Financiado por:
/ Portada / Delegados

O TSXA rexeita que o falecemento dun policía local sexa accidente laboral

13-08-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía (TSXA) desestimou o recurso de suplicación presentado contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ceuta que indicaba que o falecemento dun traballador da policía local non podía ser considerado accidente laboral. Deste xeito, o TSXA confirma esta sentenza.

Aquela sentenza desestimou a demanda da viúva do traballador, na que reclamaba que se declarase que o falecemento do seu esposo o 16 de abril de 2012 derivaba de accidente de traballo, correspondendo a tal continxencia as prestacións de viuvez e orfandade derivadas dese falecemento.
Na sentenza do Social, de apenas tres folios, o xuíz indicaba que "a pesar das funcións de riscos propios de Policía Local e máis en barriadas conflitivas, non existe elemento ningún para entender que o súbito padecemento do corazón do actor, por outro lado deportista, estea atribuído a unha situación directa de estrés laboral ou acontecese con ocasión dunha actuación profesional súa".

Pois ben, o TSXA di agora que a sentenza que foi recorrida "dá cumprida resposta á cuestión formulada pola demandante, considerando que non quedou acreditada a relación entre o falecemento do causante e o traballo". Ademais, indica que "se ben é certo que o xulgador non dá razóns explícitas sobre a non aceptación da versión exposta por dúas das testemuñas do falecido, compañeiros deste, e do que se consignou na pericial practicada á súa instancia, ou no informe da Inspección de Traballo -que non deixa de ser senón unha conclusión do actuante, matiza- iso non se pode atribuír senón a que esas versións non gozaron "do suficiente poder de convicción" "para o xulgador". Engade que esta situación "non" pode xerar, por si, só a indefensión da demandante, o que non se pode apreciar ao non resultar esa valoración arbitraria ou ilóxica, o que leva consigo que non estimemos a pretensión anulatoria deducida pola recorrente".

O TSXA engade que pola recorrente se denuncia que a sentenza infrinxía o artigo 115 da Lei Xeral da Seguridade Social, ao entender que o infarto agudo de miocardio que acabou coa vida do axente presentou os seus primeiros síntomas cando se encontraba no seu posto de traballo. "Pero a aplicación dese precepto parte dun dato que non foi declarado probado e que non intentou que acceda ao relato fáctico pola canle axeitada, que non é senón o do artigo 193 b) da Lei Reguladora da Xurisdición Social, invocando proba hábil ao respecto da que se deduza o erro do xulgador".

O alto tribunal andaluz indica tamén que esta Sala non pode entrar a valorar novamente a proba practicada no xuízo, xa que esa función corresponde en exclusiva ao xulgador de instancia, e só se pode basear en documental ou pericial das que se deduza, sen xénero de dúbidas e sen contradición, o citado erro na valoración da proba". Así, argumenta que "nin a proba testifical é hábil a eses efectos, nin os documentos que non recollen senón manifestacións das partes ou terceiros, nin o afirmado polos peritos que non coñecen senón por referencias, ou as conclusións que puidesen sacar os inspectores de traballo".

Por todo iso, conclúe que en consecuencia "e descansando o razoamento xurídico que realiza a recorrente nuns feitos non declarados probados, é claro que o motivo non pode prosperar, o que debe levar consigo a desestimación do seu recurso, con confirmación da sentenza recorrida".

 

elfarodigital

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS