Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Supremo obriga a indemnizar a viúva dun traballador que morreu mentres se cambiaba

21-12-2012 - ACCIDENTE LABORAL

O Tribunal Supremo obriga a unha empresa a indemnizar a viúva dun traballador que sufriu un infarto nos vestiarios da fábrica onde traballaba, que lle causou a morte máis tarde cando foi trasladado ao hospital. O home chegou a traballar, como todas as noites, a fábrica en Navarra e entrou nos vestiarios para cambiarse. Foi entón cando sufriu un infarto agudo de miocardio, para falecer dúas horas máis tarde no hospital.

A viúva do traballador reclamou unha pensión por morte en accidente de traballo ante a Seguridade Social, a Mutua e a empresa, unha indemnización que parcialmente lle foi negada.

A entidade aseguradora negouse a considerar o suceso como un accidente de traballo, e o Instituto Nacional da Seguridade Social recoñeceulle unha pensión de viuvez por enfermidade común.Apuntaron que o traballador non morrera durante a súa xornada laboral, senón antes, cando se estaban a preparar para entrar a traballar, polo que non podía esixirse unha pensión de viuvez por accidente de traballo á compañía e á seguridade social.

Un razoamento que compartiu máis tarde o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra cando a muller do traballador levou o caso ante a xustiza.

É agora a Sala do Social do Tribunal Supremo quen revoga esta decisión e sinala que a empresa aseguradora ten a obriga de indemnizar a familia do traballador falecido. Faino alegando que o tempo que utilizaba para vestirse era parte da súa vida laboral.

En primeiro lugar, porque ao cambiarse tamén se estaba a equipar cos equipos de seguridade individual (calzado, luvas, etc), ferramentas necesarias para o seu traballo.

En segundo lugar, porque o tempo que pasaba no vestiario tiña unha incidencia directa sobre o seu soldo: se chegaba tarde a traballar, perdía unha remuneración por puntualidade.

O falecido percibía un plus por puntualidade, que perdía se se incorporaba tarde ao traballo "calquera que sexa o traballo". Por iso conclúe o Alto Tribunal que o tempo que o traballador pasaba no vestiario "tiña unha repercusión inmediata no seu soldo", á vez que declara probado que non existían tempos mortos ou de descanso mentres se cambiaba.

A sentenza, da que foi relator o maxistrado, estima o recurso presentado pola viúva e devolve as actuacións á xustiza navarra para que dite unha nova resolución na que se indemnice a familia do traballador falecido.

 

Fonte: prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS