Financiado por:
/ Portada / Delegados

Emprego presentará cambios en xuño en materia de Inspección Laboral

01-06-2012 - LABORAL

A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, adiantou o pasado día 14 de maio que en xuño presentará un anteproxecto de lei que introducirá cambios na inspección de traballo, así como nas sancións e infraccións na orde social en materia de emprego irregular e seguridade social.

Báñez fixo este anuncio na toma de posesión de 25 novos inspectores e de 30 novos subinspectores de Traballo e Seguridade Social.

O anteproxecto forma parte do plan de loita contra a fraude laboral e en materia de seguridade social que se aprobou o pasado 27 de abril no Consello de Ministros e que, nalgúns dos seus aspectos, debe ser desenvolvido normativamente.

Segundo a ministra, o anteproxecto de xuño cambiará, entre outras, a Lei ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social, a Lei Xeral da Seguridade Social, o Estatuto dos Traballadores e a Lei de Infraccións e Sancións na orde social.

Fátima Ibáñez sinalou que eses cambios normativos só buscan mellorar o traballo diario dos inspectores e os subinspectores para perseguir a fraude, garantir os dereitos dos traballadores e evitar a competencia desleal entre as empresas que pagan os seus impostos e as que non. O plan aprobado a finais de abril estará en vigor ata 2013 e, entre outras medidas, endurece as condicións para prexubilar a traballadores de maior idade e fixa que as empresas con beneficios e con máis de 100 empregados teñan que realizar achegas á Seguridade Social se queren incluír a persoal de máis de 50 anos en despedimentos colectivos.

Outro dos seus obxectivos é ampliar o período de prescrición deste tipo de delitos de 5 a 10 anos. A ministra destacou no seu discurso que, na situación actual de crise e de obrigado cumprimento da estabilidade orzamentaria, requírese “intensificar” as accións contra as actividades fraudulentas en materia de emprego e seguridade social. O ministerio quere que a “tolerancia sexa cero”, advertiu Báñez, quen engadiu que “ninguén pode estar á marxe da lei” e que hai que pór as bases para unha nova cultura do emprego que sexa “máis xusta e máis solidaria”.

 

Fonte: a información.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS