Financiado por:
/ Portada / Delegados

Premio Lugares de Traballo 2016 para a película Zwischen den Stühlen (Ser profesor)

18-11-2016 - EU-OSHA

O Premio cinematográfico «Lugares de Traballo Saudables» celébrase anualmente, desde 2009, no marco do Festival Internacional de Cinema Documental e de Animación de Leipzig (DOK Leipzig). Está apoiado pola EU-OSHA co fin de animar aos cineastas a realizar obras que traten sobre os riscos aos que se enfrontan os traballadores/as e os cambios que afectan os lugares de traballo hoxe en día. Na película alemana premiada nesta edición, póñense de relevo as difíciles condicións de traballo dos novos profesores, visualizadas a través da historia de tres novos profesores nos seus primeiros anos en centros de ensino.

Trátase da historia da iniciación na vida adulta de tres mozos cuxo idealismo choca contra a crúa realidade.Os protagonistas pronto advirten que os seus estudos non os prepararon para o que significa traballar nun dos empregos máis importantes e de maior responsabilidade da sociedade: a educación. 

O xurado afirmou que se trata dunha "película da súa época - o estrés personificado. As persoaxes están ben creadas e resultan atractivas, o enfoque do director permitiunos achegarnos ao seu drama humano; chegounos ao corazón e estimulou a nosa mente. Con sentido do humor e unha seria mensaxe subxacente sobre o destino dos mozos e o seu futuro, o galardón de cinema Lugares de traballo saudables vai para: «Ser profesor».

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS