Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Superior de Xustiza di que a morte dun traballador por infarto non é laboral por producirse na casa

11-01-2013 - Accidente laboral

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia desestimou o recurso presentado por unha muller que reclamou unha pensión de viudedade por accidente laboral tras a morte do seu home, quen sufriu un infarto de miocardio cando se atopaba no seu domicilio.

A sentencia indica que "o traballador sufriu o infarto na súa casa, non estaba traballando, nin tampouco estaba desprazado ou en misión, polo que é claro que non se acreditou que se trate dun accidente laboral".

A sala desestima así o recurso que esta muller presentou contra a sentenza dun Xuzgado do Social de Murcia que, en maio de 2011, rechazou a súa demanda, que entablara fronte á empresa, o  Instituto Nacional da Seguridade Social e a mutua.

O xuez do Social declarou probado que o home da demandante traballaba como encargado de obra para a citada empresa  e que o 21 de marzo de 2009 "sufriu un infarto de miocardio cando se atopaba no seu domicilio, provocándolle a morte".

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS