Financiado por:
/ Portada / Delegados

O estrés é contaxioso

11-06-2014 - Psicosocial

Esa é a conclusión á que chegou un equipo de investigadores do Instituto Max Planck de Ciencias Cognitivas e do Cerebro Humano en Leipzig e a Universidade Técnica de Dresde (Alemaña). Estes aseguran que o feito de observar a outra persoa nunha situación estresante, mesmo na televisión, pode ser suficiente para que o espectador experimente estrés.

Os científicos realizaron unha serie de experimentos a través dos cales puideron demostrar que o estrés pode afectar a unha contorna xeral dunha maneira psicoloxicamente medible. E iso puidérono levar a cabo observando o aumento das concentracións da hormona do estrés cortisol, segundo relata a revista Time.


Nos experimentos tomaron parte dous grupos: un deles observaba as situacións estresantes a través dun espello unidireccional, mentres que o segundo fíxoo de forma virtual a través de vídeos. Os resultados obtidos foron que o 30% das persoas que observaron in situ as escenas de estrés e o 24% dos espectadores virtuais mostraron un aumento considerable do cortisol.

"O feito de que en realidade podamos medir esta tensión empática en forma dunha importante liberación da hormona foi sorprendente", explica Veronika Engert, unha dos autores principais do estudo. "Debe haber un mecanismo de transmisión a través do cal o estado do obxectivo pode provocar un estado similar no observador até o nivel dunha resposta de estrés hormonal", engadía Engert.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS