Financiado por:
/ Portada / Delegados

Exposición a substancias químicas na industria de aeroxeneradores danesa

15-07-2016 - Hixiene

Nas últimas semanas a exposición a substancias químicas perigosas no traballo está a ser noticia en Dinamarca. A lo menos 150 traballadores/as enfermaron de gravidade debido á exposición laboral a resinas epoxi e isocianatos en dúas das principais empresas fabricantes de turbinas eólicas, Siemens e Vestas. Os traballadores afectados desenvolveron asma e alerxias nun grao tal que as lesións orixinadas deron lugar a unha indemnización de conformidade coa Lei de Compensación dos Traballadores. O caso está a xerar moita atención nos medios de comunicación, pois os daneses consideraban que as empresas tiñan baixo control os problemas con produtos químicos no lugar de traballo.

Estos casos poñen en cuestión os procesos de traballo nos que se empregan as resinas epoxi e os isocianatos nestas empresas, así como a tardía reacción da Autoridade Nacional do Ambiente de Traballo. As dúas empresas nas que se detectou este problema, están en posesión do certificado de saúde e seguridade, suxeitas polo tanto á inspección por parte dos organismos que se encargan de supervisar a concesión da certificación.

A directiva da primeira central sindical danesa declarou que "é horrible que os traballadores daneses poden contraer enfermidades relacionadas co traballo. A fiabilidade do sistema de certificación está a mostrarse moi cuestionable". O ministro danés de Emprego tamén considera que é moi insatisfactorio que a saúde e a seguridade nos dous principais fabricantes de turbinas eólicas está tan mal controlada e solicitou á Autoridade Nacional do Ambiente de Traballo que informe da súa actuación nas súas tarefas de control.

Espérase un endurecemento da normativa tanto en relación coas normas relativas aos produtos químicos como respecto ao tratamento dos informes de accidentes de traballo e visitas de inspección ás empresas cun certificado de saúde e seguridade por parte das autoridades.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS