Financiado por:
/ Portada / Delegados

Protección da saúde mental no posto de traballo

17-10-2012 - PSICOSOCIAL

O ámbito laboral e o modo en que o traballo se organiza e se xestiona poden influir na saúde mental dos empregados.

O traballo é beneficioso para a saúde mental, pois pode proporcionar unha maior sensación de inclusión social, status e identidade e achegar unha estrutura temporal. E á inversa: observouse que moitos dos factores psicosociais de risco no ámbito laboral aumentan o risco de ansiedade, depresión e esgotamento.


Nesta folla informativa da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo resúmese un informe sobre boas prácticas destinadas a fomentar a saúde mental no lugar de traballo, entendendo por boas prácticas todas aquelas que inciden positivamente sobre a saúde psíquica.

Céntrase principalmente nos factores que manteñen e melloran o noso benestar psíquico, e destaca como, para ser plenamente efectiva, a protección da saúde mental debe incluír tanto a xestión de riscos coma a promoción da saúde.

Ligazón

 

Fonte: Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS