesionais, apenas se observan avances en relación aos riscos psicosociais presentes nas empresas. E iso a pesares de que, segundo datos extraídos do Eurobarómetro, o 53% dos/as traballadores/as consideran que o estrés é un dos principais riscos laborais seguido dos riscos ergonómicos.

Sanción a Correos por non estimar o risco asociado ás radiacións solares no posto de carteiro/a

09-03-2018 - Sentenza

O Xulgado do Social número 9 de As Palmas confirma a sanción imposta pola Consellería de Emprego, Políticas Sociais e vivenda do Goberno de Canarias en 2016 á Sociedad Estatal de Correos e Telégrafos, por non incluír na avaliación de riscos laborais o risco asociado ás radiacións solares dos carteiros/as. O Xulgado estima parcialmente o recurso interposto por Correos, reducindo a cuantía da sanción.

Introdúcese a semana laboral de 28 horas en Alemania

05-03-2018 - PSICOSOCIAL

O crecemento sostido en Alemaña reduciu o paro a mínimos históricos, situación que aproveitou o principal sindicato industrial do país, IG Metall, para conseguir, tras unha serie de paros e negociacións, que parte dos obreiros alemáns gocen dun aumento de soldo e poidan optar a unha semana laboral de 28 horas.

Recoñece como tempo de traballo o tempo de garda domiciliaria

23-02-2018 - Tribunal de Xustiza da UE

A sentenza resolve unha consulta prexudicial prantexada polo Tribunal Laboral Superior de Bruselas sobre o caso dun bombeiro belga que solicitaba que se recoñeceran como horas de traballo o tempo que está de garda. En concreto, se preguntaba se os servizos de garda domiciliaria poden considerarse comprendidos na definición de tempo de traballo estabelecida na Directiva 2003/88/CE relativa a determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo.

Recargo de prestacións do 30% por dano psicosocial a unha traballadora

21-02-2018 - Sentenza

A Osakidetza, Sistema Público de Saúde Vasco, terá que aboar un recargo do 30% sobre todas as prestacións de seguridade social, incluíndo a prestación de incapacidade permanente absoluta por enfermidade profesional, a unha traballadora por dano psicosocial.

Suspensión de emprego e soldo dun traballador por non utilizar protectores auditivos

16-02-2018 - SENTENZA

Esta sentenza resolve sobre a procedencia ou non da sanción disciplinaria de suspensión de emprego e soldo a un traballador que non utilizou as proteccións auditivas durante dous días seguidos e o feito de que o traballador tivese recoñecida unha patoloxía previa por exposición a ruído, susceptible de agravación. O Tribunal desestima o recurso de suplicación exposto, confirmándose a sentenza recorrida.

O espazo de traballo ideal non depende só do ruído, senón que tamén e especialmente das interrupcións

15-02-2018 - SAÚDE

Novas investigacións demostraron que poida que non sexa o son en si mesmo o factor principal que nos distrae, senón que o principal sexa quen ou que o está a facer. De feito, un certo nivel de murmurio de oficina en segundo plano podería beneficiar á nosa capacidade para realizar tarefas creativas, a condición de que non nos involucremos na conversa. En lugar dun silencio total, o ambiente de traballo ideal para as tarefas creativas ten un pouco de ruído de fondo.

Unha sentenza da Audiencia Nacional equipara os dereitos dos/as traballadores/as de ETT e da empresa usuaria en materia de igualdade

08-02-2018 - SENTENZA

Tras unha demanda interposta por varias organización sindicais, a Audiencia Nacional ten ditado unha importante sentenza, que declara o dereito do persoal contratado a través de empresas de traballo temporal ( ETT) na empresa Qualytel Teleservices, a que se lles apliquen as medidas acordadas no plan de igualdade desta compañía, xa sexan de nova creación ou por ampliación das recollidas no Convenio Colectivo de Contact Center.

O TSXG condena ao Concello de Portas por non tomar medias para previr agresións.

08-02-2018 - SENTENZA

Demóstrase que non se trata dun feito illado, dunha defectuosa aplicación das medidas preventivas, senón de que non se tomou ningunha medida a pesar de constar numerosos antecedentes que facían prever esta agresión.

A Comisión Mundial da OIT abordou as principais oportunidades e desafíos relativos ao futuro do traballo

07-02-2018 - Comisión Mundial sobre o Futuro do Traballo OIT

A Comisión Mundial sobre o Futuro do Traballo concluíu a súa primeira reunión o domingo 22 de outubro do 2017, logo dun amplo debate sobre as principais forzas que están a configurar o mundo do traballo, as oportunidades que ofrece e os desafíos que deben ser superados a fin de garantir un futuro do traballo con xustiza social.

Declarado accidente laboral o suicidio dun empregado de banca que discutiu cun cliente

23-01-2018 - SENTENZA

Segundo se desprende da sentenza, o suicidio do empregado non pode considerarse unha "continxencia común" ao apreciarse unha posible conexión de causalidade entre o traballo e a conduta de suicidio.

Dúas de cada dez denuncias por acoso ou violencia nas empresas navarras terminan co traballador/a despedido/a

25-01-2018 - SAÚDE LABORAL

O ano pasado o Servizo de Saúde Laboral do Goberno de Navarra contabilizou 211 casos de violencia, un número moi similar ao de 2016, que reflicte un problema silencioso moitas veces no ámbito laboral, pero que estala na consulta do médico de Atención Primaria.

Condeada á empresa pola exposición a amianto dos veciños dunha das súas fábricas

18-01-2018 - Sentenza

A Audiencia de Madrid condenou á empresa Uralita a indemnizar con máis de 2 millóns de euros a 39 persoas, veciños da fábrica que Uralita tiña en Cerdanyola e familiares de traballadores, polos danos causados polo amianto. A sentenza considera que o amianto empregado na fábrica, en funcionamento de 1907 a 1997, está directamente vinculado cos mesoteliomas, asbestosis ou placas pleurales que sufriron. O fallo sinala que, no caso dos familiares, a exposición ao amianto produciuse debido a que os empregados lavaban nas súas casas entre 1971 e 1977 os traxes que usaban na fábrica.

A Deputación de Cádiz condenada por un accidente laboral

15-01-2018 - Sentenza

O Xulgado do Social número 2 de Cádiz condenou á Deputación de Cádiz a asumir o recargo das prestacións, na porcentaxe do 50%, de todas as prestacións que recibiu e recibirá por mor das lesións sufridas en 2013 ao caer dunha estada cando estaba a realizar unha obra promovida pola Institución Provincial. Aínda que a Inspección de Traballo exculpou á Deputación, o xuíz considerou que se imcumpriu a normativa de prevención de riscos laborais.

Un xulgado revoga unha incapacidade concedida polo INSS por exposición ao amianto

11-01-2018 - Sentenza

Un xulgado do social de Donostia revogou a incapacidade permanente absoluta que o INSS concedera a un traballador, considerando que o carcinoma pulmonar que sufría derivaba da súa exposición laboral ao amianto. O xulgado estima o recurso interposto por unha mutua revogando a concesión da continxencia como profesional e a incapacidade que o INSS recoñecera ao traballador en 2016.

Segundo recentes estudos, a Institución de Seguridade e Saúde Ocupacional (IOSH) advirte que o uso regular de desinfectantes relacionase cun maior risco de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC)

08-01-2018 - HIXIENE

Segundo diversos informes, o uso de lixivia e outros desinfectantes comúns unha vez á semana podería aumentar o risco de desenvolver enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) ata nun 32%, segundo investigadores de Estados Unidos e Francia.

Condea para dous empresarios pola morte dun dos seus traballadores

04-01-2018 - Sentenza

O Xulgado do Penal número 3 de Xaén condenou a dous empresarios a un ano de prisión e 200.000 euros de indemnización pola morte en accidente laboral dun traballador. A sentenza estabelece que o sinistro produciuse pola falta de medidas de seguridade, unha obriga legal que corresponde aos empresarios.

Desestimada a demanda por non ser contratado para traballar con naomateriais nun centro de investigación por ser un trasplantado renal.

29-12-2017 - SENTENZA

O demandante interpón demanda contra o Sevizo de prevención, o médico do mesmo que emitiu o informe e a compañía aseguradora, entendendo que é inaceptable, incorrecto e contrario á evidencia científica cualificalo de non apto para traballar con nanopartículas por ser un transplantado renal.

A silicose xerada pola manipulación de encimeras artificiais de cuarzo enfronta a extrabajadores enfermos e pequenos empresarios marmoristas

28-12-2017 - SILICOSE

A guerra das encimeras se recrudece nos xulgados, enfrontando aos traballadores enfermos coas empresas, os servizos de prevención e os fabricantes das encimeras.

Condenado o concello de Figueres por non previr os riscos para a saúde derivados de conflitos laborais

27-12-2017 - SENTENZA

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC) confirmou unha sentenza que condenou ao Concello de Figueres (Xirona) a pagar unha indemnización de 25.000 euros por incumprir o seu deber de previr os riscos para a saúde derivados dos conflitos persoais no persoal.

O custo do cancro ocupacional na EU-28

22-12-2017 - Saúde Laboral

Os datos recollense nun estudo presentado no mes de novembro na conferencia "Traballo y cancro", e teñen en conta os custos directos dos sistemas sanitarios dos Estados membros (relacionados co tratamento médico), custos indirectos para os traballadores e os empresarios (asociados a perdas monetarias por cesación do traballo) e os custos humanos para as vítimas (impacto na calidade de vida dos traballadores e as súas familias). Os custos cífranse entre entre 270.000 e 610.000 millóns de euros, o que representa do 1,8% ao 4,1% do producto interio bruto da Unión Europea.

Multa de 150.000 euros a un hospital pola exposición de traballadores/as a formaldehído

21-12-2017 - Hixiene

A Secretaría Autonómica de Emprego da Generalitat Valenciana informou de que se desestimou o recurso de alzada interposto contra a resolución da Dirección Xeral de Traballo e Benestar Laboral que efectuou o pasado 17 de xullo. Nesta última resolución, a Administración autonómica acóllese ás distintas leis e normativas sobre a protección dos traballadores/as fronte aos riscos relacionados coa exposición a axentes cancerígenos e axentes químicos no traballo, considerando os feitos (elevado risco de exposición ao formol no laboratorio de Anatomía Patolóxica) como infracción administrativa moi grave en materia de prevención de riscos laborais e sanción de 150.000 euros.

Campaña do ISSGA de mellora da calidade da información dos partes de accidentes de traballo

15-12-2017 - ISSGA

O obxectivo da campaña é incrementar o máis posible a mellora da información que debe figurar nos distintos campos do parte de accidente de traballo, para conseguir que sexa real, veraz e o máis comprensible posible.

A xuíza considera que o traballador é especialmente sensible á exposición a nanopartículas

01-12-2017 - Sentenza

O demandante, doutor en Ciencias Químicas con ampla experiencia en tarefas de investigación, participou nun proceso de selección para a contratación dun traballador para un posto de traballo ofertado por unha empresa adicada á actividade de investigación industrial. O demandante foi sometido a un trasplante renal no ano 2011,presentando a día de hoxe función renal normal con tratamento inmunodepresor. No recoñecemento médico previo, o médico do servizo de prevención alleo emitiu un informe do exame de saúde practicado, no que se indicaba “recoñecemento sen alteracións significativas; apto con limitacións laborais por transplante renal” para o posto“ deposición de materiais -impresión funcional”, e se sinalaba "considérase ao traballador como traballador especialmente sensible polo seu estado de saúde e emítense as seguintes medidas preventivas: non debe realizar tarefas con risco de exposición a: nanomateriais, produtos considerados nefrotóxicos ou mutaxénicos, radiacións ionizantes, non debe traballar con exposición a risco biolóxico."

A Seguridade Social considera como accidente laboral un cancro por exposición a radón no traballo

30-11-2017 - saude laboral

O traballador ocupou un despacho no Museo Arqueolóxico, situado no Castelo de San Antón de A Coruña, entre os anos 1996 e 2010, ano no que se detectaron "niveis moi altos de radón, causa recoñecida de neoplasia pulmonar". Esta enfermidade foille diagnosticada a finais de 2016. Tras o recoñecemento da Seguridade Social, o traballador advertiu ao Consello de Seguridade Nuclear e á Xunta, con competencias na materia, co fin de que se tomen medidas e se determine se hai responsabilidades.

Premio Lugares de Traballo 2017

24-11-2017 - EU-OSHA

No marco do Festival Internacional de Cinema Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig), ven de entregarse o Premio Cinematográfico «Traballos Saudables» de 2017. Este premio está apoiado pola EU-OSHA co fin de animar aos cineastas a realizar obras que traten sobre os riscos aos que se enfrontan os traballadores/as e os cambios que afectan os lugares de traballo hoxe en día. Nesta ocasión os premiados foron o documental Before the bridge de Lewis Wilcox (Estados Unidos) e a película Turtle shells de Tuna Kaptan (Alemania). O xurado tamén outorgou unha mención especial á película Alien de Morteza Atabaki (Turquía).

Considerado como accidente laboral un caso de síndrome de bournout

21-11-2017 - Sentenza

O Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) de Andalucía admite que un caso de bournout se considere un accidente de traballo. Así, concede a incapacidade permanente total a unha traballadora, directora de fábrica, que padecía esta síndrome a resulta dun estrés laboral crónico ou frustración prolongada, como consecuencia da forma en que desempeñaba a súa actividade, sempre de forma exhaustiva, autoesixente e con gran responsabilidade.

Segundo unha nova investigación, 742.000 persoas morren cada ano en todo o mundo a causa do cancro laboral

17-11-2017 - Saúde laboral

A investigación foi levada a cabo pola Organización Internacional do Traballo, os Ministerios de Traballo de Finlandia e Singapur, o Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo (WSHI) de Singapur, o Instituto Finlandés de Saúde Ocupacional, a Comisión Internacional de Saúde Ocupacional e a Axencia Europea de Seguridade e Saúde Ocupacional . Segundo os investigadores, a cifra baséase en "mellores datos dispoñibles recollidos e analizados polo grupo de investigación".

Traballar de pé de forma prolongada aumenta a probabilidade de enfermidade cardíaca

06-11-2017 - SAÚDE LABORAL

Segundo o estudo do Instituto de Traballo e Saúde (IWH) e o Institute for Clinical Evaluative (CIEM) publicado recentemente no American Journal of Epidemiology as persoas que están de pé no traballo é dúas veces máis probable que teñan un ataque ao corazón ou insuficiencia cardíaca congestiva que as persoas que principalmente traballan sentadas.

Segundo o propio Consello Económico e Social (CES), moi contrariamente ao ampla e interesadamente difundido polo Goberno do PP, os/as traballadores/as do Estado español son moito menos absentistas que o conxunto dos europeos.

08-11-2017 - CES

Efectivamente. A verdade explicada e argumentada insistentemente por este Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG a través de diversos artigos do seu Boletín CIG Saúde Laboral: os/as traballadores/as do conxunto do Estado, contrariamente ao que ten difundido o Goberno do PP e os seus medios de comunicación afíns, son os menos absentistas de Europa.

Coa abstención do PP, o Congreso dá o visto bo para iniciar a tramitación dun Fondo Estatal para compensar economicamente ás vítimas do amianto

07-11-2017 - AMIANTO

O fondo de compensación económica é un mecanismo que os/as afectados/as polo amianto levan anos reclamando, sobre todo para evitar custosos procesos xudiciais para enfermos e viúvas de falecidos. Trátase logo, de garantir uns fondos económicos que terán especial importancia naqueles casos nos que os enfermos pertecen a empresas xa desaparecidas ás que non poden reclamar indemnización.

Estados Unidos introduce controis sobre os nanomateriais

13-11-2017 - Saúde laboral

Como parte dos esforzos da Axencia para a Protección do Medio Ambiente (EPA) para asegurar unha comprensión máis ampla dos materiais a nanoescala no comercio, a EPA emitiu un regulamento que require a notificación única e o rexistro da información existente sobre exposición e saúde e seguridade das substancias químicas a nanoescala presentes no mercado.

A asma é a enfermidade laboral máis frecuente nos países industrializados

14-11-2017 - SAÚDE LABORAL

Un diagnóstico correcto e un manexo cedo son puntos clave para o prognóstico da enfermidade e as súas consecuencias socioeconómicas. Os beneficios son importantes para a saúde da poboación traballadora, e tamén para a economía das empresas.

Os problemas laborais son a terceira causa de estrés, que afecta ao 42% da poboación no Estado

18-10-2017 - SAÚDE

Segundo o VII Estudo CinfaSalud: "Percepción e hábitos da poboación española en torno á estrés", un de cada dous españois que sofre estrés pola súa relación cos seus superiores desenvolve algún tipo de enfermidade física ou problemas psíquicos ou emocionais. Asímismo, a metade da poboación (50,8%) afirma que a estrés laboral en xeral, ocasionou algún prexuízo grave relacionado algunha enfermidade física ou problemas psíquicos ou emocionais (35,6%) ou de concentración e rendemento (26%).

Conexións coa industria dos expertos supostamente independentes que asesoran á Comisión Europea na fixación de valores límite

13-10-2017 - VALORES LÍMITE

Segundo unha investigación publicada no diario francés Le Monde, expertos con vínculos industriais dominan un comité que asesora á Comisión Europea sobre a adopción de límites de exposición profesional.

Flocos de millo e pantallas líquidas o novo amianto en traballos con risco pulmonar

22-09-2017 - SAÚDE LABORAL

Un estudo publicado na revista científica The Lancet sobre enfermidades pulmonares laborais, identificou aos novos elementos da produción que provocan asma, bronquiloitis, fibrosis ou cancro nos traballadores: a fabricación de pantallas líquidas, a preparación de flocos de millo, ou o envellecemento de texanos.

Disruptores endocrinos: o Consello da Unión Europea da un paso importante cara a protección dos cidadáns e o medio ambiente

21-09-2017 - HIXIENE

Os criterios adoptados constituirán un trampolín para a adopción de novas medidas de protección da saúde e o medio ambiente, ao permitir á Comisión comezar a traballar nunha nova estratexia para reducir ao mínimo a exposición dos cidadáns da UE aos perturbadores endocrinos, máis aló dos praguicidas e os biocidas.

O RAC -Comité de Avaliación de Riscos- de ECHA propón clasificar o dióxido de titanio como sospeitoso de ser cancerígeno

21-09-2017 - SAÚDE

O RAC chegou á conclusión de que a evidencia científica dispoñible cumpre os criterios do Regulamento CLP para clasificar o dióxido de titanio como substancia sospeitosa de causar cancro a través da vía de inhalación.

Que Mutua paga en caso de accidente de traballo dun pluriempleado?

19-09-2017 - SENTENZA

No seu fallo, o alto tribunal aplica o criterio de imputar a responsabilidade á mutua da actividade profesional que quede afectada polas limitacións funcionais derivadas do accidente. Se a incapacidade do traballador proxéctase sobre as dúas profesións, haberá unha repartición de responsabilidades.

O cerebro das mulleres é máis activo que o dos homes

19-09-2017 - PSICOLOXÍA

Segundo un estudo liderado polo fundador de Amen Clinics, Daniel G. Amen, e publicado recentemente no Journal of Alzheimer's Disease, as mulleres teñen un cerebro máis activo que os homes especialmente na cortiza prefrontal e nas áreas emocionais; os homes tiñan máis activas as zonas onde se controla a visión e a coordinación.

O bisfenol A incluído na lista de sustancias químicas “moi preocupantes” pola Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas

06-09-2017 - SAÚDE

A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) incluíu ao bisfenol A (BPA) na lista de “substancias altamente preocupantes” debido a que este composto químico amplamente utilizado na produción de plásticos é un disruptor endocrino, é dicir, é capaz de alterar o equilibrio hormonal en humanos.

Os/as autónomos/as estarán cubertos nos accidentes “in itínere”

04-09-2017 - AUTÓNOMOS/AS

Dende o momento no que se produza a aprobación definitiva da lei, os/as autónomos/as que sufran un sinistro ao ir ou volver do lugar onde desenvolven habitualmente a súa actividade, terán dereito a percibir unha prestación por incapacidade laboral

A Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) adopta un plan de acción comunitario que avaliará 22 substancias perigosas.

01-09-2017 - ECHA

Nos próximos tres anos, 22 Estados membros avaliarán 115 substancias, das cales 22 foron seleccionadas recentemente. A partir da data de adopción, os Estados membros dispoñen de 12 meses para avaliar as 22 substancias especificadas para 2017.

A Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica considera imprescindible realizar un cribado de cancro de pulmón aos traballadores/as que estiveron expostos ao amianto

05-09-2017 - AMIANTO

A aplicación deste sistema en traballadores/as expostos/as ao asbesto podería ser efectivo para detectar cancro de pulmón asintomático, en estados precoces, co que se podería reducir a súa mortalidade.

Indemnización a unha auxiliar que sofre sensibilidade química logo dun accidente laboral

17-07-2017 - Sentenza

A Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza da Rioxa condenou á Consellería de Saúde do Goberno da Rioxa a indemnizar con 48.000 euros a unha auxiliar de clínica do Hospital Fundación de Calahorra que sufriu un accidente laboral no 2011. A sentenza, que é firme, determina que a partir daquel incidente a traballadora desenvolveu unha síndrome de sensibilidade química múltiple polo que carrexa secuelas «que van facerse notorias nas relacións sociais, familiares e que van limitar a súa actividade laboral e persoal».

Condea para un xefe de obra e un contratista pola morte dun encofrador

26-06-2017 - Sentenza

A Audiencia Provincial de Cantabria condea a 22 meses de prisión e multa de 1.260 euros a un xefe de obra e ao xerente dunha empresa contratista, pola morte no ano 2009 dun traballador que se cravou unha variña de ferralla ao caer ao chan dende unha escaleira de man cando colocaba un encofrado. Se os considera autores dun delito contra os traballadores e outro de homicidio por imprudencia grave. Segundo a Audiencia, ambos "fixeron total deixazón das súas obrigas de forma moi grave, deixando aos traballadores da obra totalmente desprotexidos".

Case nun terzo dos accidentes laborais sufridos por mozos e mozas os contratos tiñan unha duración inferior a dous meses

22-06-2017 - Sinistralidade

Os traballadores/as menores de 35 anos sufriron no ano 2015 o 29 % dos accidentes laborais. As estatísticas amosan que a menor idade e menor duración do contrato hai unha maior propensión a sufrir accidentes laborais: do total de accidentes con baixa de mozas e mozos (137.286 casos), o 30 % tiña un contrato inferior a 2 meses.

Traballar con calor

19-06-2017 - Hixiene

No verán moitos traballadores/as sobre todo aqueles que traballan ao aire libre son vítimas da calor. Por citar algúns os traballos en obras públicas, na construción, ou na agricultura, levan á exposición dos traballadores/as a temperaturas moi elevadas nos meses máis calorosos. O estrés térmico por calor pode orixinar diversos danos á saúde, desde cambras, deshidratación, esgotamento por calor ou golpe de calor. Este último é irreversible, de suma gravidade e pode chegar a ocasionar a morte.

Inclusión do cancro de pulmón por exposición a sílice como enfermidade profesional.

14-06-2017 - Ministerio de Emprego e Seguridade Social

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social ven de incorporar á súa páxina de "Participación pública en proxectos normativos" o texto que precede á elaboración da norma que incluirá o cancro de pulmón por exposición ao sílice como enfermidade profesional. A través desta páxina poderase valorar e opinar durante un período de tempo limitado sobre a actualización do cadro de enfermidades vinculadas co ámbito laboral. Unha adaptación que supón o recoñecemento da esixente contorna no que desenvolven a súa actividade as persoas en contacto co sílice.

Novo regulamento de instalacións de protección contra incendios

01-06-2017 - Seguridade

O pasado 19 de maio, o Consello de Ministros aprobou o novo Real Decreto polo que se publica o novo Regulamento de Instalacións de protección Contra Incendios (RICIP). Este novo Real Decreto vai derrogar, entre outros, o actual Real Decreto 1942/1993, do 5 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios. A entrada en vigor deste novo Regulamento producirase aos seis meses da súa publicación no Boletín Oficial do Estado,

O 43,5% dos accidentes laborais mortais son causados por enfermidades cardiovasculares

06-06-2017 - Saúde laboral

Segundo a Fundación Española do Corazón (FEC) o 43,5% dos accidentes mortais que se producen no traballo son consecuencia dun infarto ou dun accidente cerebrovascular. Estos datos se desprenden do informe "Estatísticas de Accidentes de Traballo" elaborado en 2016 (que fai referencia a datos do ano 2015) elaborado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. "É importante destacar que, contrariamente ao que percibe a poboación xeral, a enfermidade cardiovascular non só ocorre entre a poboación envellecida, senón que segue sendo principal causa de morte na poboación activa" indica o vicepresidente da FEC. "Ademais, tamén cabe destacar que segundo o Ministerio cada ano prodúcense unhas 23.000 baixas laborais por enfermidades do sistema cardiovascular".

Fukushima continúa a xerar grandes cantidades de residuos contaminados

23-05-2017 - Saúde

Logo de seis anos do accidente, a compañía TEPCO continúa bombeando auga sen parar a través dos reactores co fin de enfriar o combustible fundido que permanece aínda demasiado quente e radiactivo para ser eliminado; este proceso está a xerar en torno a 400 toneladas de auga contaminada cada día, o que suma máis de 962.000 toneladas almacenadas na planta.

Absoltos os acusados dun accidente laboral

26-05-2017 - Sentenza

A sentenza exime de calquer tipo de responsabilidade ao director técnico da empresa, ao técnico de prevención, ao xefe de obra, ao encargado xeral e ao oficial de primeira que asumía algunhas funcións propias dun xefe de equipo ao recoñecer que a empresa dispoñía de todas as medidas de seguridade regulamentarias e que a vítima recibira tanto a formación como o equipo necesario para traballar.

Un 62% dos traballadores/as do Estado español acude enfermo/a a traballar

04-05-2017 - Saúde laboral

Segundo os datos reflectidos nun estudo baseado nas respostas de 4.000 empregados/as e 500 empresarios/as en toda Europa, o Estado español e o francés teñen a porcentaxe mais elevada de traballadores/as que acuden enfermos a traballar. No caso dos traballadores/as do Estado español o 29% admite que se ten prantexado cambiar de emprego debido ao impacto negativo que a contorna laboral está a ter na súa saúde.

Previsel: 12º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

09-05-2017 - 10 e 11 de maio de 2017

Os vindeiros días 10 e 11 de maio, terá lugar en Ourense a duodécima edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. A CIG estará presente a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e na organización da Xornada Técnica: "Acoso laboral. Acción sindical".

Experimento en Suecia: xornada laboral de seis horas

27-04-2017 - Saúde laboral

En febreiro, logo de case dous anos con xornadas de traballo de seis horas, as enfermeiras do centro xeriátrico Svartedalens en Gotemburgo, Suecia, volveron ás súas quendas de oito horas porque a primeira vista os custos deste experimento superaron os beneficios. Unha nova investigación incide nos beneficios dos horarios laborais máis curtos máis saúde e maior produtividade.

Claves para controlar o estrés no traballo

20-04-2017 - SAÚDE

Non Estado español seis de cada dez traballadores/as sofre algún tipo de tensión no traballo, segundo cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE). O 20% dos empregados europeos afirma padecer a síndrome Burnout ou traballador/a queimado/a, segundo un estudo da Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo.

Controvertida decisión na que o glifosato recibe o visto e prace para ser considerado non canceríxeno pola Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas (ECHA)

12-04-2017 - SAÚDE

A Comisión Europea ten agora vía libre para alongar durante anos a licenza do herbicida máis criticado e polémico

Incapacidade permanente para un traballador que sufriu un accidente de tráfico sen estar dado de alta

06-04-2017 - Sentenza

A Sala do Social do Tribunal Supremo, dictamina que a Seguridade Social ten que conceder unha pensión de incapacidade permanente total a un albanel que sufriu un accidente sen estar dado de alta. O accidente de tráfico tivo lugar no espazo de tempo que quedou entre que o traballador cesou de xeito voluntario na empresa (coa intención de continuar a traballar noutra empresa do sector) e o inicio da actividade na outra empresa.

Condenado un empresario polo accidente dun traballador

03-04-2017 - sentenza

O empresario foi declarado autor dun delito contra o dereito dos traballadores e condenado a 14 meses de prisión e ao pago de 3.600 euros de multa. A autoridade xudicial o responsabiliza dun accidente laboral no que un traballador sufriu lesións de gravidade tras caerlle encima unha peza de 1.700 quilos. O accidente produciuse cando varios traballadores trasladaban nun guindastre ponte un taboleiro dunha comporta de 1.700 quilos; cando a peza ía ser depositada sobre uns perfís o gruista elevouna para que na parte inferior da mesma se colocasen uns elementos de madeira co fin de evitar que se puidese levantar a pintura; No momento no que o operador do guindastre comezou a baixar o taboleiro, a «garra» que o suxeitaba soltouse e caeu sobre un traballador.

Denegación incapacidade permanente logo de ser despedido por ineptitude sobrevida

15-03-2017 - Sentenza

Este caso refírese a un condutor de camións que padece diversas doenzas e limitacións funcionais derivadas de enfermidade común que motivaron o seu despedimento por ineptitude sobrevida, logo de que o Servizo de Prevención que realizaba as tarefas de Vixilancia da Saúde o declarase NON APTO. Posteriormente, o traballador solicita o recoñecemento dunha Incapacidade Permanente Total, por estimar que logo da declaración de non apto por parte do Servizo de Prevención está impedido para o desempeño da súa profesión, extremo que o INSS denega, non recoñecendo ningún grao de incapacidade.

Considerado accidente laboral o acontecido ao voltar de levar aos compañeiros de traballo a casa

21-03-2017 - sentenza

O Tribunal Supremo considerou que se trata dun accidente de traballo in itinere o sinistro no que faleceu un traballador logo de achegar ás súas casas a dous compañeiros de traballo ao finalizar a xornada laboral. Tanto a mutua coa que a empresa tiña contratada a cobertura de accidente de traballo como a Seguridade Social negaron á familia do traballador as prestacións previstas para o caso de accidente laboral. A familia acudiu aos tribunais, que tampouco lles deron a razón.

Traballar en calquera momento e en calquera lugar: consecuencias no ámbito laboral

17-02-2017 - OIT - Eurofound

Este informe sintetiza unha investigación realizada por ambas organizacións en 15 países, incluíndo a dez países da Unión Europea (Alemaña, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, os Países Baixos, Suecia e o Reino Unido) así como Arxentina, Brasil, Estados Unidos, India e Xapón. O estudo identifica diversos tipos de empregados que usan as novas tecnoloxías para traballar fóra dos locais da empresa, como os teletraballadores que traballan regularmente na súa casa, traballadores que ocasionalmente realizan teletraballo ou o traballo móbil, T/TICM.

Alerta! Prevención de caídas de traballadores por rotura de cubertas fráxiles”

07-02-2017 - IAPRL

Nesta Alerta do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais descríbense cinco mortes debidas a caídas dende cubertas por rotura destas. Proporciónanse as medidas preventivas que axuden a evitar accidentes similares no futuro. As ditas medidas preventivas deberían ser seguidas polas empresas implicadas no traballo e polos traballadores que o executan.

Comunicación da Comisión Europea sobre Seguridade e Saúde no Traballo.

08-02-2017 - COMISIÓN EUROPEA

O 10 de xaneiro foi presentada a Comunicación da Comisión Europea que establece o plan de acción para modernizar a lexislación e a política en materia de seguridade e saúde no traballo dos próximos anos.

Absoltos tres acusados por un accidente laboral: o xuíz considerou que o operario obviou as medidas de seguridade

06-02-2017 - SENTENZA

O lesionado responsabilizou ao seu capataz, á titular da súa empresa (Carpintería Facinas) e a un empregado de Polanco do incidente que sufriu, aínda que o xuíz exculpounos a todos ao considerar que o sinistro se produciu porque o operario obviou as medidas de seguridade inherentes aos seus labores.

Informe sobre a situación en relación ao recoñecemento dos TME como enfermidade profesional en 10 países europeos

27-01-2017 - Eurogip

Os TME representan unha proporción moi elevada do número total de enfermidades profesionais recoñecidas en Francia (88%), Estado español (75%), Bélxica e Italia (69% en ambos os). A proporción é inferior ao 20% en Alemaña, Austria, Dinamarca, Finlandia e Suíza. No traballo realizado por Eurogip obsérvanse diferenzas importantes no número de TME reclamados por traballadores/as como enfermidades profesionais: así en Francia, Bélxica e Dinamarca teñen se reclaman respectivamente 463, 263 e 257 casos por cada 100.000 traballadores/as asegurados, en Italia 150 e en Alemaña, Finlandia, Suecia e Suíza só se notifican entre 23 e 13 casos.

Absolución para un arquitecto e un constructor por un accidente laboral

24-01-2017 - Sentenza

O Xulgado do Penal número tres de Córdoba absolveu a un construtor e a un arquitecto acusados pola Fiscalía de ser os responsables dun delito de lesións por imprudencia. Os acusados enfrontábanse a unha pena de dous anos e dous meses de cárcere xunto co pago dunha importante multa, por non garantir as medidas preventivas necesarias para evitar un accidente laboral ocorrido nunha obra promovida polo Concello de Alcaracejos no ano 2009, na que un albanel que traballaba no tellado do silo do municipio precipitouse ao baleiro dende unha altura de seis metros.

Directivos/as e mandos que poden chegar a ser moi tóxicos para empresas e organizacións.

17-01-2017 - Psicosocial

Os xefes/as ou responsables organizativos prepotentes, con pouca empatía ou déspotas son un importante e perigoso lastre para empresas e organizacións. Así é, normalmente cando un traballador/a decide irse e abandonar unha empresa ou organización, o que realmente está a facer é fuxir dun xefe/a ou responsable que resulta absolutamente tóxico para o seu traballo e para a súa propia vida. Cuestión esta que cobra máis importancia incluso se temos en conta que en moitos casos estes tipo de “xefes/as” escorrentan especialmente a aqueles traballadores/as talentosos, con capadidade e criterio propio.

Absolución para o director de seguridade, o coordinador de seguridade e o xefe da quenda

13-01-2017 - Sentenza

O Xulgado do Penal Número 1 de Avilés absolveu ao director de seguridade, ao coordinador de seguridade e ao xefe de quenda dun delito contra os dereitos dos traballadores polas lesións graves sufridas nunha man por un operario en xullo de 2012. A sentenza é firme, tendo en conta que non foi recorrida pola Fiscalía, que solicitaba unha pena de dous anos e medio de prisión para cada un dos procesados.

Ábrese o camiño para anular os despidos en situacións de baixa longa por accidente laboral

12-01-2017 - Tribunal de Xustiza da UE

O caso que da lugar a este fallo é o dun traballador que foi despedido estando de baixa médica por un accidente laboral, por "non alcanzar as expectativas estabelecidas pola empresa nin o rendemento que a empresa considera adecuado ou idóneo para o desempeño das súas tarefas". O traballador, axudante de cociña, resbalou na cociña e se dislocou o codo esquerdo en outubro de 2014, sendo despedido en novembro de 2014. Segundo o fallo do Tribunal de Xustiza da UE, a rescisión do contrato dun empregado en situación de incapacidade temporal de forma "duradeira" pode ser considerada discriminatoria e, polo tanto, a rescisión do contrato pode ser anulada nos tribunais.

Multa de 3 millóns de libras para unha empresa química por nube tóxica

09-01-2017 - Hixiene

En cumprimento das novas normas sancionadoras vixentes en Reino Unido, nas que se ten en consideración a capacidade económica da empresa á hora de fixar as sancións, continúan a aparecer casos de multas millonarias. Neste caso a sanción recae nunha compañía química que sufriu dous accidentes que remataron producindo unha nube tóxica; no primeiro accidente acaecido en marzo de 2010 faleceu un traballador e outro sufriu graves lesións.

En marcha a elaboración da nova Guía Europea para a identificación dos Disruptores Endocrinos

03-01-2017 - HIXIENE

A European Chemicals Agency, Axencia Europea dos Produtos Químicos (ECHA) e a European Food Safety Authority, Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) están a desenvolver unha guía científica para identificar os disruptores endocrinos que se espere que estea finalizada dentro deste novo ano 2017.

Dan a razón á empresa no caso dun traballador que non tivo en conta as medidas preventivas estabelecidas

21-12-2016 - Sentenza

O Tribunal Supremo estima o recurso de casación presentado contra sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León polos feitos ocorridos en 2011 na localidade de Villalmanzo (Burgos) e que condenaba a unha empresa eléctrica e á compañía aseguradora a abonar unha indemnización a un traballador que sufriu un accidente laboral; na sentenza do Tribunal Supremo se indica que correspondía a este empregado tomar as medidas de seguridade axeitadas, que foran facilitadas pola compañía, para realizar o desmonte dun tendido eléctrico.

Influenza dos disruptores endocrinos durante o embarazo

19-12-2016 - Hixiene

Un traballo realizado por investigadoras do Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e publicado en Environmental Health Perspectives, amosa a relación entre a exposición a disruptores endocrinos no posto de traballo e o incremento do risco de baixo peso ao nacer. Neste proxecto analizáronse datos de 131.279 mulleres embarazadas en situación laboral activa pertencentes a 13 cohortes de nacemento europeas. Entre os achados do estudo atopamos que un 11% das participantes tiñan traballos clasificados como posible ou probablemente expostos aos disruptores endocrinos.

Recoñecida como accidente de traballo a lesión dunha médica durante un congreso

12-12-2016 - SENTENZA

Segundo o fallo "A asistencia a unhas xornadas de formación estase dalgunha maneira traballando, polo que se se produce unha lesión debe considerarse accidente de traballo".

O malestar emocional ou un esforzo físico pesado duplica o risco de infarto

07-12-2016 - SAÚDE

Segundo unha investigación publicada en Circulation, a revista da Asociación Americana do Corazón, experimentar malestar emocional ou un esforzo físico pesado duplica o risco de infarto, e estar enoxado ou molesto emocionalmente mentres se realiza algún esforzo físico pesado triplícao.

Cemiterios ilegais de amianto

01-12-2016 - AMIANTO

Máis de 80.000 metros cúbicos de amianto, a pasividade de tres administracións e a escasa vontade para pagar os traballos de desamiantado sentencian aos veciños dun barrio de Toledo.

Pena de cárcere para un empresario acusado de homicidio imprudente nun accidente laboral

29-11-2016 - Sentenza

O Xulgado do Penal Nº3 de Xixón condenou a un ano e medio de cárcere e ao pago de 190.000 euros en indemnizacións a un empresario ao que se responsabiliza do accidente laboral que tivo lugar en xaneiro de 2014 no porto de Xixón no que faleceu un mozo de 26 anos. O empresario aceptou a pena logo de recoñecer os feitos. Aínda que nun primeiro momento a Fiscalía pedía dous anos de cárcere, a decisión do imputado de consignar na conta do xulgado a cantidade estabelecida como indemnización determinou que o fiscal aceptase rebaixar a condena.

Xapón: multiplícanse os casos de morte por exceso de traballo

25-11-2016 - SAÚDE LABORAL

Cada ano morren xaponeses por apoplexías, ataques ao corazón ou suicidios relacionados co exceso de traballo. Tamén abundan a tensión, as desordes emocionais e de soño. Para que conte como un caso de karoshi a vítima ten que traballar máis de 100 horas extra no mes anterior á súa morte ou 80 en dous ou máis meses consecutivos do últimos seis.

I Enquisa sobre o tecnoestrés

25-11-2016 - Psicosocial

Un 34% das persoas que participaron no estudo consideran que o uso excesivo das TIC prodúcelles problemas ou consecuencias negativas como baixo rendemento no estudo ou traballo, tensión elevada, fatiga visual, posturas inadecuadas, discusións de parella, problemas familiares...

Unha sentenza recoñece como enfermidade profesional o cancro de esófago por exposición a amianto

22-11-2016 - SENTENZA AMIANTO

A sentenza é especialmente transcendente tendo en conta que o cancro de esófago non está incluído no baremo oficial de enfermidades profesionais.

Un xulgado do Social de Logroño concede a incapacidade permanente absoluta a un traballador con migrañas

21-11-2016 - SENTENZA

Esta sentenza conclúe coa prolongada e ata agora infrutuosa loita do traballador para que se recoñecese o carácter invalidante das súas dores de cabeza e revoga as numerosas resolucións contrarias da Seguridade Social, atendendo a petición do traballador e concedéndolle a incapacidade permanente absoluta con dereito a unha pensión do 100%. A sentenza, que non foi recorrida, devén firme.

Premio Lugares de Traballo 2016 para a película Zwischen den Stühlen (Ser profesor)

18-11-2016 - EU-OSHA

O Premio cinematográfico «Lugares de Traballo Saudables» celébrase anualmente, desde 2009, no marco do Festival Internacional de Cinema Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig). Está apoiado pola EU-OSHA co fin de animar aos cineastas a realizar obras que traten sobre os riscos aos que se enfrontan os traballadores/as e os cambios que afectan os lugares de traballo hoxe en día. Na película alemana premiada nesta edición, póñense de relevo as difíciles condicións de traballo dos novos profesores, visualizadas a través da historia de tres novos profesores nos seus primeiros anos en centros de ensino.

Multa de 1,7 millóns para a produtora de Star Wars

17-11-2016 - Seguridade

O accidente que deu lugar a esta millonaria multa tivo lugar no 2014, no rodaxe da película "Star Wars: o despertar da forza", cando o actor Harrison Ford foi golpeado por unha pesada porta hidraúlica situada no interior do decorado que recreaba a nave "Halcón Milenario". A produtora, filial da compañía Disney, admitiu no xuízo celebrado na Corte de Aylesbury que vulnerou a lexislación de riscos laborais. A raíz da entrada en vigor a primeiros deste ano das novas directrices para ditar sentenzas no Reino Unido, as cuantías das multas deben ter en conta a capacidade económica da empresa: así, canto maior sexa a capacidade económica maior será a multa.

A FIFA demandada por complicidade en explotación laboral en Qatar

16-11-2016 - SEGURIDADE

Segundo a denuncia o traballador foi sometido a condicións laborais inhumanas próximas á escravitude. A indemnización solicitada ronda os 4.500 euros e pode sentar un precedente legal.

Unha sentenza do TSX do País Vasco considera accidente laboral unha caída no tempo de descanso

15-11-2016 - SENTENZA

O 26 de xuño de 2015, a psicóloga deixou a consulta onde traballa no centro de saúde de Durango para tomar un café durante os 15 minutos de descanso que os empregados teñen establecido para as xornadas que superan as seis horas.

Coa reforma laboral medran espectacularmente os trastornos de saúde vinculados ao traballo

14-11-2016 - SAÚDE LABORAL

Nos últimos tempos estanse a incrementar de maneira notable as notificacións de trastornos de saúde derivados do traballo, realizados polos Centros de Atención Primaria do sistema público de sanidade.

Boa parte dos traballadores e traballadoras que non ocupan postos directivos síntense descontentos no seu lugar de traballo

11-11-2016 - Psicosocial

Esta afirmación despréndese do traballo 'Da teoría á acción. Unha ollada práctica ao que realmente conduce ao compromiso do empregado/a" realizado pola empresa tecnolóxica Oracle en colaboración con Kantar TNS. A motivación deste traballo é coñecer qué opinan traballadores e traballadoras de todos os niveis profesionais sobre a cultura de traballo na súa empresa, así como en que medida afecta no seu rendimento profesional. Os datos foron obtidos a partires de enquisas realizadas a un total de 4,706 traballadores e traballadoras de 20 países entre abril e maio de 2016; en tódolos casos os enquisados eran traballadores/as a xornada compreta de empresas de a lo menos 250 empregados/as

Accidentes de tráfico in itínere: dous tercios do total dos accidentes cando imos ao traballo, un tercio cando voltamos.

07-11-2016 - Seguridade

Segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico e do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), o número de accidentes de tráfico «in itínere», é dicir, os que teñen lugar nos traxectos entre o domicilio e o traballo, incrementouse un 10% dende o ano 2002. Atendendo a estes mesmos datos, cada ano falecen no Estado español ao redor de 100 persoas neste tipo de sinistros.

Dende a Fundación Adecco, advírtese que o envellecemento da poboación no Estado implica necesariamente que se terá que apostar polos/as traballadores/as maiores

03-11-2016 - SAÚDE LABORAL

O Estado español está cada vez máis envellecido en gran medida consecuencia dos maiores índices de lonxevidade, que alcanzou neste ano 2016 un novo máximo histórico do 116%, ou o que é o mesmo, neste momento contabilízanse 116 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16.

Segundo un recente estudo da universidade de Pittsburgh, os/as traballadores/as que alternan posicións de pé e sentado controlarían mellor o seu peso

04-11-2016 - ERGONOMÍA

Así é, en dito estudo descubriuse que alternar entre as posicións de pé e sentado en combinación con outras actividades físicas no desempeño das tarefas durante a xornada laboral é beneficioso para o control do peso.

O "efecto cadeira" causa un catro por cento das mortes no mundo

26-10-2016 - saúde laboral

Segundo varios estudos publicados na revista Lancet en torno ao 31 por cento da poboación mundial non cumpre coas recomendacións actuais de actividade física. A falta de exercicio asóciase coas principais enfermidades non transmisibles e está detrás do 6% ao 9% do total de mortes non mundo. O estilo de vida actual inflúe nesas cifras: na última década diversas investigacións demostraron como o excesivo tempo que pasamos sentados pode incrementar o risco de morte, tanto se se fai exercicio coma se non.

Condenado a un ano e medio de prisión o dono dunha centro ecuestre polo accidente grave dun traballador

02-11-2016 - SENTENZA

O propietario do centro ecuestre situado en Gondomar, aceptou a condena de un ano e medio de prisión por un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes tras un pacto de conformidade da defensa coa fiscal e as dúas acusacións particulares - a da nai do falecido e a dos seus dous fillos-.

Os infartos e os derrames cerebrais sitúanse como a primeira causa de morte no traballo

25-10-2016 - Saúde Laboral

Así, no primeiro semestre deste ano, 116 traballadores e traballadoras faleceron por mor destas patoloxías, o que supón o 51,33% do total. Estas patoloxías están vinculadas aos riscos psicosociais, como a tensión. A procentaxe ven incrementándose progresivamente dende 2008, ano no que este tipo de mortes situouse nun 29% do total de accidentes mortais

Cinco mil persoas desenvolveron cancro polos ataques do 11-S

24-10-2016 - SAÚDE

Máis de 5.400 persoas foron diagnosticadas con diferentes tipos de cancro como consecuencia dos atentados ao World Trade Center de Nova York o 11 de setembro de 2001. Entre os máis prexudicados figuran socorristas, membros de rescate, traballadores de recuperación e procura de vítimas así como de limpeza, e voluntarios que axudaron despois dos ataques. Estas persoas resultaron afectadas con un ou máis tipos de cancro, contabilizándose nunhas 4.692. Con motivo do novo aniversario dos ataques contra as Torres Xemelgas, medios estadounidenses sacan á luz arrepiantes cifras sobre o número de persoas que foron diagnosticadas con cancro que foron publicadas polo semanario Newsweek.

A gripe contáxiase con moita frecuencia na contorna laboral

28-10-2016 - SAÚDE LABORAL

Así é, o contaxio da gripe prodúcese nun de cada tres casos no ámbito de traballo, estimándose que cando menos un 18% das baixas laborais totais no Estado español son consecuencia directa da gripe, que se expande con maior facilidade en oficiñas e espazos pechados.

Segundo un estudo Universidade de Ohio, en Estados Unidos, a insatisfacción laboral provoca problemas como depresión, temores ou trastorno do sono que se fan manifestos entorno aos corenta anos de idade

18-10-2016 - Psicosocial

Segundo este estudio o nivel de satisfacción laboral que un traballador/a pode experimentar na década dos 20 e na dos 30 anos, remata por ter un efecto directo no seu estado de saúde mental que se soe manifestar ao redor dos 40 anos cun importante impacto. Os expertos da Universidade de Ohio afirman que a insatisfacción no traballo ten un impacto moito máis importante na saúde mental que na física, de tal xeito que as persoas que desde o comezo da súa vida laboral amosáronse infelices co seu traballo, cos anos tiveron máis problemas de depresión, temores e transtornos do sono.

O Fondo de Reserva reduce un 26% o ingreso patrimonial da Seguridade Social

17-10-2016 - Seguridade Social

A retirada de cartos do Fondo de Reserva da Seguridade Social para pagar as pensións, está a ter un efecto engadido consistente na reduccón drástica dos ingresos que chegan á Seguridade Social derivados do rendemento dos seus investimentos. Así ata o mes de agosto as rendas patrimoniais do instituto público supuxeron 1.110 millóns de euros, unha baixada do 25,7% en relación ao recaudado no pasado ano 2015, a baixada máis forte e pronunciada dende o ano 2013, coas negativas consecuencias que iso ten para unha hucha das pensións xa de por sí esquilmada, tendo e conta a gran importancia dos mesmos para a súa viabilidade.

Invalidez absoluta por mal ambiente no traballo

04-10-2016 - Sentenza

Nesta sentenza refírese o caso dunha enfermeira que ocupaba o posto de xefa dunha Unidade de Atención Primaria; a traballadora colleu unha baixa laboral en xullo de 2014 por mor do «estado emocional e de ansiedade derivados dun conflicto laboral». O conflicto, segundo se indica no texto xudicial, estaba presente tanto nas relacións laborais entre os subordinados-compañeiros como cos seus superiores. O conflito, cuio comezo remóntase ao ano 2009, foise agravando co tempo dando lugar a un «trastorno adaptativo como reacción aguda a unha situación de estrés».

Mellores condicións de traballo benefician a traballadoras/es e ás empresas

27-09-2016 - OIT

Unha avaliación independente do programa Better Work amosa melloras significativas na calidade de vida de traballadoras/es nas fábricas que asesora, así como un incremento da produtividade e rendibilidade das empresas. O programa Better Work, creado no ano 2007 pola Organización Internacional do Traballo e a Corporación Financeira Internacional membro do Grupo do Banco Mundial, ten como obxectivo mellorar as condicións de traballo e promover a competitividade nas cadeas mundiais de subministración da industria téxtil. Opera en sete países: Bangladesh, Camboia, Indonesia, Vietnam, Xordania, Haití e Nicaragua, e actualmente abarca a 1.300 fábricas que empregan a máis de 1,6 millóns de traballadoras e traballadores.

Sancións de máis de 13 millóns de euros por incumprimentos en xestión de datos en 2015

23-09-2016 - XESTIÓN DATOS

As empresas xestionan unha gran cantidade de datos dos seus traballadores e clientes cometendo erros na forma de custodiar a información ou na transmisión de datos, o que provoca perdas nas empresas por un valor de máis de 9 millóns de euros, segundo reflicte o informe.

Segundo a Unión Europea de Consumidores, dada a pouca información dispoñible, é case imposible para os consumidores evitar os produtos que conteñen disruptores endocrinos

21-09-2016 - SAÚDE

Segundo sinala a Unión Europea de Consumidores –BEUC- a Unión Europea debe identificar aqueles produtos químicos que coñecemos como disruptores endocrinos e os que sospeita que o poden ser. Isto permitiría ás autoridades sanitarias actuar nos sinais de alerta temperá e previr un dano potencial aos cidadáns e o medio ambiente.

A Inspección obriga a cambiar os horarios de traballo nun hospital

20-09-2016 - SAÚDE LABORAL

Inspección de Traballo instou á xerencia da área de Saúde de Navalmoral a reorganizar a xornada laboral e os descansos do persoal adscrito ao centro de saúde de Almaraz tras a denuncia que presentaron os traballadores polo prexuízo que supoñía ter que desprazarse a Deleitosa a realizar as gardas unha vez finalizada a súa xornada.

A Garda Civil detivo ao encargado dunha obra por manipular o lugar do sinistro antes de que chegasen os axentes

19-09-2016 - ACCIDENTE LABORAL

O Equipo de Policía Xudicial detectou que o accidentado se atopaba sen os medios que determina o Plan de Seguridade e Saúde, así como que se limpou e manipulou o lugar onde se produciu o sinistro antes de que chegasen os axentes.

A alimentación e o estrés laboral

15-09-2016 - Saúde Laboral

Os hábitos alimentarios son fundamentais á hora de manter unha boa saúde. Os desequilibrios nutricionais provocados por ritmos de vida acelerados, exceso de traballo ou estrés laboral poden xerar cambios na inxesta de alimentos como comer de forma pouco saudable, compulsivamente, en exceso ou saltarse comidas; os desórdenes alimentarios afectan ao apetito en particular e a nosa saúde en xeral, desencadeando no organismo unha carga adiciónal de estrés, motivado pola falla de nutrientes esenciais (proteínas, carbohidratos, lípidos, vitaminas, minerais e auga)

Cámaras de vixilancia no lugar de traballo.

16-09-2016 - Xurisprudencia

O Tribunal Constitucional nunha sentenza do 3 de marzo de 2016 admite a instalación por parte de empresa de cámaras de vixilancia no posto de traballo como parte da súa capacidade de vixilancia no posto de traballo, sin ter que informar ao traballador/a sobre a grabación de imaxes, nin ter que solicitar o seu consentemento. Ata esta sentenza, este Tribunal admitía a instalación de cámaras de vixilancia no posto de traballo, sempre que o traballador/a fose informado expresamente de que estaba a ser gravado e que prestase o seu consentimento.

Condenado un empresario a un total de dous anos e catro meses de cárcere pola morte dun traballador por electrocución

07-09-2016 - SENTENZA

O Xulgado do Penal Nº 10 de Sevilla condenou, pola morte dun traballador en abril de 2011, ao empresario como autor dun delito de homicidio imprudente a unha pena dun ano e seis meses de prisión e por outro contra os dereitos dos traballadores a dez meses de prisión.

As horas extras non pagas crecen o dobre que o emprego

12-09-2016 - PSICOSOCIAL

As horas extraordinarias non cobradas alcanzaron o ano pasado o seu máximo dende que estalou a crise. Cada semana de 2015 traballáronse unha media de 3,5 millóns de horas fóra da xornada laboral que non foron retribuídas, un 14,4% máis que no exercicio anterior.

A morte en accidente laboral dun traballador remata por saírlle de balde aos empresarios a pesares da súa condena en firme

09-09-2016 - ERRO XUDICIAL

Prescritos os delitos e cos empresarios na rúa, a viúva pediu ao Estado unha indemnización de 10.000 euros; o seu avogado díxolle que o Ministerio de Xustiza é moi restritivo á hora de fixar indemnizacións por erros xudiciais. É dicir, con sorte pode conseguir 10.000 dos 210.000 que debían cobrar ela e a súa sogra dos empresarios condeados en firme.

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza desestima a solicitude de incapacidade dunha traballadora do xulgado de Ferrol que atribuía a mover expedentes

09-09-2016 - SENTENZA

Unha funcionaria do xulgado de Ferrol pide a incapacidade por unha secuela de mover expedientes e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza conclúe que non acreditou que se trate dunha enfermidade profesional

O informe da Axencia Ferroviaria Europea sobre o accidente do Alvia en Santiago, cualifica a investigación encargada polo Goberno do PP como inválida e falta de independencia.

26-08-2016 - AXENCIA FERROVIARIA EUROPEA

Un informe sobre o accidente do Alvia en Santiago de Compostela realizado pola Axencia Ferroviaria Europea, expón as feblezas da investigación encargada polo Goberno do PP á Comisión española de Accidente Ferroviarios, cualificándoo entre outros calificativos de inútil e falto de independencia.

A posibilidade de contraer unha enfermidade por falta de exercicio físico ou actividade deportiva afecta no estado español ao 73% das persoas

24-08-2016 - SAÚDE

O sedentarismo incrementa notablemente o risco de contraer certas enfermidades. A prevalencia de doenzas crónicas como hipertensión e diabetes é entre 2 e 4 veces maior en persoas inactivas

Nunha sentenza histórica o Tribunal Supremo do Canada estabelece que os/as traballadores/as que enfermaron por mor do seu traballo, non terán necesariamente que probar cientificamente a orixe da súa doenza

18-08-2016 - SENTENZA

O Tribunal Supremo de Canadá ditaminou por sete votos a favor fronte a un en contra, que os traballadores que enfermaron polas sustancias perigosas que maipulaban no traballo non é necesario que o demostren con certeza científica para poder recibir unha compensación laboral.

Un empresario condenado a dous anos e dez meses de cadea pola morte en accidente laboral dun traballador que tiña sen contrato e sen seguro

17-08-2016 - SENTENZA

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Donostia -San Sebastián-, condenou a un contratista a penas que suman dous anos e dez meses de prisión pola morte dun traballador, sen contrato nin seguro, que realizaba obras de mellora no patio do Colexio San Luís de La Salle de San Sebastián. Ademais, o empresario deberá abonar indemnizacións por un importe total de 209.529,5€.

Nova regulamentación dos riscos laborais por exposición a campos electromagnéticos

08-08-2016 - CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS

O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto 299/2016 sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a campos electromagnéticos.

Relación entre estrés laboral e ictus isquémico segundo a Academia Americana de Neuroloxía

05-08-2016 - SAÚDE

O pasado 14 de outubro do ano 2015, a revista Neurology da Academia Americana de Neuroloxía, publicou un estudo no que se suxire a relación directa entre estrés laboral e ictus isquémico, maior canto máis estrés provoque o traballo. No mesmo menciónanse outros estudos que relacionan o estrés laboral coas enfermidades do corazón.

Aplicación de horarios europeos no Estado español

26-07-2016 - Psicosocial

A web de emprego InfoJobs levou a cabo unha análise sobre aplicación dos horarios europeos no mercado laboral no Estado español, que revela que o 58% das compañías españolas que non están a aplicar o horario laboral europeo están a favor de adaptarse a este modelo, mentres que o 83% dos traballadores non suxeitos ao horario laboral europeo desexaría telo. O portavoz de InfoJobs, asegura que existe a "vontade empresarial" para adaptarse a este modelo, xa que, ademais, xera unha "maior satisfacción, maior felicidade e, por tanto, maior produción" nos traballadores/as.

Novas directrices para sentenzas no Reino Unido

19-07-2016 - Sentenza

No mes de febreiro entraron en vigor no Reino Unido novas directrices para os xuíces, referidas ás sentenzas que teñen que ver con temas de saúde e seguridade. A partires de agora os xuíces (no Reino Unido non hai sancións administrativas), deberán estabelecer as multas non só en función do dano real ou potencial causado, senón tamén tendo en conta a capacidade económica da empresa, algo que antes se facía nalgúns casos de motu propio, pero que agora pasa a ser obrigatorio. Polo momento o resultado está a ser un aluvión de importantes sancións para as grandes empresas.

As novas tecnoloxías e as interrupcións no desenvolvemento das tarefas

18-07-2016 - Psicosocial

A atención das mensaxes de correo, chamadas telefónicas ou calquera outro tipo de interrupción que nos aparta da execución das tarefas, ten un custe en tempo que excede do que é o propio da atención; existen diversos estudos que indican que para volver á tarefa inicial, logo dunha interrupción, debemos empregar valiosos recursos cognitivos para reorientar as respostas e acadar o grao de concentración que tiñamos no momento da parada. As continuas interrupcións que se realizan para atender correo electrónico, chamadas telefónicas ou calquera outro requerimento externo á tarefa (ladróns de tempo) provocan no traballador/a unha sensación de perda de tempo, pois ve como se reduce a súa produtividade, de cansanzo e de letargo.

Exposición a substancias químicas na industria de aeroxeneradores danesa

15-07-2016 - Hixiene

Nas últimas semanas a exposición a substancias químicas perigosas no traballo está a ser noticia en Dinamarca. A lo menos 150 traballadores/as enfermaron de gravidade debido á exposición laboral a resinas epoxi e isocianatos en dúas das principais empresas fabricantes de turbinas eólicas, Siemens e Vestas. Os traballadores afectados desenvolveron asma e alerxias nun grao tal que as lesións orixinadas deron lugar a unha indemnización de conformidade coa Lei de Compensación dos Traballadores. O caso está a xerar moita atención nos medios de comunicación, pois os daneses consideraban que as empresas tiñan baixo control os problemas con produtos químicos no lugar de traballo.

Infarto por estrés 'informático'

05-07-2016 - Sentenza

Un Xulgado de Granada condea ao Servizo Andaluz de Saúde, SAS, a recoñecer a un médico de familia a incapacidade permanente absoluta causada polo infarto sufrido logo da ansiedade xerada por problemas tecnolóxicos no seu computador. No fallo sublíñase que o infarto agudo de miocardio sufrido polo médico debe considerarse accidente de traballo porque "os seus síntomas empezaron a manifestarse no seu centro de traballo e en horario laboral".

Os baixos salarios considerados como un risco psicosocial

30-06-2016 - Psicosocial

Nun editorial publicado na edición de maio da revista Journal of Occupational and Environmental Medicine, científicos da Universidade de California, indican que os baixos salarios deben ser recoñecidos como unha verdadeira ameaza para a saúde no traballo: "os traballadores que gañan salarios baixos poden estar en maior risco de enfermidades e lesións que os traballadores que gañan salarios altos" Así, os baixos salarios deben considerarse como riscos psicosociais derivados da actividade profesional, igual que as longas horas de traballo e alta tensión laboral.

Incremento dos trastornos de saúde relacionados co traballo

17-06-2016 - saude laboral

Segundo datos presentados polo Concello de Barcelona, a Unidade de Saúde Laboral da Axencia de Saúde Pública de Barcelona rexistrou 531 trastornos de saúde relacionados co traballo nun ano, un 14% máis que no 2014, ano no que foron rexistradon 465. Estos trastornos son notificados nos Centros de Atención Primaria (CAP) e exclúen ás lesións por accidente de traballo e as enfermidades profesionais, que xa se recollen noutros rexistros. Entre os trastornos máis frecuentes están a ansiedade e a depresión, seguidas de problemas musculares ou esqueléticos vinculados a posturas forzadas e repetitivas.

Sentenza do Tribunal Supremo na que se recoñece o dereito a unha indemnización por danos e perxuízos nun caso de enfermidade profesional

13-06-2016 - Xurisprudencia

O tema que se resolve neste recurso de casación para a unificación de doutrina, consiste en determinar se debe recoñecerse ou non unha indemnización de danos e prexuízos por unha enfermidade profesional causante dunha incapacidade permanente absoluta e do posterior falecemento dun traballador. Na demanda presentada o día 11 de xullo de 2013 o traballador pediu unha indemnización por danos e prexuízos, derivados da súa enfermidade profesional, por un importe global de 445.767,28 euros. Tras o falecemento do traballador, en novembro de 2014 con 54 anos de idade, as sucesoras do mesmo, interpuxeron o presente recurso de casación unificadora contra a sentenza de suplicación do T.S.J. de Asturias do 31 de outubro de 2014 que confirmara a desestimación da demanda, ao considerar que, pese ao contacto do traballador co amianto, non estaba suficientemente probado que a exposición ao amianto por falta de medidas de seguridade fose a causa do cancro de pulmón que lle ocasionaba a incapacidade permanente absoluta.

Discusión científica sobre disruptores endocrinos

14-06-2016 - Hixiene

23 científicos de Europa, EE.UU e Xapón, xunto a catro observadores da Comisión Europea, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (AESA) e da Axencia Europea de Sustancias Químicas (ECHA) participaron nunha conferencia de expertos organizada polo Instituto Federal alemán de Avaliación de Riscos; como un dos resultados da conferencia está un documento que lista os criterios para identificar os perigos potenciais de sustancias nocivas para o sistema endocrino.

Segundo a enquisa sobre a saúde Aon Health Survey, o 93% dos empregadores de europeos aprezan unha correlación entre a saúde e o desempeño dos empregados

08-06-2016 - SAÚDE LABORAL

Os resultados establecen áreas de mellora e recomendacións para incrementar o desenvolvemento dos beneficios relacionados coa saúde, mellorar a medición do impacto e do retorno do investimento das iniciativas que as organizacións realizan na saúde dos seus empregados.

O Tribunal Supremo considera un infarto como accidente laboral

06-06-2016 - TRIBUNAL SUPREMO

O Tribunal Supremo conclúe que a presunción de accidente de traballo non se exclúe porque se acreditou que o traballador padecese a enfermidade con anterioridade ou porque se presentaron síntomas antes de iniciarse o traballo, porque o que se valora a estes efectos non é a acción do traballo como causa da lesión cardíaca, o que se valora é a acción do traballo no marco do art. 115.2.f) LXSS, como factor desencadenante dunha crise, que é a que leva á situación de necesidade protexida.

A Autoridade Sanitaria Europea rectifica e decide revisar o perigo do bisfenol A

01-06-2016 - Saúde

O bisfenol A, ou BFA, composto orgánico presente en plásticos, está considerado un perturbador endocrino; a súa presenza en biberóns foi prohibida hai 5 anos en toda a Unión Europea; nalgúns países, como Francia, incluso se prohibiu o seu uso no material illante dos envases alimentarios, medida que atopou resistencia nos tribunais. Con todo, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, EFSA, decidiu o ano pasado que a exposición ao bisfenol non representaba un risco para a saúde dos consumidores, o que orixinou críticas severas por parte da comunidade científica e algúns partidos políticos.

En vigor o novo sistema de sancións en materia de seguridade e saúde laboral no Reino Unido, que ten en consideración a capacidade económica da empresa á hora de fixar a cuantía económica da sanción.

24-05-2016 - Saúde laboral

No Reino Unido non existen sancións administrativas por infraccións de seguridade e saúde. Son os tribunais os que estabelecen as sancións que estiman oportunas atendendo á lei que se vulnera en cada caso. A partir do 1 de febreiro de 2016, entraron en vigor unhas novas directrices a aplicar nas sentenzas relativas a delitos de seguridade e saúde. Segundo estas directrices, na sentenza terase en consideración en primeiro lugar a gravidade do dano (real ou potencial) e a probabilidade de dano (que se divide nunha serie niveis dentro de cada categoría). A continuación terase en conta o volume de negocios da empresa, o que permitirá estabelecer multas dunha cuantía o suficientemente importante para que invite á reflexión aos directivos e accionistas da empresa.

Condea a unha mutua por diagnosticar un accidente laboral como enfermidade dexenerativa

03-05-2016 - Sentenza

O Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) de Madrid responsabilizou a unha mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais por "perda de oportunidade" motivada do erro de diagnóstico que sufriu unha traballadora. A sentenza considera probado que a mutua considerou que as dores nas costas que padecía, consecuencia dunha caída, eran froito da lumbalxia que padecía desde facía 15 anos.

O número de accidentes laborais increméntase un 5,8% con respecto ao ano anterior

29-04-2016 - Sinistralidade

Segundo un informe realizado por Randstad con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde No Traballo, no que se analizan os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social na última década (de 2006 a 2015), por sectores e comunidades autónomas, no último ano producíronse 449.223 accidentes laborais, o que supón un incremento do 5.8% respecto á cifra rexistrada en 2015.

Chernóbil: 30 anos despois

27-04-2016 - Saúde

O día 26 de abril cumpríronse 30 anos do maior accidente nuclear da historia: un cúmulo de erros (construtivos por un lado e de seguimento de protocolos de actuación nun simulacro de emerxencia por outro) desencadearon a explosión do reactor número 4. Aínda que a cifra oficial de mortos quedou en 31, foron moitas máis as vítimas mortais nos días, semanas e anos posteriores ao accidente, ás que hai que sumar os máis de 100.000 desprazados/as pola evacuación dunha zona de 30 quilómetros na fronteira entre Ucraína e Bielorrusia.

A OIT insta a invertir máis na seguridade e saúde de traballadoras e traballadores

22-04-2016 - OIT

Dentro da Semana da Seguridade e a Saúde no Traballo que organiza a Federación Rusa, Alice Ouédraogo, Directora do Mundo do Traballo (ILOAIDS) e do Servizo de VIH/sida da OIT, lembrou que "cada 15 segundos falece no mundo unha persoa a causa de accidente ou enfermidades relacionadas co seu traballo", e que "a mellor maneira de garantir un medio ambiente de traballo seguro e saudable é adoptar medidas antes de que ocorran os accidentes ou xurdan enfermidades".

Un xulgado do social recoñece unha incapacidade permanente por burnout

18-04-2016 - SENTENZA

O Xulgado do Social 10 das Palmas estimou a demanda dunha matrona de 40 anos contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e recoñécelle a incapacidade permanente total por presentar o “síndrome de burnout” (síndrome de “estar queimado”).

Informe sobre materiais da Axencia de Protección do Medio Ambiente danesa

18-04-2016 - Hixiene

A Axencia de Protección do Medio Ambiente de Dinamarca publicou un informe titulado "Mellor control dos nanomateriales" no que se recollen resultados dun traballo sobre nanomateriais e a súa seguridade realizado ao longo de catro anos, entre 2012 e 2015. Este iniciativa foi orientada a proporcionar unha visión xeral dos posibles riscos que conlevan as nanopartículas e os nanomateriales.

O Parlamento Europeo insta á Comision europea a revisar a autorización de comercialización do glifosato

15-04-2016 - Saúde

Na sesión plenaria do día 13 de abril, o Parlamento Europeo aprobou unha Resolución sobre o proxecto de Regulamento de Execución da Comisión polo que se renova a aprobación da substancia activa glifosato. Nesta resolución o Parlamento, facéndose eco da inquietude sobre os efectos carcinogénicos e de alteración endocrina atribuídos ao glifosato, considera que a Comisión Europea debe renovar a autorización de comercialización na UE só por sete anos, en lugar dos quince propostos, e exclusivamente para uso profesional.

Previsel: 11º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

08-04-2016 - 13 e 14 de abril de 2016

Os vindeiros días 13 e 14 de abril, terá lugar en Ourense a undécima edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. A CIG estará presente a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e na organización da Xornada Técnica: "20 anos da LPRL. Onde estamos e para onde imos?".

Os horarios do Estado español de novo a debate

08-04-2016 - Psicosocial

Segundo datos da Oficina Estatistica da Unión Europea, Eurostat, referidos a hábitos horarios da nosa contorna, os españois descansamos menos, traballamos máis horas (cunha produtividade menor) e convivimos con horarios laborais e sociais que dificultan a tan ansiada conciliación entre vida laboral, familiar e social. Así mentras no Estado español vemos o programa da televisión líder en audiencia, os alemáns ou os italianos están xa descansando; na práctica, un retraso medio de dúas horas que afecta a la organización diaria de todos os ámbitos da nosa vida: traballo, familia e ocio.

A UE non decide nada sobre a renovación da autorización para comercializar o glifosato

07-04-2016 - Saúde

A división de opinións existente entre os Estados membros da UE motivou que o pasado día 8 de marzo se aprazase a votación que tiña como finalidade renovar a autorización para a comercialización do glifosato por un período de 15 anos. O glifosato é o herbicida máis usado no mundo; o seu uso está íntimamente ligado aos cultivos modificados xenéticamente, sobre todo soia, algodón e millo.

O Tribunal Supremo obriga a Caixabank a modificar a súa política preventiva

06-04-2016 - XURISPRUDENCIA

O Tribunal Supremo ratifica a Sentenza da Audiencia Naciónal de maio de 2014, na que condenaba a Caixabank a realizar correctamente a identificación de riscos psicosociais e, unha vez foran identificados, a adoptar as medidas correctoras e eliminadoras dos mesmos, incluídos cambios organizativos, comerciais e medidas preventivas.

Fukushima: cinco anos despois do accidente nuclear

01-04-2016 - SAÚDE

Logo do desastre natural que causou o accidente nuclear na central de Fukushima foron evacuadas unhas 160.000 persoas que vivían nun radio de 20 quilómetros. A gran maioría aínda segue lonxe dos territorios contaminados. Pouco a pouco o goberno levanta a prohibición de poboar zonas próximas ao accidente; poucas son as familias que regresan: segundo un estudo da Axencia xaponesa para a reconstrución, menos dun 20% dos desprazados queren volver e moitos xa refixeron a súa vida noutros lugares.

Condenado a 16 meses de cárcere, por un accidente laboral ocorrido en 2008, o administrador dunha planta fotovoltaica.

18-03-2016 - SENTENZA

A titular do Xulgado do Penal de Palencia condenou ao administrador da empresa Soluciones de Enxeñería Industrial, a unha pena de 16 meses de prisión como autor dun delito contra a vida e a saúde dos traballadores en concurso ideal cun delito de lesións, como consecuencia dun accidente laboral ocorrido durante a instalación dunha planta solar fotovoltaica.

Mirar unha pantalla máis dunha hora provoca fatiga visual, fotofobia, pesadez ocular e dificultade de enfoque

18-03-2016 - SAÚDE LABORAL

Segundo expuxo un estudo realizado por expertos da Universidade Complutense de Madrid -UCM- sobre unha mostra de 26 persoas con idades comprendidas entre os 21 e os 50 anos, pasar máis dunha hora mirando unha pantalla provoca fatiga visual, fotofobia, pesadez ocular, dificultade de enfoque e borrosidade na visión de preto.

A sanidade valenciana axiliza a declaración de enfermidades profesionais e impide centos de despedimentos

08-03-2016 - Saúde laboral

A Conselleria de Sanidade da Generalitat Valenciana acaba de poñer en marcha, a pleno rendemento a efectos funcionais e informáticos na rede de centros de saúde e os hospitais, ou sexa no sistema básico do medicamento familiar, o novo sistema de vixilancia epidemiolóxica e laboral que está a dar moi bos resultados. Tanto é así que se disparou no último ano un 45% a declaración e diagnóstico de enfermidades profesionais.

Condeado un servizo de prevención por neglixencia

02-03-2016 - Sentenza

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra confirmou a condea a un servizo de prevención polo falecemento, debido a unha enfermidade pulmonar agravada polo contaxio por lexionela na empresa, dun traballador dunha granxa. O Tribunal ratificou que no caso se produciu unha falta evidente de vixilancia da saúde dos problemas respiratorios do traballador. Así mesmo, desestimou os recursos presentados polo servizo de prevención e pola granxa, que deberán aboar de forma solidaria 274.780 euros á familia do falecido.

Segundo o Tribunal Supremo a “pausa do bocadillo” non gozada debe ser retribuída, pero non como hora extra.

17-02-2016 - TRIBUNAL SUPREMO

Dita pausa é un período de descanso non gozado pero que entra dentro do tempo máximo de traballo que se conveu colectivamente. Por iso correspóndelle, ademais da retribución ordinaria incorporada ao soldo mensual por ter a pausa do bocadillo consideración de tempo efectivo de traballo, unha retribución complementaria, pero que non é xornada extra.

A agravación dunha enfermidade silente é accidente de traballo

16-02-2016 - TRIBUNAL SUPREMO

Conclúe a Sentenza que “procede estimar o recurso por ser doutrina reiterada desta Sala a de que é constitutiva de accidente laboral toda agravación de calquera enfermidade preexistente que sufra o traballador e se produza con ocasión do accidente, cal se deriva do disposto no artigo 115-2-f) da L.G.S.S”

A Inspección de Traballo recoñece un ictus ocorrido no traballo como accidente de traballo

15-02-2016 - ACCIDENTE DE TRABALLO

A Inspección de Traballo e Seguridade Social, considerou como accidente laboral o ictus cerebral que sufriu un avogado da asesoría xurídica do Servizo Madrileño de Saúde, e que derivou no seu falecemento, tres meses e medio despois.

Unha sentenza do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo defende que está xustificado que unha empresa lea e inspeccione os correos electrónicos dun traballador

10-02-2016 - TRIBUNAL DEREITOS HUMANOS ESTRASBURGO

A sentenza di que non hai vulneración da privacidade porque as mensaxes de contido privado foron enviadas durante o horario laboral a través de ferramentas corporativas e que, ademais, estaba prohibido expresamente pola normativa interna da compañía.

Condenados os cinco responsables dunha obra, cuxo promotor era o Ministerio de Fomento, pola súa responsabilidade nun accidente laboral ocorrido fai máis de dez anos

10-02-2016 - SENTENZA

Os feitos foron considerados constitutivos dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso cun delito de lesiones imprudentes. Os acusados aceptaron indemnizar conxunta e solidariamente ao traballador ferido con 47.138,86 euros e abonar os gastos de asistencia médica, máis os intereses legais.

Confirman a condena a un servizo de prevención por neglixencia na morte dun traballador que morreu en 2007 pola falta de vixilancia dunha enfermidade pulmonar agravada cunha pneumonía por lexionela

09-02-2016 - SENTENZA TSXN

A Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra confirmou a condena a Prevención Navarra e a Granxa Dos Hermanas, pola morte dun empregado que faleceu por unha enfermidade pulmonar por unha falta evidente de vixilancia na saúde do traballador e dos seus problemas respiratorios.

O uso das TIC e as últimas sentenzas xudiciais propiciaron grandes cambios na organización das empresas que abocan a que os traballadores estean cada vez máis vixiados

09-02-2016 - PSICOSOCIAL

Cada vez máis empresas aumentan o control empresarial sobre os dereitos dos traballadores: controlar o correo electrónico e WhatsApp, regular o uso do móbil persoal ou de empresa dos traballadores, examinar os tuits ou o uso das redes sociais son algúns dos novos retos aos que se enfronta a organización empresarial do século XXI e, de paso, os propios traballadores.

Palma de Mallorca: prisión para seis empresarios acusados de escravizar aos seus empregados

08-02-2016 - Laboral

Unha práctica empresarial cada vez máis estendida como consecuencia dá “relaxación” inducida dá ITSS e unha reforma laboral atroz e salvaxe que considera aos traballadores cidadáns sen dereitos laborais.

O Xulgado do Social nº 3 de Ourense considera a retinopatía dun pediatra accidente de traballo ao non demostrarse que se debese a unha causa non laboral.

04-02-2016 - SENTENZA FIRME

O Xulgado do Social número 3 de Ourense estimou a reclamación dun pediatra ao recoñecerlle que a retinopatía grave que sofre é consecuencia directa da tensión laboral derivada da súa excesiva cota de pacientes. A sentenza aplica o artigo 115.3 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social xa que nin o Sergas nin o INSS demostraron que dita patoloxía se debese a unha enfermidade laboral.

Un ferrallista que se esnaquizou a man traballando será indemnizado con 125.000 euros

04-02-2016 - SENTENZA AUDIENCIA PROVINCIAL

A Audiencia Provincial de Granada avalou a condena do dono dunha empresa de ferros da provincia polo accidente laboral que, en 2010, sufriu un traballador ao que se lle quedou atrapada unha man nunha máquina de cuxo risco non se lle advertiu. O empregado percibirá unha indemnización de 124.817 euros.

A Axencia Europea de Seguridade Alimentaria publicou unha carta aberta en defensa da avaliación que fixo do glifosato, ante as críticas recibidas por 96 investigadores.

03-02-2016 - SAÚDE

A axencia determinou que era “improbable” que o glifosato fose canceríxeno, en contra da opinión do Centro Internacional de Investigación do Cancro, dependente da OMS, que uns meses antes si o considerou como probablemente cancérixeno.

Inspección de traballo sanciona ao transportista cuio condutor morreu por un disparo tras unha discusión de tráfico con outro condutor.

03-02-2016 - INSPECCIÓN DE TRABALLO

Ao transportista granadino impútaselle unha infracción grave con multa de 2.046 euros por non realizar a avaliación de riscos psicosociais ao condutor falecido para determinar a súa tensión laboral previa ao suceso.

A Audiencia Provincial absolve a exalcaldesa de Melide, Socorro Cea, polo accidente dun traballador municipal

21-01-2016 - SENTENZA

Os feitos ocurriron en marzo de 2009, e con anterioridade ao accidente laboral, Socorro Cea, alcaldesa de Melide nesas datas, xa impulsara a tramitación dun Plan de Prevención de Riscos Laborais, circunstancia que foi valorada pola Audiencia á hora de absolvela de toda responsabilidade no accidente do operario.

Un xuízo por un grave accidente laboral celebrouse 16 anos despois

19-01-2016 - SENTENZA

En xullo do 99, tres traballadores que non estaban dados de alta na Seguridade Social, caeron dunha altura de cinco metros cando preparaban unha instalación de feria, polo que sufriron graves lesións e padecen secuelas incapacitantes para unha vida laboral ordinaria. A pesares das graves consecuencias o caso non chegou á Fiscalía ata o ano 2008. Os delitos xa estaban prescritos, polo que pediu o arquivo, ao se sumou a defensa dos acusados e a aseguradora da atracción. No seu día o xuíz arquivouno, pero a Audiencia ordenou reabrir o caso.

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ratifica como accidente laboral o suicidio dun traballador

15-01-2016 - Sentenza

O fallo conclúe que existiu un "nexo causal entre a acción suicida e as circunstancias acaecidas na relación laboral, non acreditándose outros factores personais alleos ao seu ámbito laboral que puideran ter incidido na decisión". Así mesmo, indícase que a relación entre decisión de suicidarse e os problemas do empregado no traballo é "clara" e "non pode tildarse de ilóxica ou arbitraria". O home saltou fronte a un tren en marcha logo de que se lle abrise un expediente disciplinario na empresa na que traballaba.

Tres anos sen unha resolución na intoxicación por mercurio en Asturiana de Zinc

14-01-2016 - ACCIDENTE LABORAL

O 2 de decembro de 2012, 50 traballadores sufriron unha intoxicación masiva por mercurio no accidente laboral por envelenamento de metais pesados máis grave rexistrados en Europa nos últimos trinta anos. O accidente produciuse na parada técnica da planta de tostación número 4 da empresa Asturiana de Zinc (Azsa).

O xerente de Gamesa e o técnico de prevención condenados por un accidente laboral ocurrido en 2009

11-01-2016 - SENTENZA

A xuíza do Penal 2 de Ferrol condenou ao xerente de Gamesa, e ao técnico responsable da seguridade laboral da empresa, a pena de seis meses de prisión e multa de 2.160 euros, como autores dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións por imprudencia grave. Declárese tamén a inhabilitación especial dos acusados por un período de seis meses para exercer funcións de xerente e técnico de prevención, respectivamente.

No Reino Unido morren cada ano 13.000 persoas por enfermidades pulmonares ou cancro de orixe laboral

29-12-2015 - SAÚDE LABORAL

O último informe estatístico publicado polo Health and Safety Executive (HSE), máxima autoridade no campo da saúde e a seguridade laboral no Reino Unido indica que estas cifras son atribuíbles a exposicións pasadas, fundamentalmente a sustancias químicas, e obtivéronse non só directamente (contando casos) senón tamén a partir de fontes que inclúen suficientes datos como para permitir estimacións estatísticas fiables.

A empresa automobilística Audi introduce luvas médicas para mellorar a ergonomía nas súas cadeas de montaxe.

28-12-2015 - SAÚDE LABORAL

A empresa automobilísitica Audi prevé introducir no vindeiro ano o uso por parte dos operarios dunhas luvas especiais para as actividades industriais en serie, propias das cadeas de montaxe. No caso dos/as traballadores/as dedicados/as á colocación das portas nos coches, fan un promedio de instalación de 300 molduras por quenda, o que supón un notable sobre-esforzo para as súas mans e pulso.

Técnico de prevención e director condenados a unha multa de 5.400 € pola morte dun traballador

16-12-2015 - SENTENZA

O director da empresa e o técnico de prevención foron condenados como autores de senllos delitos contra os dereitos dos traballadores, en modalidade imprudente, e de homicidio por imprudencia grave tras o acordo ao que chegaron antes da celebración da vista oral o fiscal e a representación legal dos acusados.

Un estudo, no que participa a Universidade Pompeu Fabra destaca que, a medida que aumenta a inestabilidade laboral, aumenta o empeoramento da saúde mental dos traballadores.

09-12-2015 - PSICOSOCIAL

O estudo destaca que, a medida que aumenta a inestabilidade laboral, aumenta tamén o empeoramento da saúde mental, chegando a triplicar a incidencia respecto dos grupos con empregos máis estables e afecta máis a mulleres que a homes.

Xapón recoñece o primeiro caso de cancro dun empregado de Fukushima

03-12-2015 - HIXIENE

O goberno de Xapón recoñeceu en outubro o primeiro caso de cancro relacionado directamente co desastre nuclear de Fukushima de 2011, no que os reactores da central foron inundados tras o terremoto e o posterior tsunami.

Condenados 6 mandos de obra por non facilitar as medidas de seguridade

03-12-2015 - SENTENZA

O Xulgado do Penal número 2 de Almería condenou a un ano de prisión e unha multa de sete meses a razón de 12 euros diarios ao promotor da obra, o representante dunha das subcontratas, o encargado da obra, a coordinadora en materia de seguridade, o arquitecto e director dos traballos, e o aparellador e encargado de execución, por un delito contra os dereitos dos traballadores por non facilitar os medios adecuados para a seguridade no traballo.

A Audiencia Provincial de Palencia condena a un alcalde por un accidente laboral

02-12-2015 - SENTENZA FIRME

A Audiencia Provincial de Palencia ratificou unha sentenza ditada polo Xulgado do Penal de Palencia, que condenou ao alcalde de San Mamés de Campos, á pena de tres meses de prisión e 540 euros de multa como autor responsable dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso de normas cun delito de lesións imprudentes, como consecuencia dun accidente laboral ocorrido en 2012.

Dous administradores dunha empresa condenados pola morte dun traballador que estaba sen contrato nin alta na Seguridade Social.

30-11-2015 - SENTENZA

O Xulgado do Penal número 1 de Almería condenou aos dous administradores a penas de seis meses de prisión e inhabilitación especial para o exercicio da profesión de empresario durante un ano e medio, pola morte dun traballador, que se atopaba limpando unha carretilla que permanecía elevada.

Segundo un estudo das universidades de Harvard e Stanford os traballos estresantes acurtan a vida ata tres anos

26-11-2015 - SAÚDE LABORAL

Ditas universidades cuantificaron canto pode reducir a túa esperanza de vida traballar nun lugar estresante. O estudo suxire que a cantidade de vida perdida é equivalente á tensión; aínda que o seu dano varía coa raza, nivel educativo e xénero en ata case tres anos de vida.

Por qué vai traballar a xente estando enferma?

19-11-2015 - SAÚDE LABORAL

Na investigación levaron a cabo un metaanálise de 61 estudos anteriores cun total de 175.960 participantes e detectaron severidade en empresas respecto das ausencias, aínda que estivesen xustificadas. Outro dos achados da investigación é que este comportamento xorde moitas veces dun gran sentido de compromiso coa empresa, algo que motiva a dar ese esforzo extra que atenta contra a propia saúde e contra os intereses da propia empresa, porque pode espallar a doenza a outros traballadores/as.

Arcelor é condenada polo falecemento dun traballador vítima dunha enfermidade profesional por exposición ao benceno.

11-11-2015 - SENTENZA

A sentenza do Social nº 2 de Avilés considera probado que "dende o ano 2007 ata finais de 2010 ou principios de 2011 estivo exposto sen a protección adecuada ao benceno no seu posto de traballo".

Relaciónase a exposición a pesticidas cun maior risco de desenrolar diabetes

10-11-2015 - HIXIENE

Segundo un estudo da UniversidadE de Ioannina e do London Imperial College, a exposición a calquera tipo de pesticida supón un 61% máis de probabilidades de padecer diabetes. Esta é a conclusión tras revisar 21 estudos previos sobre un total de 67.000 casos.

Un estudo da Fundación Mapfre e AEPSAL dá como resultado que os/as traballadores/as sofren o dobre de accidentes de tráfico cando van traballar que cando voltan del.

12-11-2015 - SEGURIDADE

Os/as traballadores/as do Estado español sofren o dobre de accidentes de tráfico no seu traxecto de ida ao traballo (un 64%) que á volta (33%), segundo un estudo da Fundación Mapfre, no que se analizaron datos do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT). O 21% destes accidentes prodúcense en luns, baixando esta porcentaxe nos outros días da semana.

A precariedade laboral triplica os problemas de saúde mental

30-10-2015 - PSICOSOCIAL

A precariedade laboral, -entendida como un conxunto de factores nos que se inclúe a temporalidade no emprego, a imposibilidade de decidir sobre as condicións de traballo, a vulnerabilidade ante os abusos, os baixos salarios e a insuficiencia de dereitos-, inflúe negativamente na saúde xeral e na saúde mental dos traballadores.

No Estado o tabaco cousou preto de 166 mortes ao día en 2012

26-10-2015 - SAÚDE

Segundo revelan os resultados do estudo "Impacto do consumo de tabaco sobre a mortalidade en España no ano 2012" as mortes a consecuencia do consumo de tabaco en España supoñen o 15,23% do total. En concreto, esta investigación levada a cabo por epidemiólogos e investigadores de Castela León e Madrid conclúe que durante ese ano alcanzouse o pico máis alto de mortalidade por tabaquismo, alcanzando os 60.456 falecementos.

Primeiro Francia, e agora é California a que se suma e etiqueta de canceríxeno ao herbicida máis utilizado no Estado

23-10-2015 - SAÚDE

A ministra de Ecoloxía de Francia anunciou en xuño que prohibiría a venda do glifosato, comercializado como Roundup, tras as evidencias dos seus efectos canceríxenos. Agora é o estado de California o que etiqueta o glifosato como produto canceríxeno. No Estado, onde é o herbicida máis vendido e utilizado, o Ministerio de Agricultura non se pronuncia e dende 2009 favorece a súa utilización en cultivos en todo o territorio nacional.

No Estado morre unha persoa en accidente laboral de tráfico cada dous días

21-10-2015 - SEGURIDADE

Segundo un informe da Fundación Mapfre, elaborado con datos do INSHT, cada dous días morre un traballador en accidente de tráfico durante a súa xornada laboral. A metade do total de accidentes mortais de traballadores son de tráfico.

As leis antitabaco apenas reduciron o consumo no ámbito laboral

06-10-2015 - SAÚDE

O último informe do Observatorio Español da Droga e as Toxicomanías sobre consumo de sustancias psicoactivas no ámbito laboral en España sinala que aínda fuman a diario un 34% dos traballadores, unha cifra similar á de 2007, cando entraron en vigor as primeiras lexislacións que restrinxiron o consumo e comezaron a realizarse este tipo de estudos.

Prioridades de investigación para reducir a carga da saúde mental

08-10-2015 - PSICOSOCIAL

O proxecto ROAMER (Roadmap for Mental Health Research in Europe), -coordinado polo Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM), dependente do Instituto de Saúde Carlos III- desenrolou unha ampla folla de ruta para a investigación en saúde mental en Europa

Confirmada a condea dun ano de prisión para o ex-xerente do OUFF por acoso moral a unha traballadora.

01-10-2015 - Sentenza

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense ven de desestimar o recurso de apelación interposto pola defensa do que foi xerente do Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, e confirma integramente a Sentenza do Xulgado do penal nº 2, de 27 de marzo de 2015, que o condenou a seis meses de prisión por cada un dos delitos declarados probados: contra a integridade moral (artigo 173.1, parágrafo 2 do C.P.) e de lesións psíquicas (artigo 147.1 C.P.), con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo que dure a condena. Así mesmo, deberá indemnizar á traballadora acosada, con responsabilidade civil subsidiaria do Concello de Ourense. Esta Sentenza da Audiencia Provincial é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso algún.

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco considera que unha recaída é accidente laboral

21-09-2015 - SENTENZA

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) recoñeceu como accidente de traballo o período de baixa que o traballador dunha empresa subcontratada por Cegasa padeceu durante case dous anos. A mutua terase que facer cargo da súa prestación.

Computa como tempo de traballo o desprazamento dende o domicilio ata o traballo para os traballadores/as que carecen de posto fixo

16-09-2015 - sentenza

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea, indica que o desprazamento que realiza un trababallador/a sen posto de traballo fixo entre o seu domicilio e o primeiro ou o último cliente se considera tempo de traballo. O Tribunal considera que "dado que os desprazamentos son consustanciais á condición deste tipo de traballador/a, o lugar de traballo destos traballadores/as non pode reducirse aos lugares de intervención física nos domicilios ou establecementos dos clientes do empresario/a".

Condeados por non adoptar medidas “máis aló de esixencias regulamentarias” para impedir un accidente laboral

02-09-2015 - Accidente laboral

A Sala do Social do TS condenou a unha empresa de traballo temporal por non adoptar as medidas necesarias para impedir o accidente dunha traballadora. Na sentenza, afirmase que corresponde á traballadora, segundo as súas posibilidades, observar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade. Así mesmo, a empresa debe realizar unha vixilancia idónea sobre o cumprimento por parte dos traballadores das normas de prevención, "non tratándose dunha mera obrigación formal que se cumpra justificando posuír uns detallados plans de seguridade e saúde se non se constata que os mesmos son efectivamente aplicados e que os concretos traballadores foron plenamente instruídos, nin basta con entregar equipos de protección ou outros medios adecuados se non se vixía eficazmente a súa utilización tolerando o seu non emprego ou o seu inadecuado uso".

O traballo en exceso pode ser motivo de accidente cardiovascular

01-09-2015 - Saúde laboral

Segundo un estudo publicado pola revista The Lancet, o risco de sufrir un accidente cardiovascular é maior entre aqueles que traballan 55 horas ou máis á semana, que entre os que teñen unha xornada laboral de 35 ou 40 horas semanais. A directora deste traballo de investigación, profesora de Epidemioloxía na University College London, indica que para chegar a esta conclusión se avaliaron máis de corenta investigacións divididas en dous grupos de estudos.

A calor durante a xornada de traballo

29-07-2015 - Seguridade

No verán moitos/as traballadores/as realizan as súas tarefas no exterior. Ás elevadas temperaturas, hai que engadir a acumulación de calor corporal xerado na actividade física. A exposición á calor pode ter como consecuencias erupción na pel, edema nas extremidades, queimaduras, cambras musculares, deshidratación, agotamiento, ... e o golpe de calor. Deixamos aquí uns consellos básicos para combater os efectos da calor.

Exposición a químicos e cancro de orixe laboral

27-07-2015 - Hixiene

Un estudo realizado por 174 científicos de 28 países, no que se analizaron os efectos de 85 substancias químicas de uso frecuente, conclúe que un de cada cinco cancros podería estar provocado pola exposición a doses baixas de varias substancias químicas, o que se coñece como efecto cóctel. Así mesmo, nun traballo realizado polas Unidades de Prevención de Riscos Laborais dos Hospitais Universitarios de Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e polas Unidades Docentes de Mediciña do Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e da Comunidade Autónoma de Madrid, verifícase a asociación entre a exposición a determinados axentes químicos no ámbito laboral e o cancro de pel.

Condea dun ano de cárcere para o director dunha fábrica por non poñer os medios precisos para evitar que 35 traballadores enfermaran de silicose

22-07-2015 - sentenza

O exdirectivo (a fábrica de sanitarios pechou) foi condeado como autor de 35 delitos de lesións por imprudencia grave e outro contra os dereitos dos traballadores. A pena ascende a un ano e tres meses de cárcere, así como ao abono de 2,4 millóns de euros aos empregados. O xuíz do Xulgado do Penal número 1 de Valencia, apreciou a "atenuante moi cualificada de dilacións indebidas" o que supuxo a redución da condea. Neste proceso tamén foron condeadas as empresas Cerámicas Sanitarias Reunidas e Uralita como responsables civiles subsidiarias.

Reducir a protección dos traballadores/as permite reforzar o crecemento do emprego?

21-07-2015 - OIT

O recente informe da OIT "Perspectivas sociais e do emprego no mundo 2015: o emprego en plena mutación", analiza datos recollidos ao longo de 20 anos, de 63 países entre os que están as economías máis avanzadas, así como países de África, Asia e América Latina. No informe constátase que a redución da proteción a traballadores/as non estimula o crecemento do emprego.

Prohibida a venda libre de glifosato en Francia por canceríxeno

17-07-2015 - SAÚDE

O glifosato foi considerado como "probable canceríxeno" o pasado mes de marzo pola Axencia Internacional de Investigación do Cancro, dependente da Organización Mundial da Saúde. O ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, polo de agora non tomou medida algunha. En Francia a ministra de Ecoloxía anunciou que propoñerá a prohibición da venda libre do herbicida.

Condea de nove meses e tres de prisión por homicidio imprudente e un delito contra os dereitos dos traballadores/as

16-07-2015 - sentenza

O Xulgado do Penal 2 de Vigo acolleu a vista de conformidade deste caso, no que os acusados, tres arquitectos, tres aparelladores, o xefe de obras da construtora e o encargado de obras do edificio, aceptaron a condea. O suceso tivo lugar en 2009, nas obras de construción dun edificio, cando unha limpadora se precipitou ao valeiro dende unha altura de máis de sete metros ao pisar un falso chan de lana de roca, falecendo a consecuencia das feridas sufridas; o falso chan estaba situado nun oco que non tiña ningún tipo de sinalización.

Catro de cada dez traballadores falecen debido a un accidente in itínere

15-07-2015 - Seguridade

Segundo datos do Ministerio de emprego e Seguridade Social, durante o ano 2014 producíronse 65.201 accidentes in itínere, aqueles que se producen ao ir ou vir do traballo, un 2,3% máis que no ano 2013. Os accidentes in itínere supoñen o 13,51% do total dos accidentes laborais que causan baixa. Engadindo a estos os accidentes in mision, que son os sufridos polo traballador/a nos traxectos que realiza para cumprir coas súas obrigas no traballo, obtemos que entre os dous estamos a falar do 20,55% do total dos accidentes laborais.

Os traballadores/as de oficiña deberían traballar de pe parte da súa xornada

13-07-2015 - Ergonomía

Esta afirmación derívase dun estudo encargado polas autoridades británicas de Saúde Pública, elaborado por expertos do Reino Unido, EEUU e Australia. Segundo este traballo, debería producirse unha revolución nos lugares de traballo, de xeito que se introducisen mesas que permitisen traballar tanto de pe como sentado; segundo se estima neste estudo, o tempo mínimo para permanecer de pe no traballo debe ser de dúas horas, e o ideal catro horas.

Síndrome da fatiga informativa

03-07-2015 - PSICOSOCIAL

A síndrome Síndrome de Fatiga Informativa (IFS) dáse en persoas que tenden a manexar grandes cantidades de información procedente de libros, revistas, xornais, correos electrónicos, móbiles e sobre todo redes sociais. Os síntomas máis destacados deste son: estrés, ansiedade, confusión, problemas de atención e concentración, dificultade para a análise e a toma de decisións, superficialidade e danos nas relacións persoais.

Responsables dunha construtora condeados por accidente laboral

01-07-2015 - SENTENZA

O administrador dunha empresa e o arquitecto e coordinador de seguridade condenados a pagar unha multa de 2.730 euros por un delito contra os dereitos dos traballadores de imprudencia grave con resultado de lesións.

O emprego do teléfono móbil

24-06-2015 - Ergonomía

Manter unha boa postura é fundamental para evitar problemas de saúde. No caso dos traballos sedentarios, as malas posturas poden dar lugar a dores de espalda, de cabeza, fatiga visual e cansanzo crónico entre outros. A día de hoxe, o teléfono móbil ou smartphone ten un espazo moi importante na nosa vida tanto como ferramenta de traballo como na nosa vida fora do traballo. O emprego que facemos del pode ter consecuencias importantes dende o punto de vista ergonómico, xa que a postura que adoptamos para consultalo ou traballar con él supón unha presión sobre as vértebras do pescozo. Presión que pode dar lugar a dores de cabeza e lumbares.

Repunta o absentismo laboral

18-06-2015 - SAÚDE

O IV informe Adecco sobre absentismo indica que as taxas de absentismo laboral repuntan por primeira vez en seis anos, pasando do 4,1% no 2013 ao 4,4% no 2014. Cuestión a ter en consideración sobre o absentismo laboral é a análise que as empresas fan do mesmo: cando se investiga, case sempre se analiza ao traballador/a de xeito illado, sen ter en conta factores da organización interna da empresa como as relacións laborais, a carga de traballo, a xornada ou as condicións salariais.

As nanopartículas e a flora intestinal

12-06-2015 - Hixiene

Un estudo publicado na revista Environmental Engineering Science atopou que os nanomateriales de óxidos metálicos, como o dióxido de titanio, empregado en alimentos, caramelos, protectores solares e outros cosméticos, "provocaron cambios significativos, non letais" na flora microbiana do intestino humano. Os científicos expresaron a súa preocupación de que tales cambios "poden estar relacionados cos efectos na saúde en xeral."

A Sentenza 5221/2014 do Tribunal Supremo declara o síndrome do túnel carpiano bilateral dunha limpadora como enfermidade profisional

08-06-2015 - XURISPRUDENCIA

O 5 de novembro de 2014 a Sala do Social do Tribunal Supremo cualificou como enfermidade profesional a Síndrome do Túnel Carpiano Bilateral padecido por unha limpadora.

Suecia prepara o seu rexistro de nanomateriais

05-06-2015 - Hixiene

Ante o escaso interese que amosa a Comisión Europea en crear un rexistro europeo de nanomateriais, Suecia sigue o camiño de Francia, Dinamarca e Bélxica e da un paso adiante cara a creación do seu rexistro de nanomateriais, encargando traballo á Axencia Sueca para as Substancias Químicas (KEMI) o deseño deo mesmo.

Recargo de prestacións en caso de sucesión de empresas II

03-06-2015 - sentenza

Nesta sentenza o Alto Tribunal cambia de criterio en relación a unha sentenza anterior (sentenza de 28 de outubro de 2014 sobre un caso similar) tras “unha meditada reconsideración da cuestión”, entendendo que a transmisión da responsabilidade non só opera respecto das prestacións causadas no momento de producirse a sucesión, senón tamén respecto das que estén pendentes de recoñecer e das que se están xerando, con independencia de que a data de recoñecemento da prestación sexa posterior á data de sucesión.

Recargo de prestacións en caso de sucesión de empresas I

02-06-2015 - sentenza

O caso corresponde a un traballador falecido a causa de enfermidade profesional, asbestose, recoñecida con posterioridade á sucesión na titularidade das empresas nas que exerceu a súa labor profesional .A xurisprudencia establece que nos casos de sucesión de empresas, a responsabilidade que conleva o recargo de prestacións, calquera que sexa o momento da súa declaración, é intransferible pola vía da sucesión da empresa.

Alerxias respiratorias

01-06-2015 - Saúde laboral

A rinite alérxica afecta entre un 10% e un 20% da poboación nos países industrializados; os diagnósticos de asma incrementáronse entre un 4% e un 10%. Curiosamente, as alerxias son máis frecuentes nas cidades que nas zonas rurais, a pesares de existir menos cantidade de polen nas primeiras. A mestura de contaminación e polen de determinadas especies está detrás deste fenómeno.

Novo criterio do Tribunal Supremo para baremar a indemnización nun accidente de traballo

29-05-2015 - sentenza

O noso corpo no seu conxunto e cada unha das súas partes en particular, ten un "valor económico" cuias cuantías poden consultarse no Boletín Oficial do Estado. A cuantía axústase en función de valores como a idade, o tamaño da rede familiar máis achegada e os ingresos. No caso dos accidentes laborais, hai un valor fixo para as lesións de carácter definitivo non invalidantes, é decir aquelas que non teñen cura pero que non impiden seguir traballando; ademáis da valoración destas lesións, que corre a cargo da Mutua, pódese reclamar danos e prexuízos por responsabilidade civil derivados dun accidente de traballo; para este fin, recúrrese como referencia de xeito habitual ao baremo de tráfico, disposición legal de referencia que permite establecer os valores de indemnización .

2,3 millóns de traballadores morren cada ano por accidente ou enfermidade laboral

27-05-2015 - OIT

Segundo a OIT, cada ano sofren lesións profesionais non mortais máis de 313 millóns de traballadores e traballadoras, o que equivale a 860.000 persoas feridas no traballo a diario. A cifra de mortes a causa de accidente de traballo ou enfermidade profesional ronda os 2,3 millóns, 6.400 persoas cada día.

Comercio responsable de minerais na UE

26-05-2015 - Saúde

A Eurocámara votou a favor de endurecer as medidas contra a venda de minerais que fiancian conflitos. Preténdese obrigar a tódalas empresas da cadea de produción a identificar a procedencia dos materiais cos que comercian, o que afecta a unhas oitocentas mil empresas europeas. Os parlamentarios endureceron o texto proposto pola Comisión Europea que propoñia a realización dunha autocertificación voluntaria para o comercio responsable de minerais na UE e que só afectaría a unhas vinte empresas europeas.

A extensión da inseguridade no mercado laboral

25-05-2015 - OIT

A OIT ven de publicar o informe “Perspectivas sociais e do emprego no mundo en 2015”, no que por exemplo se indica que só unha cuarta parte dos traballadores e traballadoras do mundo teñen un emprego estable; o resto están empregados a través de contratos temporais, traballan en empregos informais sen contrato, en empresas familiares sen recibir remuneración ou por conta propia.

O 73% dos españois ten astenia por estrés, traballar moitas horas e durmir pouco

22-05-2015 - SAÚDE

O 73 por cento dos españois sente "astenia", que se traduce en falta de vitalidade e enerxía. Non durmir suficientes horas, o estrés e traballar moito son causas desta astenia que inflúe negativamente na vida laboral, social e familiar.

Campañas da Inspección de Traballo en Ontario

15-05-2015 - Saúde laboral

O Ministerio de Traballo de Ontario ten estabelecida unha estratexia denominada “Seguridade no Traballo Ontario” que pretende concienciar sobre os riscos nos lugares de traballo. O Ministerio anuncia con antelación o obxectivo a inspeccionar, sen indicar os lugares de traballo sobre os que se materilizará a inspección. O fin último destas campañas é fortalecer o cumprimento da Lei de Seguridade e Saúde e os regulamentos asociados.

Condea para a responsable de obra de empresa contratista e encargado de empresa subcontratada

07-05-2015 - sentenza

O Xulgado do Penal de Alcalá de Henares condeu á responsable de obra da empresa contratista e ao encargado da empresa subcontratada a indemnizar conxunta e solidariamente cunha cantidade cercana aos 800.000 euros a un traballador que sufriu un accidente laboral; así mesmo condea á responsable de obra a 4 meses e medio de prisión e ao encargado da empresa subcontratada a 3 meses de prisión.

Sobre a presenza dos nanomateriais nos alimentos

24-04-2015 - HIXIENE

A UITA, Unión Internacional de Traballadores da Alimentación, advirte do aumento da utilización de nanomaterias na industria alimentaria e da falta de métodos existentes para valorar os riscos que isto pode supoñer para os traballadores, os consumidores e o medio ambiente

O incumprimento reiterado dunha prohibición pode xerar responsabilidade empresarial pola non observación no deber de vixilancia

22-04-2015 - SENTENZA

A Sala Social do Tribunal de Xustiza de Madrid confirma unha sentenza que impuña recargo de prestacións polo accidente dun traballador que sufriu un accidente cando se desprazaba sobre unha carretilla elevadora, sendo esta unha práctica prohibida na empresa, pero que se realizaba de xeito habitual e non era sancionada pola mesma.

O custo das enfermidades causadas polos disruptores endocrinos na Unión Europea

20-04-2015 - Hixiene

Científicos e expertos valoran que os custos para a sáude dos cidadáns europeos derivados da exposición a substancias químicas roldan os 157.000 millóns de euros anuais. Entre os custos valoranse os que se consideran directos, relacionados cos coidados médicos, e os indirectos, entre os que estarían a produción perdida, a morte prematura ou a discapacidade.

Acoso laboral en Europa

17-04-2015 - PSICOSOCIAL

O Observatorio Europeo de Vida Laboral, creado pola Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo, publicou un informe sobre as distintas formas de acoso na Unión Europea.

Acordo no Congreso para prestar atención aos intoxicados por mercurio en Avilés no 2012

13-04-2015 - Accidente laboral

No accidente que tivo lugar en novembro e decembro do 2012 resultaron intoxicados 50 traballadores da sbcontrata IMSA por mercurio mentras estaban a realizar traballos de mantemento nas instalacións de AZSA. No acordo ínstase ao Goberno a adoptar medidas en relación ao tratamento médico e á investigación dos efectos da intoxicación sobre a saúde dos traballadores afectados.

As enfermidades vasculares son a segunda causa de morte nos accidentes de traballo

08-04-2015 - SAÚDE

As enfermidades cardiovasculares son xa a segunda causa de morte en accidente de traballo, representando ao redor do 31% do total das mortes producidas en xornada laboral e supoñendo cerca de 23.000 baixas laborais anuais, cun custe estimado para as empresas de 2.500 euros por traballador e ano.

Ser adicto ao traballo non implica obter mellores resultados

08-04-2015 - PSICOSOCIAL

Nunha investigación na que participou a UNED sobre unha mostra de emprendedores/as, resultou que os adictos/as ao traballo, conseguiron peores resultados nos seus negocios que aqueles/as que eran capaces de desconectar.

Sentenza condenatoria para un empresario por un accidente en traballos iniciados sen estar aprobado o plan de seguridade

25-03-2015 - sentenza

O xulgado do Penal de Soria condeou a un empresario a nove meses de cárcere como autor dun delito contra a seguridade dos traballadores e dous de lesións por imprudencia. Asl mesmo na sentenza recóllese a inhabilitación durante un ano e medio para o exercicio da profesión de construtor. Ademais deberá aboar unha multa de 540 euros e unha indemnización de 3.693, 92 euros ao traballador accidentado de forma conxunta coa compañía de seguros e coa empresa da que era administrador único.

Europa recoñece un risco limitado na exposición ao bisfenol A pero non ofrece alternativas ao seu uso

19-03-2015 - Saúde

Na actualidade estase a producir un debate aberto no seo da comunidade científica sobre o nivel de bisfenol A (BPA) ao que está exposta a poboación, e os posibles efectos desta exposicón para a saúde. Se ben e certo que o devandito compoñente podería ter efectos específicos no metabolismo e no aumento de peso, no desenvolvemento das glándulas mamarias e no comportamento e a ansiedade, os resultados das investigacións previas até agora realizadas non resultan concluíntes nin definitivos, o que está a xerar unha importante controversia.

Detidos os compañeiros de brigada dun traballador falecido en accidente laboral

17-03-2015 - Accidente laboral

O pasado 1 de febreiro o electricista falecido reparaba unha avaría nun poste eléctrico de media tensión; cando estaba na parte superior do poste, sufriu unha descarga a consecuencias da que caeu dende 14 metros de altura e faleceu. A finais do mes de febreiro, no marco dunha operación denominada “Imprudente”, a Garda Civil procedeu a detención de tres traballadores, compañeiros do falecido, como presuntos autores dun delito de homicidio imprudente, así como de un delito contra o dereito dos traballadores.

A crise económica e a reforma laboral teñen incrementado exponencialmente os riscos psicosociais

16-03-2015 - PSICOSOCIAL

Segundo o estudio "Prevención participativa dos Riscos Psicosociais Emerxentes en Pequenas e Medianas Empresas" financiado pola UE, a reforma laboral como excusa da crise económica mundial ten producido unha fonda desregulación do mercado laboral así como unha flexibilización a ultranza do mercado de traballo, o que sumado á precarización laboral e á perda de dereitos, xunto coa incorporación de novos sistemas de organización e a continua incorporación de novas tecnoloxías de produción está a producir un importante incremento dos riscos laborais nas pequenas e medianas empresas.

Condea para os responsables dunha obra na que quedou sepultado un traballador

13-03-2015 - sentenza

O accidente produciuse cando un traballador foi sepultado por unha parede vertical dunha zanxa nas obras que se executaban na Praza de España en Ferrol en xuño do ano 2006. Agora o Xulgado do Penal número 1 condea aos acusados no proceso. Así, o xerente de Emafesa foi condeado a tres meses de prisión e unha multa de tres meses a razón de nove euros diarios por un delito contra os dereitos dos traballadores e outros seis meses de cárcere por un delito de lesións imprudentes; o xefe do departamento técnico e de explotación de Emafesa así como o xefe, o encargado e o capataz de obra de Abeconsa resultaron condeados por lesións imprudentes a seis meses de cárcere. Ademáis todos resultaron inhabilitados durante seis meses para o exercicio da profesión, oficio e cargo que conleve funcións en materia de prevención de riscos e seguridade dos traballadores no ámbito da construción. O administrador de Coypar foi condeado por unha falta de lesiones imprudentes a multa de 25 días con cuota diaria de 9 euros.

Os Estados Membros e o Parlamento Europeo adhírense á denuncia presentada por Suecia contra a Comisión Europea ante o Tribunal de Xustiza

10-03-2015 - HIXIENE

A Comisión Europea tiña a encomenda de establecer os criterios para a regulación dos disruptores endocrinos antes de que rematase o 2013. Pasado este prazo sen ter feito o traballo, Suecia denunciou o caso por retraso indebido na actuación ante o Tribunal de Xustiza.

Cancro de mama: Os investigadores deixan a un lado demasiado a miúdo a súa posible relación co traballo

04-03-2015 - Hixiene

A Asociación Americana de Saúde Pública (APHA), publicou a principios de xaneiro un documento de posición no que solicita o recoñecemento do carácter profesional de certos tipos de cancro de mama. Esta organización que conta con 30.000 membros en todo o mundo, denuncia a falta atención aos resultados de estudos recentes que vinculan o incremento das taxas de cancro de mama á exposición a sustancias químicas no traballo.

O esgotamento vital e as enfermidades cardíacas

04-03-2015 - Psicosocial

Segundo unha recente investigación as persoas que se sinten “queimadas” polo traballo ou polas actividades diarias que desenvolven, son máis propensas a padecer enfermidades cardíacas; así os/as que sufren o que se coñece como “esgotamento vital”, mestura de fatiga, irritabilidade e desmoralización, teñen un risco 36 veces maior de pedecer algunha enfermidade cardíaca.

Das 6.000 substancias canceríxenas, mutáxenas ou tóxicas para a reprodución que circulan no mercado europeo, só 1.169 foron rexistradas no REACH.

03-03-2015 - Hixiene

Segundo os datos presentados polos fabricantes á Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos (ECHA), 5.675 substancias clasificadas como carcinóxenos, mutáxenas ou tóxicas para a reprodución (CMR) están a circular no mercado europeo, das cales só 1.169 foron rexistradas no REACH. O informe de BOTA de data 19 de xaneiro de 2015 comparou os datos proporcionados polos fabricantes na notificación da clasificación e etiquetaxe de substancias perigosas no CLP cos rexistros introducidos en virtude do REACH, tendo como resultado esa diferencia de rexistros.

Unha sentenza da Audiencia Nacional determina que os delegados de prevención teñen pleno dereito a recibir unha copia dos informes de accidentes realizados pola empresas

02-03-2015 - Sentenza

Segundo sentencia do 30/10/2014 da Sala do Social da Audiencia Nacional, en relación á demanda presentada contra a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A. e contra a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social Fraternidade Muprespa, por realizar prácticas que, cando se produce un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, inclúen a ocultación ou denegación do informe de investigación preceptivo aos delegados de prevención e aos representantes sindicais, estes sí teñen dereito a recibir unha copia dos informes de accidente realizados pola empresa.

Indemnización para un traballador dunha estación de servizo logo de ter sufrido unha agresión no traballo

24-02-2015 - Sentenza

O Tribunal Supremo declarou firme unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria na que se condena a unha estación de servizo a indemnizar con case 171.000 euros a un traballador que foi agredido e atracado por dous encapuchados que accederon á estación dende unha zona que non se atopaba correctamente iluminada. A Sala do Social do Tribunal Supremo non admitiu o recurso interposto pola empresa, á que o traballador lle reclamaba danos e prexuízos por este accidente laboral.

Absoltos dous construtores pola morte dun obreiro ao caer dunha escaleira

19-02-2015 - Sentenza

A Audiencia de Cantabria absolveu a dous socios dunha construtora que foran condenados anteriormente a dous anos de cárcere pola morte dun obreiro que caeu dunha escaleira, ao considerar que non se trata dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso con outro de homicidio imprudente, pois o traballador non empregou os medios de seguridade indicados por un dos acusados, xefe do departamento de obras e delegado de prevención de riscos laborais . Esta sentenza da Sección Terceira da Audiencia de Cantabria revoga unha anterior do Xulgado do Penal número 4 de Santander, que impuxo unha indemnización de 123.200 euros á viúva e filla do falecido, un fontaneiro de 62 anos.

A CIG participa no 10º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL.

06-02-2015 - 10 e 11 de febreiro de 2015

Os vindeiros días 10 e 11 de febreiro, terá lugar en Ourense a décima edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. A CIG estará presente a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e da organización da Xornada Formativa: "A acción da/o delegada/o de prevención: unha necesidade".

Un informe novo presenta modos de mellorar a prevención do cancro relacionado co traballo

06-02-2015 - EU-OSHA

Un informe da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no traballo (EU-OSHA) sobre o cancro relacionado co traballo ten o propósito de examinar os métodos de avaliación actuais. Ofrece recomendacións para solucionar as deficiencias existentes nos nosos coñecementos actuais, un labor crucial se desexamos mellorar a identificación e a prevención do cancro relacionado co traballo.

Ausencia de reunións de coordinación e fallos no Plan de Seguridade

05-02-2015 - SENTENZA

O Xulgado do Penal número 6 de Málaga ten condenado por dous delitos de lesións imprudentes a seis persoas relacionadas coas obras dun edificio de vivendas polo accidente laboral acontecido en abril de 2009, no que dous traballadores quedaron sepultados e resultaron feridos de diversa consideración.

Condenados a pagar 800.000 euros o xefe de obra da empresa contratista e o encargado da empresa subcontratada, responsables dun accidente laboral que ocasionou unha gran invalidez ao taballador accidentado

02-02-2015 - SENTENZA

O Xulgado do o Penal número 6 de Alcalá de Henares ten condenado ao xefe de obra da empresa contratista e ao encargado da empresa subcontratada como responsables de comisión dun delito contra os dereitos dos traballadores e lesións por imprudencia grave ao pagamento dunha indemnización de case 800.000 euros e a penas de prisión de 4 meses e medio no primeiro caso e de 3 meses no segundo.

Depresión no ámbito laboral -Informe da World Federation for Mental Health-

28-01-2015 - PSICOSOCIAL

A depresión é a principal causa de minusvalidez no mundo, afectando a máis de 350 millóns de persoas. Ademais dos síntomas máis coñecidos, como o baixo estado de ánimo, a depresión ten outros síntomas que afectan ás capacidades da persoa que a sofre: falta de concentración, indecisión ou problemas de memoria.

Un empresario acepta un ano e medio de cárcere por un accidente laboral cun falecido

26-01-2015 - SENTENZA

O accidente produciuse cando a vítima traballaba no interior dun colector que estaba a ser equipado para convertelo nun centro de transformación para parques solares. Nun momento dado, o cadro eléctrico que manipulaba, duns 300 kg de peso, desequilibrouse e derrubouse sobre o traballador. O transporte e posicionamento vertical do cadro realizouse coas pinzas dun touro, sen elemento ningún de fixación ou amarre.

Acoso laboral continuado como accidente de traballo

21-01-2015 - SENTENZA

Na sentenza o titular do Xulgado do Social número 1 de As Palmas de Gran Canaria, acepta a baixa por ansiedade dun traballador, derivado polo acoso laboral continuado da súa empresa, como incapacidade permanente e polo tanto recoñece o mobbing como accidente de traballo.

Sentencia do TSXPV: A depresión causada por un conflito co xefe é accidente de traballo

16-01-2015 - SENTENZA

Na sentencia do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco indícase que a incapacidade temporal da traballadora debida a un cadro de ansiedade e depresión consecuencia dun conflito prolongado co seu superior xerárquico, debe ser considerado accidente de traballo. Esta sentenza atende a un recurso de súplica da traballadora e revoca unha sentenza previa na que se consideraba a patoloxía sufrida como enfermidade común.

A Unión Europea desbota a creación dun rexistro de nanomateriais

15-01-2015 - HIXIENE

A Unión Europea considera insuficiente e pouco operativa a información proporcionada polos rexistros nacionais de nanomateriais existentes en Bélxica, Dinamarca e Francia, polo que inicialmente desbota creación dun destes rexistros a nível da UE.

Unha app para medir o estrés

29-12-2014 - PSICOSOCIAL

A Occupational Health Clinics for Ontario Workers (OHCOW), coa axuda do Centro Canadense para a Saúde e Seguridade Ocupacional (CCOHS), elaborou unha aplicación para teléfonos intelixentes (app) que permitirá ao usuario completar o Cuestionario Psicosocial de Copenhaguen (CoPsoQ) e obter os resultados automaticamente.

O goberno francés quere prohibir o uso do bisfenol A en envases de plástico en 2015

29-12-2014 - HIXIENE

Francia declarou a guerra ao bisfenol A. O Goberno presentou un informe ao Parlamento francés o 21 de novembro, no que se avaliaban os posibles substitutos para o bisfenol A. Numerosos estudos demostraron os efectos negativos para a saúde da exposición ao bisfenol A, sobre todo no fígado, os riles, o sistema reprodutivo e as glándulas mamarias.

Accidente laboral ou enfermidade común?

12-12-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Estúdase unha situación en que coinciden un accidente laboral e unha enfermidade común. A mutua considerou as dúas continxencias como unha soa, de carácter común. O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco sentencia que ao haber unha soa continxencia debe considerarse laboral.

Condena por falta de formación e medidas de protección colectivas e individuais

11-12-2014 - Accidente laboral

A Audiencia de Málaga confirmou a condena imposta por un xulgado a dous responsables dunha obra polo accidente laboral que sufriu un traballador, o cal resultou lesionado ao caer desde unha altura de seis metros. Así, desestímase o recurso de apelación da defensa contra a sentenza e ratifícase a pena de 16 meses de prisión e multa de 2.700 euros imposta a cada un.

Unha agresión no posto de traballo si é accidente laboral.

26-11-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Xulgado do Social n.º 2 de Pamplona resolve contra as resolucións da Mutua e o INSS que consideraron que non era accidente laboral.

A OMS prepara recomendacións para previr os riscos laborais non emprego de nanomateriais

20-11-2014 - HIXIENE

Os traballadores de todos os países enfróntanse a novos riscos derivados do rápido avance das novas tecnoloxías baseadas nas aplicacións das estruturas atómicas de escala nanométrica coñecidas como nanomateriais

Condenados dous empresarios e un arquitecto por un accidente laboral

19-11-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Dous empresarios e un arquitecto técnico recoñeceron a súa responsabilidade nun accidente laboral acontecido en 2008 en Oviedo, no que un traballador resultou ferido grave. Cada un dos acusados aceptou unha condena total dun ano e seis meses de prisión e o pagamento dunha multa.

Coordinador de seguridade e técnico de prevención de contrata condenados tras un accidente

18-11-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O coordinador de seguridade dunha papeleira de Hernani e unha técnico de prevención de riscos laborais dunha contrata encargada de limpar as instalacións da papeleira foron condenados a sete meses de cárcere por un accidente laboral no que dous operarios resultaron feridos graves.

O traballo en quendas a longo prazo podería esgotar ao cerebro, informa un estudo

18-11-2014 - SAÚDE LABORAL

Traballar nun horario non estándar, o que con frecuencia se coñece como "traballo en quendas", durante moitos anos non só é difícil para o corpo, senón que quizais tamén embote a mente, suxire unha investigación recente. Segundo o estudo, os que realizan traballo en quendas durante máis de 10 anos parecen ter o equivalente a 6’5 anos adicionais de declive na memoria e nas habilidades de pensamento relacionado coa idade.

O Estado español recoñece a sensibilidade química múltiple

13-11-2014 - SAÚDE LABORAL

O Estado español recoñeceu oficialmente a sensibilidade química múltiple (SQM) ao incorporala á súa Clasificación Internacional de Enfermidades ou CIE (o sistema co que a Sanidade clasifica e codifica os seus diagnósticos). Esta é a fórmula autorizada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para que un goberno -baixo certas pautas- poida oficializar as doenzas dos seus cidadáns que ela aínda non catalogou a nivel internacional. Desta forma ou Estado español súmase á lista que recoñecen a SQM, como Alemaña (2000), Austria (2001), Xapón (2009), Suíza (2010) ou Dinamarca (2012).

Enfermidade profesional sen recarga de prestacións

13-11-2014 - ENFERMIDADE PROFESIONAL

A sentenza, de novembro de 2013, sobre a enfermidade profesional contraída por unha traballadora do sector de fabricación de mobles, exposta a inhalación de serraduras e de produtos químicos, e a revogación da recarga de prestacións imposta á empresa polo Xulgado de instancia é exemplar no sentido de que delimita de forma moi clara cando se debe aplicar a recarga de prestacións, en función do incumplimento ou omisión do empresario nas súas obrigas respecto a seguridade e saúde dos traballadores.

A película francesa Vendange obtén o Galardón Cinematográfico Lugares de Traballo Saudables no festival de Leipzig

12-11-2014 - SAÚDE LABORAL

Anunciouse o gañador do Galardón Cinematográfico Lugares de Traballo Saudables 2014: o xurado elixiu Vendange, de Paul Lacoste. Xa no seu sexto ano de apoio ao galardón, que se presentou no marco do Festival Internacional de Cine Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig), a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) proxectará a película por toda Europa para contribuír a fomentar a sensibilidade polos problemas de seguridade e saúde no traballo (SST).

Condenan á nove meses de cárcere a un coordinador de seguridade e aos administradores da contrata

11-11-2014 - Accidente laboral

O Xulgado do Penal número 3 de Albacete condenou ao coordinador de seguridade e as administradoras da empresa a indemnizar con 181.815,24 euros ao traballador que sufriu o accidente laboral. Ademais, o xulgado impuxo, a cada un do tres condenados, unha pena de nove meses de cárcere por consideralos presuntos autores dun delito contra a seguridade no traballo e un delito de lesións por imprudencia grave. En maio de 2005 o traballador accidentado atopábase colocando taboleiros de encofrar á altura da quinta planta, sen levar arnés ou outra medida de seguridade; nun momento dado perdeu o equilibrio e caeu até a cuarta planta, desde unha altura aproximada de 2,70 metros. Como consecuencia das lesións provocadas pola caída, o traballador sufre secuelas que lle orixinan unha incapacidade permanente total para a súa actividade habitual.

Campos electromagnéticos e saúde: teléfonos móbiles

10-11-2014 - HIXIENE

Nos dous últimos decenios realizouse un gran número de estudos para determinar se os teléfonos móbiles poden causar riscos para a saúde. Ata a data non se confirmou que o uso do teléfono móbil teña efectos prexudiciais para a saúde.

Os responsables dun accidente laboral nas voaduras para a construción dun aparcadoiro na Coruña evitan o cárcere

10-11-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Dous empresarios, un artilleiro e o director das voaduras que se realizaron en abril de 2004 durante a construción do aparcadoiro da urbanización do Papagaio evitaron ingresar en prisión polo accidente laboral sufrido por un dos operarios. A vítima, que resultou ferida grave, traballaba na zona cando estouparon restos de goma-2 dun barreno falido que non estalara.

Estamos mental e fisicamente preparados para traballar máis aló dos 60?

07-11-2014 - PSICOSOCIAL

Imos traballar máis anos, si ou si, pero estamos física e mentalmente preparados?, lanza ao aire Manuel Velázquez, xefe de Sección de Traballo e Seguridade Social de Bizkaia e membro do Observatorio Vasco de Acoso Moral. Xa que parecemos condenados a alargar a idade laboral e as empresas arrastran cadros de persoal cada vez máis envellecidas, este Observatorio, xunto ao Colexio de Avogados de Bizkaia e a Academia de Ciencias Médicas de Bilbao, abriu o melón e caldeou o debate sobre como lograr un traballo sustentable para os traballadores maiores de 55 anos.

Condenan a dous técnicos por un accidente

23-10-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O coordinador de seguridade dunha papeleira de Hernani e un técnico de prevención de riscos laborais dunha contrata encargada da limpeza das instalacións foron condenados onte a sete meses de cárcere por un accidente laboral no que dous operarios resultaron feridos graves.

Caer dun patinete indo ao traballo é accidente laboral

21-10-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Un patinete é un medio idóneo para ir ao posto de traballo, e se un operario o emprega como medio de desprazamento e cae e se lesiona, ese accidente cabe consideralo como laboral. Así o entende a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña nunha sentenza da que foi relator o maxistrado Félix Azón na que dá a razón a un traballador accidentado que adoitaba ir a traballar en patinete e a quen a súa mutua, Asepeyo, negouse a pagarlle a baixa alegando que o patinete non é un medio de transporte normal nin idóneo para este mester.

Cando as relacións de traballo son boas, hai menos estrés

22-10-2014 - PSICOSOCIAL

O estudo realizado polos profesores Astrid M. Richardsen e Stig Berge Matthiesen en BI Norwegian Business School, mide catro factores clave de estrés: as presións de tempo e carga de traballo, a tensión emocional, o conflito de roles no traballo (conflito de rol entre as esixencias da alta dirección e dos empregados) e o conflito de roles entre o traballo e a vida privada.

Condena de 2 anos ao propietario dunha empresa polo incendio no que morreu unha traballadora

16-10-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O propietario dunha empresa de elaboración de patacas fritas foi condenado a dous anos de cárcere por un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de homicidio por imprudencia grave, polo incendio no que morreu unha traballadora, en setembro de 2010.

Cada dous días morre un traballador por un accidente de tráfico laboral

17-10-2014 - SEGURIDADE

Un total de 181 traballadores morreron durante o pasado ano por un accidente de tráfico durante a súa xornada laboral en España, o que significa que cada dous días se produce un sinistro mortal relacionado co traballo.

Fichar ou non fichar é esa a cuestión?

15-10-2014 - PSICOSOCIAL

O control do horario serve para medir o rendemento dun traballador? Por que seguimos traballando como hai 30 anos cando a sociedade era máis industrial? Estas e outras reflexións son as que deben abordar sen máis dilación as organizacións se o que buscan é mellorar o rendemento e a produtividade dos seus empregados. A crenza de que por estar máis horas no posto de traballo se consegue ser máis produtivo perde adeptos. Así o trasladaron os expertos que participaron no VIII Congreso sobre Responsabilidade Social Empresarial celebrado en Vitoria.

Case dous anos de cárcere por un accidente laboral

03-10-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Fiscalía do Principado de Asturias solicita a condena a un ano e dez meses de prisión e o pagamento dunha multa de 6.000 euros para cada un dos tres acusados por un accidente laboral acontecido en 2010 nunha empresa dedicada á construción de estruturas metálicas.

En Alemaña o Goberno estuda a prohibición dos correos electrónicos fóra do horario oficina

08-10-2014 - PSICOSOCIAL

A ministra de Emprego alemá, Andrea Nahles, está a considerar unha nova lexislación "anti-estrés", que incluiría a prohibición de que as empresas entren en contacto cos empregados fóra das horas de traballo. En resposta aos crecentes niveis de estrés no traballo, Nahles encargou un informe para investigar a viabilidade dunha lexislación que limitaría o uso de correos electrónicos para comunicarse co persoal fóra do traballo.

O estrés no traballo fai que os traballadores sexan menos produtivos

30-09-2014 - PSICOSOCIAL

Os/as traballadores/as que sofren de altos niveis de estrés teñen un compromiso inferior, son menos produtivos e teñen niveis de absentismo máis altos que os que están sometidos a unha presión excesiva, segundo un estudo da firma de servizos profesionais Towers Watson.

Sensibilidade Química Múltiple

25-09-2014 - SAÚDE LABORAL

A Sensibilidade Química Múltiple é unha síndrome crónica que se presenta como un conxunto de síntomas vinculados a diversos axentes e compoñentes que se atopan no medio, e que rematan por producir reaccións diversas nas persoas afectadas como consecuencia de baixos niveles de exposición a diferentes químicos. Os síntomas poden ser dende leves ata graves e discapacitantes. Cada vez é máis frecuente este transtorno no ámbito laboral, provocando nas traballadoras e traballadores que o sufren alteracións importantes na súa vida profesional e persoal.

Cultura de prevención sostenible

19-09-2014 - Asociación Internacional da Seguridade Social

As tendencias mundiais en materia de saúde no traballo reflicten a natureza cambiante dos riscos: mentres que as taxas de mortalidade causada por accidentes profesionais diminúen, as repercusións dos problemas de saúde derivados do traballo toman unha importancia cada vez maior.

“O traballo cobra máis vítimas que a guerra”, afirmou o Director Xeral da OIT no XX Congreso Mundial sobre Seguridade e Saúde no Traballo.

29-08-2014 - OIT

Ryder puxo de manifesto que non garantir un lugar de traballo seguro e saudable constitúe unha forma de traballo inaceptable. “Isto coloca a seguridade e a saúde no mesmo lugar que o traballo forzoso, o traballo infantil, a liberdade de asociación e a discriminación, que foron recoñecidas na Declaración da OIT relativa aos principios e dereitos fundamentais no traballo”. Guy Ryder anunciou novos esforzos dirixidos a lograr o cumprimento das normas internacionais sobre saúde e seguridade no traballo en todo o mundo.

Condena de seis meses por encargar tarefas sen seguridade a un peón accidentado

22-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Xulgado do Penal de Xaén condenou a seis meses de cárcere a un home como autor dun delito contra os dereitos dos traballadores que cometería ao encargarlle a un peón agrícola uns labores que non corresponden coa súa categoría laboral e, ademais, sen proporcionarlle medidas de seguridade, segundo a Lei de Prevención de Riscos Laborais, no marco das cales o devandito traballador sufriu un accidente do que lle quedaron secuelas.

O TSXA rexeita que o falecemento dun policía local sexa accidente laboral

13-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA) desestimou o recurso de suplicación presentado contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ceuta que indicaba que o falecemento dun traballador da policía local non podía ser considerado accidente laboral. Deste xeito, o TSXA confirma esta sentenza.

Recoñecida como accidente de traballo a agresión dun xefe a un operario

11-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social de Bizkaia recoñeceu como accidente de traballo a agresión a un traballador por parte do seu xefe.

O Xuíz dá a razón aos pais do mineiro que morreu en accidente no seu primeiro día de traballo

06-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Xulgado do Social número 1 de Ponferrada fallou a favor dos pais dun mineiro que faleceu en 2011 unha semana despois de sufrir un accidente laboral nunha mina da empresa Alto Bierzo no seu primeiro día de traballo por un golpe de calor que lle provocou un coma.

A morte dun obreiro achado sen vida 13 horas despois de saír da empresa para prestar un servizo por conta daquela non é accidente laboral

01-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Rexión de Murcia dixo que o falecemento dun obreiro que foi achado morto no interior dun vehículo case 13 horas despois de saír do seu lugar de traballo non pode ser considerado accidente de traballo.

Os técnicos de prevención de riscos laborais gozan das mesmas garantías fronte ao despido que os representantes dos traballadores

24-07-2014 - Xestión preventiva

A sentenza 02502/2013 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, en aplicación do que dispón o artigo 30.4 acerca de que os traballadores encargados da prevención gozan das mesmas garantías fronte ao despedimento que os representantes dos traballadores, denegou o despedimento do Xefe de Prevención dunha empresa, declarándoo nulo.

Absolta a técnica de prevención e condena aos empresarios por un accidente mortal

21-07-2014 - Accidente laboral

A Audiencia de Valladolid confirmou a total exculpación da técnica de prevención respecto do accidente laboral rexistrado en febreiro de 2008 nun secadero de sementes de Nava del Rey no que un operario perdeu a vida no interior esmagado por un carro mentres realizaba tarefas de limpeza do mesmo. A resolución da Sección Cuarta do Penal da Audiencia Provincial fai referencia a feitos xa vistos polo Xulgado do Penal número 4 e polos que, en sentenza de data 25 de novembro do pasado ano, o citada técnica quedou absolta con todos os pronunciamientos ao entender entón o xuíz que non tivera responsabilidade algunha no devandito sinistro, exculpación que levara ao Ministerio Fiscal a recorrer o fallo en apelación para logar a súa condena.

Calculando o costo do estrés de orixe laboral

16-07-2014 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

O estrés de orixe laboral é máis caro do que pode parecer. O seu custo para as organizacións vai máis aló do absentismo e a diminución da produtividade. Os traballadores soportan ademais o custo dunha mala saúde e de diminución da calidade de vida. En última instancia, quen o paga é a economía nacional e a sociedade. Un novo informe da EU-OSHA examina os custos do estrés de orixe laboral e amosa que, contra a crenza popular, costa máis ignorar o estrés que abordalo.

Recargo de prestacións a un traballador que se accidentou de maneira manifestamente imprudente

15-07-2014 - Accidente laboral

O 9 de febreiro de 2008, o traballador H., operario de limpeza nunha empresa de panadaría, procedeu a limpar unha das tolvas, para o que se introduciu no seu interior e ao porse en marcha as pezas rotatorias do fondo, resultou gravemente lesionado nun pé, o que motivou a unha situación de invalidez. O traballador non atendeu ao letreiro situado baixo o cadro de mando no que se indicaba que era preceptivo desconectar totalmente a máquina da rede antes de limpala, nin as advertencias dunha compañeira que lle indicou que saíse da tolva.

Xornada intensiva todo o ano?

14-07-2014 - Comisión Nacional para a racionalización de horarios

Cada vez son máis as empresas que, chegadas estas datas, adoptan o chamado "horario de verán" ou xornada intensiva. Esa formulación achéganos, aínda que só sexa durante os meses estivais, aos horarios habituais dos países da Unión Europea. Dende o 15 de xuño nalgúns casos, ou dende o 1 de xullo para os máis rezagados, ás empresas éntralles un sufoco de europeidad e sentido común que as leva a adoptar este horario que distribúe a xornada laboral dun modo máis racional, eliminando a xornada de tarde a cambio de adiantar a hora de entrada e atrasar a da saída para ir comer.

Ictus considerado accidente laboral por estrés

09-07-2014 - Accidente laboral

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, deulle a razón a un home que sufriu un ictus cerebral con 35 anos fóra do horario laboral e confirmou que ese infarto, que lle provocou graves secuelas que lle impiden desenvolver calquera traballo, é accidente laboral. A sala do social deste Tribunal, rexeita o recurso que contra o fallo dun xulgado do social presentou a mutua de accidentes e confirma que se tratou dun accidente laboral. O fallo asegura que, nos días previos a ictus, o traballador «atopábase tenso, con mareos».

O 69 % dos accidentes de tráfico en Galiza prodúcense en día laboral e en horario de traballo

07-07-2014 - Seguridade

O 69 % dos accidentes de tráfico que se rexistraron en Galicia no 2013 producíronse en días laborables e entre as 7 e as 20 horas. É dicir, en horario de traballo. O dato achegouno o Delegado do Goberno na comunidade nunha xornada de seguridade viaria destinada a empresas que se celebrou en Santiago. Este dato amosa a relevancia que teñen os desprazamentos por motivos laborais na seguridade do tráfico rodado. Os últimos estudos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) revelan que no Estado español, no 2012, producíronse 471.223 accidentes laborais que carrexaron unha baixa, dos que o 11 % debéronse a sinistros de circulación.

Pena de dous anos de cárcere por un caso de acoso laboral no sector público

01-07-2014 - Psicosocial

O traballador sufriu durante anos actos vexatorios por parte dun supervisor. A Audiencia Provincial de Santander acaba de confirmar unha sentenza que condena ao seu acosador, funcionario do Instituto Español Oceanográfico nun centro de Santander, a dous anos de cárcere e a pagar unha multa de 41.000 euros á súa vítima, ademais de suspenderlle do seu emprego e cargo público durante o tempo da condena. Trátase dun fallo pioneiro, xa que apenas existen precedentes de condenas a prisión por 'mobbing'.

O Supremo considera siniestro laboral a morte dun mariñeiro ao regresar ao seu barco atracado

26-06-2014 - Accidente laboral

Tras nove anos de litixios e despois de dúas sentenzas que non lles daban a razón, os familiares dun mariñeiro de Gondomar morto en 2005 en Irlanda, cando estaba enrolado nun buque, gañaron a batalla xudicial. E fixérono no Tribunal Supremo, cuxos maxistrados ditaminaron que o falecemento deste home, ocorrido no seu tempo libre ao caerse ao mar cando regresaba ao seu barco atracado en porto, é accidente de traballo.

Condenados un construtor e un arquitecto pola morte dun traballador nunha demolición

20-06-2014 - Accidente laboral

A sección terceira da Audiencia de Alacante condenou a un construtor e a un arquitecto a nove meses de prisión pola morte dun empregado cando facía unha demolición dunha vivenda. O traballador caeu polo patio de luces desde unha altura dun seis ou sete metros até a planta baixa. A obra carecía dun estudo de seguridade e saúde.

Suecia denunciará a Comisión Europea ante o Tribunal de Xustiza polo retraso na regulación dos disruptores endócrinos

13-06-2014 - HIXIENE

Tras o anuncio feito en febreiro deste ano por Lena Ek, a ministra sueca de Medio, de que se nun prazo de dous meses a Comisión Europea non actuaba en relación cos disruptores endócrinos, o seu país a denunciaría ante o Tribunal de Xustiza por atraso indebido nas súas actuacións.

O estrés é contaxioso

11-06-2014 - Psicosocial

Esa é a conclusión á que chegou un equipo de investigadores do Instituto Max Planck de Ciencias Cognitivas e do Cerebro Humano en Leipzig e a Universidade Técnica de Dresde (Alemaña). Estes aseguran que o feito de observar a outra persoa nunha situación estresante, mesmo na televisión, pode ser suficiente para que o espectador experimente estrés.

Dous anos de cárcere para un empresario polo accidente dun traballador sen contrato

05-06-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Dous anos de cárcere, esa é a pena á que terá que facer fronte un empresario autónomo da construción condenado polos tribunais como responsable do accidente sufrido por un dos seus traballadores.

A Audiencia Nacional condena a Caixabank a repetir a identificación de riscos psicosociais

03-06-2014 - PSICOSOCIAL

O 14 de maio a Sala do Social da Audiencia Nacional ditou sentenza na demanda presentada o 6 de febreiro contra Caixabank solicitando que se declarase que "o método e procedemento seguidos pola empresa para levar a cabo a identificación dos riscos psicosociais nos seus centros de traballo..., non é adecuado para a pretensión da empresa de non realizar unha avaliación de riscos psicosociais" e en consecuencia procédase a realizar correctamente a devandita identificación, que unha vez identificados os riscos se proceda á adopción das medidas correctoras axeitadas e que nos casos nos que non se puidesen eliminar, se efectúe "unha avaliación dos devanditos riscos cun procedemento que proporcione confianza sobre os seus resultados".

Sentenza STSX Extremadura. Responsabilidade solidaria da empresa e autónomo

26-05-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Un aspecto interesante da sentenza é a extensión ao traballador autónomo da responsabilidade do accidente. A Sala aduce que o alcance da obriga do empresario de "garantir a seguridade e saúde dos traballadores ao seu servizo se estende a todos os aspectos relacionados co traballo" a toda a esfera de influencia do contrato de traballo, en cuxo campo o empregador é debedor de seguridade" con independencia de que na produción do accidente houbese intervención neglixente de terceiros que non teñan vinculación contractual co traballador.

De que te pode contaxiar a empresa na que traballas?

23-05-2014 - SAÚDE LABORAL

O estrés, a dependencia das novas tecnoloxías e os problemas musculares son as principais causas de absentismo no actual mercado laboral. Un bo sistema de xestión do desempeño pode evitalos.

Condenan a un ano ao director e ao representante legal dunha adega tras un accidente por atrapamiento nunha máquina mal protexida

22-05-2014 - Accidente laboral

O director técnico e o representante legal dunha adega radicada en Haro foron condenados polo Xulgado do Penal número Dous de Logroño a senllas penas dun ano de cárcere por dous delitos contra o dereito dos traballadores. Na sentenza tívose en conta a atenuante da reparación do dano, mediante a correspondente indemnización económica, motivo polo que a traballadora accidentada renunciou expresamente a calquera acción civil ou penal.

Unha xuíz condena a un traballador polo seu comportamento gravemente imprudente, que contribuíu a producir un serio accidente a un compañeiro

21-05-2014 - ACCIDENTE LABORAL

A Xustiza ditou sentenza neste caso unha década despois do accidente, acontecido en Sevilla no ano 2004, e condenou ao representante legal da empresa a tres meses e un día de prisión por un delito contra os dereitos dos traballadores, así como a pagar unha multa de 540 euros. O traballador, que era o sondista, tamén foi condenado a pagar unha multa de 180 euros por unha falta de lesións por imprudencia, porque abandonou "os mandos de control e operación da máquina de sondaxe, omitindo a máis mínima dilixencia na súa actuación e contribuíndo ao resultado lesivo producido", dado que a vítima, carecía de coñecementos abondo do manexo da máquina e non recibira formación e información en relación ao equipo de traballo e os riscos.

Bélxica prohibe os móbiles especificamente deseñados para nenos

16-05-2014 - HIXIENE

O pasado día 28 de febreiro informamos das medidas restritivas previstas en Francia fronte aos riscos para os nenos da exposición ás ondas electromagnéticas, onde se expoñen prohibir a presenza de WIFI nas gardarías. Pois os belgas adiantáronselles. En outubro de 2013 dous decretos introducían dous tipos de regulación.

Insomnio tecnolóxico, un novo problema para a saúde

15-05-2014 - Saúde

O uso excesivo de aparellos como ordenadores, tabletas ou smartphones pode chegar a afectar seriamente ao soño e o rendemento. Desde tempos inmemoriais botamos a culpa do insomnio a algunhas sustancias como a cafeína, a nicotina ou o alcol, mesmo a preocupacións no traballo ou os ruídos da cidade. A novidade no mundo do insomnio é atribuír a culpa da falta de soño ao lecer dixital. A esta conduta non lla pode chamar trastorno, xa que non ten por que ter signos psicolóxicos ou enfermidade mental. É máis ben un problema de hábitos. Afecta por igual a homes e mulleres desde a adolescencia, cando a comunicación entre amigos é máis habitual a través destes dispositivos, até a idade adulta onde pode existir certa dependencia ao correo electrónico do traballo. Se segmentamos por xénero, e segundo os estudos realizados polo Hospital Clínic, os homes usan máis os videoxogos antes de ir durmir, mentres que as mulleres comunícanse por WhatsApp e SMS.

Nove meses de cárcere a un construtor pola caída dun operario sen arnés

14-05-2014 - Accidente laboral

Un Xulgado de Santander condenou ao propietario dunha empresa construtora a nove meses de cárcere e unha multa de 1.260 euros, polo accidente que sufriu un operario ao caer desde unha altura de cinco metros sen estar amarrado a un arnés. O construtor admitiu os feitos, e a Fiscalía reduciu a pena de dous anos de cárcere que solicitou inicialmente a nove meses, por un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes. Todas as partes mostraron conformidade coa nova petición do fiscal, polo que o xuízo non chegou a celebrarse.

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León culpa a construtora FCC das catro mortes de Castrovido en 2011

12-05-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León (TSJCyL) culpou á construtora FCC Construción S.A. do accidente laboral no que faleceron catro traballadores das obras da presa de Castrovido (Burgos) o pasado 5 de outubro de 2011, ao estimar que incumpriu a Lei de Prevención de Riscos Laborais.

O TSJC recoñece o suicidio dun axente rural como accidente laboral

08-05-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) ditou unha sentenza na que recoñece como accidente laboral o suicidio dun axente rural da Generalitat, ao entender que a decisión de quitar a vida foi consecuencia da presión derivada do seu traballo.

Condenan a nove meses de cárcere a un construtor

05-05-2014 - Accidente laboral

O Xulgado do Penal nº 2 de Santander condenou ao propietario dunha empresa construtora a nove meses de cárcere e unha multa de 1.260 euros, polo accidente que sufriu un operario ao caer desde unha altura de cinco metros sen estar amarrado a un arnés. O construtor recoñeceu os feitos, e a Fiscalía reduciu a pena de dous anos de cárcere que solicitou inicialmente a nove meses, por un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes. Todas as partes mostraron conformidade coa nova petición do fiscal, polo que o xuízo non chegou a celebrarse.

A saúde dos traballadores e o beneficio empresarial

28-04-2014 - 28 de abril do 2014. Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

Estamos ante un modelo social e laboral altamente perigoso para as clases traballadoras, no que os custes da seguridade e a saúde laboral son considerados por moitas empresas e mesmo polos gobernos da dereita, como un atranco para o incremento da produtividade e unha rémora para a consecución dos máximos beneficios posibles