Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza desestima a solicitude de incapacidade dunha traballadora do xulgado de Ferrol que atribuía a mover expedentes

09-09-2016 - SENTENZA

Unha funcionaria do xulgado de Ferrol pide a incapacidade por unha secuela de mover expedientes e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza conclúe que non acreditou que se trate dunha enfermidade profesional

Unha funcionaria que presta servizos no Xulgado do Social número 1 de Ferrol non logrou que prospere un recurso ante a sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no que asegura que as secuelas que lle producen mover e grampar expedientes son unha enfermidade profesional.

A demandante considera acreditado co informe da Secretaria do Xulgado do Social número 1 de Ferrol do 5 de abril de 2012, que a «laboura manual e manexo constante de documentos voluminosos no seu exercicio profesional, que comportou segundo deriva do informe dos servizos públicos de saúde do 26 de marzo de 2013, unha enfermidade profesional da que non mellorou a pesar do tratamento recibido».

Asegura que padece a síndrome do túnel carpiano bilateral con artrose radiocarpiana. O fallo, do pasado 11 de febreiro, recolle que «o seu traballo diario consiste na tramitación de procedementos, para o que durante a súa xornada laboral usa continuamente o computador, así como asiduamente a grampadora». Con todo, o TSXG matiza que non «estamos ante un accidente de traballo, senón ante a pretensión de que a doenza da demandante sexa enfermidade profesional». Algo que non considera, a pesar de recoñecer que a lista de doenzas profesionais non é pechada.

E conclúe: «O grampado, o traballo en computador prolongado ou movementos de man e boneca poderá predicarse dun posto de traballo concreto e singularizado no ámbito da Administración de Xustiza, pero non pode alcanzar a predicarse dun corpo que ten asociadas unhas funcións tipicamente burocráticas e onde a pesar da voluminosa cifra de expedentes, non se acreditou pola recorrente unha implantación minimamente significativa de tal doenza» que leve á cualificación de enfermidade profesional.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS