Financiado por:
/ Portada / Delegados

Previsel: 11º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral

08-04-2016 - 13 e 14 de abril de 2016

Os vindeiros días 13 e 14 de abril, terá lugar en Ourense a undécima edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. A CIG estará presente a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e na organización da Xornada Técnica: "20 anos da LPRL. Onde estamos e para onde imos?".


No expositor que representará á CIG no salón, poderedes consultar as publicacións realizadas nos últimos anos polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG. Todas están a disposición para a súa visualización e descarga gratuíta na sección Recursos Técnicos da web www.cigsaudelaboral.org ou premendo na ligazón.

O horario de apertura de PREVISEL será  de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h. o día  13 de abril e de 10:00 a 14:00 horas o día 14 de abril.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS