Financiado por:
/ Portada / Delegados

Se a empresa consente o incumprimento das medidas de seguridade, o despedimento é nulo

14-01-2020 - SENTENZA

Os accidentes laborais e o incumprimento das medidas de seguridade por parte de traballadores/as configuran, en moitas ocasións, temas de debate e análise nos xulgados. Unha sentenza recente do Tribunal Superior de Xustiza (TSX) de Valladolid ten de novo como foco esta materia: dita que un despedimento é nulo cando unha empresa tolera que un traballador incumpra as medidas de seguridade requiridas no desempeño dunhas manobras.

Os feitos ocorreron o ano pasado nun pequeno municipio leonés durante a xornada de traballo dunha empregada que manexaba unha carretilla elevadora cargando unha torre de  palés, "permitindo o paso de peóns durante a manobra de carga, provocando un risco grave de accidente", segundo consta na sentenza.

Aclara o ditame que a operaria recibiu a formación do plan de seguridade viaria da compañía e, por tanto, coñecía como se debía proceder durante a realización daqueles traballos para evitar posibles accidentes. Ademais, consta na sentenza do tribunal valisoletano, que a empregada e o resto de traballadores foran informados sobre un accidente ocorrido por outro traballador da mesma empresa pola realización dunha manobra parecida, que lle carrexou unha forte sanción.

Por tanto, a empresa viu que esta traballadora incumpriu as medidas de seguridade convenientes, comprobando, ademais, que no convenio laboral cualifica esta actuación como "falta moi grave". Como consecuencia destes sucesos, optou por despedir  disciplinariamente á muller, que presentou unha demanda contra a empresa.

A tolerancia por parte da empresa sobre o incumprimento dos estándares de seguridade durante a realización dos traballos. En efecto, a operaria non seguía os requisitos pedidos sobre seguridade e a súa actuación podía derivar nun serio accidente dos paseantes na rúa.

Con todo, os xuíces fixáronse no feito de que o responsable da empresa, aínda vendo a irresponsabilidade da empregada, non a amoesta e permite que continúe facendo os seus labores. Limitouse simplemente a tomar fotografías da súa actuación, pero en ningún momento impediulle que seguise co seu traballo, nin lle advertir do perigo das súas manobras. En resumo, o  TSX de Valladolid ve un claro consentimento por parte da compañía e, en consecuencia, declara nulo o despedimento da traballadora.

Fonte. Expansión

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS