Financiado por:
/ Portada / Delegados

Os traballadores que sufran accidentes laborais ou enfermidades profesionais téñeno agora máis doado á hora de reclamar indemnizacións

02-05-2012 - LABORAL

As demandas de reclamación de indemnización de danos e prexuízos, terán que ser presentadas ante os Xulgados do Social. A posta en marcha da nova Lei da Xurisdición Social para as persoas que sufran accidentes laborais ou enfermidades profesionais, representa “un novo paso a favor dos traballadores”, segundo asegura Marta Checa García, CEO de Checa Avogados, firma especializada en accidentes laborais.

Por fin queda claro que as demandas de reclamación de indemnización de danos e prexuízos, han de ser presentadas ante os Xulgados do Social, facilitándose ademais a proba do procedemento ao traballador en canto aos feitos orixe do accidente”, explica Checa.

 “Coa entrada en vigor da Lei da Xurisdición Social xérase un procedemento claro, segundo o cal as demandas presentaranse ante os Xulgados do Social e corresponderá ao empresario probar que adoptou todas as medidas de seguridade. Anteriormente sucedía ao contrario, recaía sobre o traballador probar que se incumpriu a normativa en materia de seguridade”, engade a especialista.

 Mais os cambios da nova Lei da Xurisdición Social non son só de cara aos accidentes laborais. Os traballadores que sufran enfermidades profesionais tamén poderán reclamar nos mesmos termos. “Estas equipáranse en procedementos de reclamación de danos e prexuízos, da mesma forma que se os feitos orixinasen un accidente laboral, polo que todas as novidades da actual Lei da Xurisdición Social, outórganlles os mesmos dereitos”, afirma Marta Checa.

 Checa Avogados cre que a contorna xudicial sensibilizouse respecto a existencia de certas dificultades que existían á hora de reclamar estas indemnizacións. “A obrigación de probar nestes procedementos cambiou a favor do traballador e en contra do empresario, por atoparse o primeiro nunha situación máis feble en canto a coñecer as causas que provocaron que se orixinase o accidente laboral ou enfermidade profesional, ante a dificultade que para el supuña aceder a toda a información e sistema de imprantación que a empresa tiña adoptado en relación á normativa de seguridade”, recalca Marta Checa García. “Esta nova mentalidade outorga unha maior protección xudicial ás vítimas nestes supostos”.

 Por iso, as reclamacións de danos e prexuízos por accidente laboral téñense que interpor ante os Xulgados do Social. “Estes danos son os derivados do menoscabo corporal ou de saúde da vítima que leva o dereito a reclamar o dano físico-psíquico (dano moral) así como a perda económica que non fose suficientemente satisfeita a través das prestacións da Seguridade Social (dano patrimonial)”.

 Ademais tamén se poden pedir medidas preventivas de embargo aos empresarios mentres se tramita o procedemento. “Así o recolle a Lei da Xurisdición Social co gallo de asegurar o cumprimento da sentenza, medidas que deberán ser solicitadas polo demandante durante o tempo de tramitación do procedemento podéndose acordar o embargo preventivo de bens, a administración xudicial destes ou anotacións da demanda nos Rexistros Públicos. Son medidas que o Xuíz acordará unicamente cando se xustifique que, de non adoptarse as mesmas, a sentenza estimatoria, neste caso, de condena ao pago de indemnización, puidese non cumprirse; isto é, que finalmente a empresa ou empresario condenado non pagase, situación que se evita coa aplicación de devanditas medidas”.

 Para rematar, a entrada en vigor da Lei da Xurisdición Social vai significar un avanzo de cara á creación dun baremo especial que ata agora non había para vítimas en accidentes laborais e enfermidades profesionais para reclamar os danos e prexuízos.

 “Efectivamente a disposición Final 5ª da Lei da Xurisdición Social establece a necesidade de crear un sistema específico para valorar de forma obxectiva as indemnizacións por estas causas. Na actualidade non existe como tal para estes casos, polo que se ven utilizando o sistema de valoración para os prexudicados que sufriron un accidente de circulación. En canto a estatística, tomando como fonte o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, consta un avance de xaneiro a febreiro do 2012, no que se constata a existencia de 81.088 accidentes de traballo que orixinaron algún tipo de baixa, dos cales con carácter grave ocorrerían 599 e con resultado de falecemento 73. Devanditos datos extráense do Observatorio Estatal de Condicións de Traballo dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social”, conclúe Marta Checa García.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS