Financiado por:
/ Portada / Delegados

Proxecto piloto do Parlamento Europeo sobre a seguridade e a saúde dos traballadores maiores

28-11-2013 - Comisión Europea

A Comisión Europea pechou un acordo de delegación con EU-OSHA para un proxecto piloto sobre a seguridade e saúde dos traballadores maiores. Segundo este acordo, EU-OSHA asistirá á Comisión na execución dunha petición do Parlamento Europeo sobre este tema. O proxecto piloto iniciouse en xuño de 2013 e prolongarase até finais de 2015.

O proxecto, Traballo máis seguro e saudable a calquera idade - seguridade e saúde no traballo (SST) no marco do envellecemento da poboación activa, ten como obxectivo avaliar os requisitos previos para as estratexias e sistemas de SST a ter en conta para unha poboación activa de avanzada idade e asegurar unha mellor prevención para todos ao longo da vida laboral. Os resultados contribuirán ao desenvolvemento de políticas e proporcionarán exemplos de prácticas exitosas e innovadoras. Deste xeito, o traballo ten como obxectivo pór de relevo que funciona ben, que debe facerse ou priorizarse e identificar os principais impulsores e obstáculos para a aplicación efectiva das iniciativas políticas nesta área. O proxecto baséase en estudos previos a nivel europeo sobre traballo sustentable, por exemplo, o de Eurofound.

O proxecto está a investigar:
- As políticas, estratexias, programas e accións de SST en relación cos traballadores de idade avanzada nos Estados membros da UE e noutros países.
- As políticas, estratexias e accións en relación coa empleabilidade e a volta ao traballo nos Estados membros da UE e noutros países.
- Estudos de caso de programas e iniciativas de apoio no lugar de traballo.
- Puntos de vista dos actores en materia de SST, empregadores, traballadores e representantes dos traballadores explorando as súas experiencias, motivacións, necesidades e retos.
- Ferramentas e guías para axudar aos centros de traballo na xestión da SST en relación cunha poboación activa que envellece.
- Cuestións de xénero.


O 2 de decembro de 2013 celébrase no Parlamento Europeo unha sesión de tarde para informar os progresos e está prevista unha conferencia en xuño de 2015 para presentar e discutir o borrador do informe do proxecto, as súas conclusións e propostas de políticas e prácticas.

Máis sobre traballadores maiores

A decisión do Parlamento Europeo está dispoñible en Official Journal of the European Communities 29.02.2012 Chapter 0404—Employment, Social Solidarity and Gender Equality, II/230  - II/231

 Fonte: EU-OSHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS