Financiado por:
/ Portada / Delegados

Nace unha alianza para que as empresas promovan hábitos de vida saudables

29-05-2012 - RSC

O Instituto Europeo de Saúde e Benestar Social presentou a Alianza Europea de Empresas Saudables, que ten como obxectivo que as compañías promovan hábitos de vida óptimos xa que, na actualidade, 40 millóns de europeos padecen tensións e 20 sofren algunha enfermidade de tipo crónico. "Nada mellor que dende o seo da empresa para promover a saúde e asegurar a sustentabilidade do posto de traballo", sostén o presidente do Instituto Europeo de Saúde e Benestar Social -centro colaborador da Organización Mundial da Saúde (OMS), o doutor Manuel da Pena.

Da Pena explica que "as empresas que protexen (a saúde) dos seus traballadores son as máis exitosas" e asegura que "un euro investido en saúde supón un reembolso de cinco". O doutor advirte  que unha contorna laboral insegura ou pouco saudable xera tensión e, como consecuencia, o traballador pode sufrir accidentes e lesións así como unha falta de satisfacción polo traballo realizado. Á súa vez, este fenómeno pode traducirse na aparición de hábitos nocivos, como fumar ou a beber alcol, e, tras eles, enfermidades crónicas, como hipertensión arterial e enfermidades cardiovasculares.

 O director do Programme Management da OMS, o doutor José Martín Moreno, considera que a divulgación de boas prácticas dende o ámbito laboral non é outra cousa que "tentar aplicar o sentido común" e lembra que "o principal activo das empresas é o traballador". "Calquera empresa ten que fomentar o benestar (entre os seus empregados) porque é o legal. Trátase de previr a aparición de patoloxías e de fomentar un ambiente psicosocial adecuado", argumenta Martín Moreno. Neste sentido, subliña a importancia de impulsar o compañeirismo e a solidariedade así como de recoñecer os méritos do traballador. Tamén considera fundamental que a compañía conte con recursos sanitarios e que anime aos seus empregados a seguir unha dieta saudable e practicar exercicio físico.

 O director da Cátedra de Empresas Saudables do Instituto Europeo de Saúde e Benestar Social, o doutor Luís Blázquez, aposta por impulsar a cultura de empresa saudable" no tecido dos que toman as decisións", aínda que, lamenta que, nestes momentos, a pesar de que xa exista, "non haxa conciencia". Sobre se as empresas ubicadas no Estado español están máis ou menos concienciadas con esta cultura saudable en comparación coas europeas, Blázquez recoñece que, no propio país, este compromiso é moi "desigual" e lamenta que, por "desgraza", a consecuencia da crise económica, "parouse". No entanto, sostén que, nos anos 2006 e 2007, os importantes grupos empresariais traballaban en "esta dirección".

 As empresas que se incorporen a esta alianza internacional elaborarán un libro branco que facilitará o intercambio de coñecemento e crearán un comité de expertos no que participarán recoñecidos profesionais a fin de difundir, normalizar e aplicar o coñecemento. A primeira empresa que xa manifestou o seu interese por adherirse a esta iniciativa foi Accenture, aínda que Blázquez prognostica que as 8.000 empresas que conseguiron o certificado de AENOR sobre riscos laborais contan coa "sensibilidade suficiente" para empatizar con esta iniciativa.

 

Fonte de Datos: consumer.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS