Financiado por:
/ Portada / Delegados

Permanecer conectado ao traballo produce riscos para a saúde

04-02-2013 - OIT

Os empregados que se manteñen conectados a Internet por razóns laborais corren o risco de sufrir inestabilidade emocional, o cal lles produce a sensación de ser "reféns" da empresa para a que traballan, de acordo a un estudo da Organización Internacional do Traballo (OIT).

Cando os empregados traballan baixo o esquema 24/7 mediante o cal permanecen en liña co traballo durante todo o día, xéranse riscos para a súa saúde, ansiedade e deterioración emocional, segundo unha recente investigación realizada por expertos da Organización Internacional do Traballo (OIT) e da Unión Europea.

O estudo titulado "Prognóstico de expertos sobre os riscos psicosociais emerxentes relacionados coa saúde e a seguridade no traballo" revela que, de acordo a unha enquisa de Kelly Services realizada en 30 países, cinco de cada dez empregados considera que o incremento da súa produtividade está relacionado con permanecer conectado ao traballo, a pesar das implicancións para a súa saúde.

Aqueles traballadores 24/7 corren o risco de padecer inestabilidade emocional, o cal lles produce a sensación de ser "reféns" da organización para a que prestan os seus servizos, sinala a OIT.

Así mesmo, o nivel de deterioración emocional está vinculado ao sector ao que se dedican os empregados. De acordo á referida enquisa, os que se encontran sometidos a maior presión son as persoas que traballan nas áreas de vendas, mercadotecnia, educación, informática, ciencia, finanzas, contabilidade, así como no ámbito xurídico. O mesmo sucede cos que traballan en seguridade e o sector de atención da saúde.

Segundo a investigación de Kelly Services, o 26% dos enquisados sinala que o maior estrés para estar dispoñible durante as 24 horas do día provén dos seus xefes, mentres que o 15% asegura que provén da cultura corporativa, arredor do 14% fai referencia aos clientes e o 5% aos empregados.

En palabras de Sergio Gómez Luengo, director xeral de Kelly Services México e Vicepresidente para Latinoamérica, antes había un horario determinado para traballar e un de descanso, agora "a liña é borrosa". A maioría dos empregados usan parte do seu tempo libre para actividades do traballo; fálase de flexibilidade, pero a carga laboral tamén é maior.

Os países con máis empregados 24/7

 Hong Kong, Singapore, Malaisia e India son máis propensos a ter empregados 24/7. A pesar de que estes traballadores se senten presionados para conectarse a Internet por razóns laborais, o 40% destes considera necesario estar dispoñible en todo momento.

Rusia, Hungría e Polonia lideran a lista de países europeos ao contar con maior porcentaxe de traballadores comprometidos a estar pendentes do seu traballo, mediante o uso dos seus dispositivos móbiles.

 

Fonte: Gestión.pe

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS