Financiado por:
/ Portada / Delegados

Recoñecen como enfermidade profesional a dermatite alérxica dun pintor

07-12-2012 - ENFERMIDADE PROFESIONAL

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) emitiu sentenza pola que recoñece que a dermatite alérxica por exposición aos diversos compoñentes tóxicos da pintura, entre os que se encontran as resinas epoxi, que afecta un extraballador de Recubrimentos Anticorrosivos Mendieta SL, é unha enfermidade profesional e se desenvolveu polo contacto aos citados compoñentes da pintura.

A sentenza recoñece que ao traballador "non se lle practicaron os recoñecementos médicos específicos oportunos á que estaba obrigada a empresa Recubrimentos Anticorrosivos Mendieta SL, na que o traballador veu prestado servizo durante anos".

Á súa vez constátase que o Servizo de Prevención Preving Consultores Norte que realizaba os recoñecementos médicos "realizou unha deficiente vixilancia da saúde, non realizou ningún tipo de estudo específico sobre as alerxias que padecen os traballadores, nin especificamente ao traballador afectado".

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco ratifica "a relación causa-efecto entre a realización de traballos de pintura e a aparición da enfermidade, establecendo que a reacción alérxica sobreveu mentres o traballador prestaba servizos para Recubrimentos Anticorrosivos Mendieta, actuando de subcontrata en Petronor e establece a clara responsabilidade de MC Mutual no pagamento das prestacións de incapacidade temporal do traballador enfermo, tras rescindir o contrato a empresa), mentres MC Mutual trataba cos seus recursos, eludir as prestacións, sen afectar ao desemprego e cargar os custos sanitarios a Osakidetza (sanidade pública vasca)".

Segundo o responsable de Saúde Laboral de CCOO de Euskadi "resulta inadmisible a pasividade do Departamento de Sanidade, permitindo que as Mutuas rouben o seu presuposto desviando a Osakidetza enfermidades profesionais e permitir esas malas prácticas dos Servizos de Prevención, que favorecen a ocultación de enfermidades profesionais,"

 

Fonte: preencionar.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS