Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Superior de Xustiza de Asturias confirma que os técnicos de prevención de riscos laborais teñen preferencia de permanencia no caso de despidos por aplicación dun ERE

24-10-2018 - RECORDATORIO SENTENZA

A sentenza 02502/2013 da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, -en aplicación do que dispón o artigo 30.4 acerca de que os/as traballadores/as encargados da prevención gozan das mesmas garantías fronte ao despedimento que os representantes dos traballadores-, denegou o despedimento do Xefe de Prevención dunha empresa, declarándoo nulo.

Segundo a empresa, as causas organizativas que constitúen o factor do desencadenamento do  ERE motivaban a necesidade de amortizar o posto de traballo de Xefe de Prevención.

En primeira instancia o despedimento foi considerado axustado a dereito "xa que non consta que fose nomeado Delegado de Prevención cos requisitos legais, sendo un mero técnico de prevención designado pola empresa ao que non alcanza, por tanto, a protección do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores".

Con todo, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias considera que: "A protección dispensada polo artigo 30.4 da Lei de Prevención alcanza aos traballadores designados pola empresa e aos traballadores integrantes do servizo de prevención cando a empresa decida constituílo, como xa declarou esta Sala en sentenza do 26 de xullo de 2013 (rec. 1058/13), e eses traballadores gozan da mesma garantía de prioridade de permanencia que os representantes dos traballadores, polo que non sendo respectada tal prioridade no caso axuizado procede a estimación do recurso e a cualificación do despedimento como nulo, pois, de conformidade co disposto no artigo 124.13 da Lei da Xurisdición Social, "tamén será nula a extinción do contrato acordada polo empresario sen respectar as prioridades de permanencia que puidesen estar establecidas nas leis...".

Ligazón ao texto da sentenza

Fonte:  AEPSAL

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS