Financiado por:
/ Portada / Delegados

Os trastornos de sono inflúen na conflitividade laboral

08-10-2012 - SAÚDE LABORAL

Os facultativos da Unidade do Sono do Hospital MAZ de Zaragoza constatan que a falta de descanso pode derivar en accidentes laborais e de tráfico.

A Fundación MAZ de Prevención e Medicina, a través da Unidade do Sono do hospital MAZ de Zaragoza levou a cabo de marzo a xuño de 2012 unha investigación sobre o hábito do sono dos traballadores maiores de 18 anos.

Segundo este estudo se manifesta que 4 de cada 10 traballadores dorme menos de sete horas diarias e un 10% dorme mesmo menos de seis horas diarias, cantidade que, segundo numerosos estudos científicos é insuficiente para desempeñar unha xornada laboral en óptimas condicións.

O estudo tamén sinala que un 29% dos traballadores tarda máis de media hora en conciliar o sono, o que pode ser un indicio de insomnio segundo os parámetros médicos de normalidade do sono.

Así mesmo, un 30% dos pacientes asegura espertar frecuentemente durante a noite e un 31% admite que esperta de forma esporádica. Para os doutores da Unidade de Sono do hospital estes trastornos poden chegar a derivar en accidentes laborais e de tráfico.

Os facultativos desta unidade especializada de MAZ tamén afondaron en factores subxectivos como a valoración da calidade do sono. O 60% dos traballadores confirma ter un descanso non reparador ou que só dorme plenamente nalgunhas ocasións.

Esta falta de descanso repercute directamente no sentido do humor e o estado de ánimo, aumentando a irritabilidade e o decaemento, o que con frecuencia desencadea en conflitos entre compañeiros de traballo e nun clima laboral daniño.

Por último o estudo tamén revela que un 66% dos traballadores ronca habitualmente ou nalgunhas ocasións, mentres que un 11% manifesta ter paradas respiratorias durante o sono.

Todos estes trastornos do sono estudados pola Unidade do Sono do hospital da MAZ de Zaragoza poden derivar en problemas severos de descanso, repercutindo directamente no estado xeral de saúde dos traballadores. Non obstante, segundo os doutores do hospital da MAZ, a prevención pasa por unha orientación xeral sobre como mellorar a calidade do sono.

 

Conclusións do estudo

. Un 10% dorme menos de seis horas e 4 de cada 10 traballadores dorme menos de sete horas diarias.

. Case un terzo tarda máis de media hora en conciliar o sono.

. Un 30% dos pacientes asegura espertar frecuentemente durante a noite.

. Un 31% deles admite que esperta de forma esporádica.

. O 60% dos traballadores confirma ter un descanso non reparador ou que só dorme plenamente

  nalgunhas ocasións.

. Un 66% dos traballadores ronca habitualmente ou nalgunhas ocasións.

. Un 11% manifesta ter paradas respiratorias durante o sono.

 

INFORME SOBRE ACCIDENTABILIDAD Y ALTERACIÓNS DE SONO, fundación MAZ

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS