Financiado por:
/ Portada / Delegados

Revisión da directiva EPI

13-01-2014 - SAÚDE LABORAL

A Comisión Europea publicará en breve unha proposta de Regulamento que regula a fabricación e comercialización dos equipos de protección individual (EPI), co que conclúe unha fase importante no longo proceso de revisión da Directiva PPE 89/686/EEC, un proceso que comezou cunha consulta pública en primavera de 2011 cuxos resultados non se publicaron ata dous anos despois.

Ademais da nova forma xurídica, que se aplica directamente en todos os Estados membros sen transposición á lexislación nacional, propóñense unha serie de modificacións relevantes.

O alcance da regulación ampliouse coa adición de EPI para uso privado para a protección contra a humidade, a auga e a calor (as luvas para o forno, por exemplo) que cando eran para empelo laboral xa estaban cubertos pola directiva.

As definicións e a avaliación da conformidade para os EPI feitos á medida regúlanse por primeira vez, dándolles unha base legal clara.

As definicións das categorías individuais formúlanse en termos máis simples e baséanse na magnitude do risco contra o cal o EPI en cuestión debe proporcionar protección. No futuro, os certificados de exame de tipo serán válidos para un máximo de cinco anos; a proposta tamén describe o procedemento para ampliar a validez dun certificado, e establece a información mínima que debe conter.

A declaración de conformidade debe no futuro ser subministrada con cada EPI individual posto no mercado. Este requisito poderá ser satisfeito por medio dunha " declaración simplificada de conformidade " que comprende unha soa frase e unha referencia á dirección web na que se pode encontrar a declaración de conformidade completa.

A proposta da Comisión debe agora ser obxecto de debate no Parlamento Europeo e o Consello.

As deliberacións non obstante non se iniciarán ata a entrada en funcionamento do novo Parlamento que será elixido en maio de 2014, e non se iniciará antes do outono dese ano. A nova directiva polo tanto, non será aprobada, como moi pronto, antes do inicio do ano 2016.

De acordo coa Proposta da Comisión, a aplicación comezará dous anos despois da publicación. Ademais, establécese un período transitorio dun ano durante o que os produtos se poderán poñer no mercado de acordo ben coa antiga directiva, ben coa nova. Os certificados de exame de tipo expedidos en virtude da antiga directiva poderán conservar a súa validez durante un máximo de cinco anos a partir do vencemento do período de transición.

 

Fonte: Prevenciónintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS