Financiado por:
/ Portada / Delegados

Segundo a enquisa sobre a saúde Aon Health Survey, o 93% dos empregadores de europeos aprezan unha correlación entre a saúde e o desempeño dos empregados

08-06-2016 - SAÚDE LABORAL

Os resultados establecen áreas de mellora e recomendacións para incrementar o desenvolvemento dos beneficios relacionados coa saúde, mellorar a medición do impacto e do retorno do investimento das iniciativas que as organizacións realizan na saúde dos seus empregados.

Este estudo trátase da maior enquisa internacional na súa categoría, contando coa participación de 500 directores de Recursos Humanos e xerentes de riscos procedentes de 22 países de EMEA (Europa, Oriente Medio e África)

En xeral, os resultados establecen áreas de mellora e recomendacións para incrementar o desenvolvemento dos beneficios relacionados coa saúde, mellorar a medición do impacto e do retorno do investimento das iniciativas que as organizacións realizan na saúde dos seus empregados.

--> O estrés e a saúde mental son as principais preocupacións para o 63% das empresas, a pesares do cal, só o 32% dos empregadores conta con programas de saúde emocional/psicolóxica en marcha.

--> O 53% afirma que a saúde física dos empregados é a súa principal preocupación, aínda que os estilos de vida pouco saudables dos empregados son considerados tamén un dos maiores problemas polo 49%.

--> As prioridades dos empregadores inclúen o incremento da produtividade e o desempeño dos empregados (52%), a atracción e retención do talento (51%), a mellora do “engagement” (compromiso ou implicación) dos empregados (49%) e a redución ou xestión dos custos (44%).

--> Os empregadores están bastante menos preocupados por cuestións como o absentismo de longa duración (4%), o desenvolvemento da responsabilidade social corporativa (4%) ou a xestión da mobilidade laboral (7%).

--> O 69% considera a limitación do orzamento como o maior reto á hora de implementar as estratexias de saúde e benestar.

--> O 87% das organización considera que non mide axeitadamente o retorno do investimento en programas de saúde. Ou dito doutra maneira, só o 13% dos participantes mide o impacto das súas actuais estratexias.

--> Un 23% das organizacións contempla desenvolver iniciativas na área da saúde financiera, ao considerar que esta forma parte do benestar global dos individuos. Moitos empregadores entenden que a situación financeira persoal de cada individuo impacta no seu benestar, nos seus niveis de tensións e no seu desempeño.

En termos xerais dende o estudo apúntase que, a utilización de datos e análises para adoptar decisións xustificadas, baseadas nas necesidades e circunstancias específicas de cada organización, pode supoñer un cambio na saúde dos empregados e nos custos para os empregadores.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS