Financiado por:
/ Portada / Delegados

Pena de cárcere para o coordinador de seguridade dunha obra pola morte dun traballador

29-08-2013 - Accidente laboral

O coordinador de seguridade dunha empresa de construción foi condeado a un ano e seis meses de prisión despois de que un traballador falecese en 2008 tras caer desde seis metros de altura cando traballaba nas obras dun invernadoiro. Na sentenza, o Xulgado do Penal 1 de Motril atribúelle a autoría dos delitos de homicidio imprudente e contra o dereito aos traballadores e inhabilítao para a profesión de construtor durante tres anos.

Ademais, imponlle unha multa de 1.080 euros e obrígalle a indemnizar á muller do falecido con 103.390 euros, e a cada un do tres fillos que tiña con 43.079 euros.
Durante a realización da obra, o acusado omitiu a colocación de medidas preventivas colectivas como redes de protección e plataformas elevadoras mecánicas, entre outras, polo que dispuxo un método de traballo "inseguro" que orixinou un grave risco para a vida e a integridade física dos traballadores, sinala a sentenza. Como consecuencia diso, un dos traballadores precipitouse desde unha altura de seis metros, o que lle provocou a morte por traumatismo cranioencefálico.

Fonte: coordinacionempresarial.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS