Financiado por:
/ Portada / Delegados

O acoso laboral será motivo de despido de funcionarios en Aragón

11-01-2013 - Psicosocial

Acosar laboralmente a un compañeiro de traballo, minándoo psicolóxicamente, será motivo de despido na Administración autonómica aragonesa. Así o regula unha norma que dictou o Goberno aragonés e que acaba de entrar en vigor. En dita norma detállase qué se considera como acoso laboral e se regula o protocolo de actuación en canto un empregado público da Comunidade denuncie ser víctima deste tipo de situacións, tamén coñecidas como «mobbing».

A partir de agora, o empregado da Administración autonómica ou dos seus organismos e entes que se considere vítima de acoso psicolóxico poderá denuncialo coa garantía de que, no prazo máximo dun mes, unha comisión específica analizará o caso, recabará información, investigará o ocurrido e emitirá un informe de conclusións.

No caso de confirmarse que se produciu un caso de acoso laboral, o mesmo informe proponñerá as medidas sancionadoras a aplicar. Entre elas, esta normativa contempla a separación do servizo dos funcionarios, que no caso dos funcionarios interinos conlevará a revocación do seu nomeamento. Tamén prevé, dependendo da gravidade do caso, o despido disciplinario do persoal laboral, en cuio caso o traballador quedará inhabilitado para volver a disfrutar dun novo contrato de traballo con funcións similares ás que desenvolvía cando foi sancionado.

Outras posibles sancións son a suspensión firme de funcións, ou de emprego e soldo no caso de persoal laboral; o traslado forzoso, polo período que en cada caso se estableza; o «demérito», que consistirá na penalización a efectos de carreira profesional ou promoción interna.

A normativa contempla tamén a posibilidade de que quen denuncie ser víctima de acoso laboral o haga «de mala fe», a sabendas de que non é certo. Nestos casos, establecense tamén sancións para os que incurran en denuncia falsa: se lle incoará expediente disciplinario.

Ademáis, cando a investigación interna confirme que efectivamente  houbo un caso de acoso laboral,  poñerase en coñecemento da Fiscalía, para que actúe por vía penal se o considera oportuno.

Esta normativa do Goberno aragonés tipifica como acoso laboral supostos tales como deixar ao traballador de forma continuada sen ocupación efectiva sen causa que o xustifique; dictar órdenes de imposible cumprimento por parte do empregado; ocupalo en tarefas inútiles ou sen valor produtivo; reprender reiteradamente a un traballador diante doutras persoas; difundir rumores falsos sobre o seu traballo ou a súa vida privada; calumnialo ou illalo e reducir as suas posibilidades de expresarse ou de comunicarse con xefes ou compañeiros.

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS