Financiado por:
/ Portada / Delegados

Só un 13% das empresas teñen plan de seguridade vial para os seus empregados

26-12-2012 - SEGURIDADE

Segundo datos do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSS), durante o pasado ano rexistráronse en España 58.930 accidentes laborais de tráfico cun balance de 716 vítimas mortais, o que representa o 30% de todos os mortos en accidente laboral no noso país.

O grupo de poboación máis afectado por este tipo de accidente é o comprendido entre 30 e 34 anos de idade.

Outro dato que recolle este estudo é que o sector económico cunha maior porcentaxe de accidentes " in itinere" é o daquelas áreas de actividade relacionadas co emprego.

O estudo do INSS indica que as horas do día nas que máis accidentes se deron foron ás 8 da mañá e ás 2 da tarde, horas de ir e regresar ao traballo.

Por iso, un plan de seguridade vial nas empresas que permita aos traballadores unha flexibilidade nas horas de entrada e saída podería reducir estas concentracións de tráfico que son a orixe de gran parte dos accidentes.

 

 

Adxuntamos os datos totais de accidentes de tráfico laboral nos últimos anos:

 


 

 

2009

2010

2011

Nº de Accidentes de traballo

696.577

645.964

581.150

Nº de Accidentes de tráfico laboral

68.833

65.446

58.938

%  de Accidentes de tráfico laboral sobre o total Accidentes de traballo

9,88%

10,13%

10,14%

Accidentes de traballo mortais

831

757

716

Accidentes de tráfico laboral mortais

312

264

220

% de Accidentes de tráfico laboral mortais sobre o total de Accidentes de traballo mortais

37,55%

34,87%

30,73%


Fonte: Ficheiro informatizado e anónimo de Accidentes de Traballo con baixa. Subdirección de Estatística. MEYSS.

 

Os resultados dun estudo realizado por Sociedade de Prevención de Fremap e o Real Automóbil Club de Catalunya (RACC) entre 1.000 empresas indican que só o 13% das empresas españolas ten un plan de seguridade vial para reducir os accidentes de tráfico laborais e que o 50% das compañías non imparte aos seus traballadores ningún tipo de formación en seguridade vial.

Máis da metade das compañías consultadas non consideran que os accidentes de tráfico constitúan un risco laboral. De feito, e segundo este estudo, un 40% das compañías non é consciente de que os accidentes " in itinere" están considerados como un accidente de traballo.

O factor humano é o causante do 85% dos accidentes de tráfico laborais. Por iso e segundo Mayte Calvo, Coordinadora Nacional de Seguridade no Traballo de Prevención Fremap, "a formación é unha ferramenta indispensable para reducir estes riscos.

Algunhas empresas están a adoptar mediadas preventivas demasiado xerais; hai que adoptar plans específicos para cada empresa con medidas personalizadas que permitirán reducir drasticamente os accidentes "in mision" e " in itinere".

 

Fonte: prevencionar.com

 

 



Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS