Financiado por:
/ Portada / Delegados

Dous anos de cárcere para un empresario polo accidente dun traballador sen contrato

05-06-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Dous anos de cárcere, esa é a pena á que terá que facer fronte un empresario autónomo da construción condenado polos tribunais como responsable do accidente sufrido por un dos seus traballadores.

O empregado, quen non fora dado de alta na Seguridade Social e resultou gravemente ferido tras quedar atrapado baixo unha carreta, estivo hospitalizado 105 días e sofre graves secuelas polas que lle foi recoñecida unha incapacidade permanente total.

O empresario intentou tapar a súa vinculación laboral co ferido dándoo de alta de forma fraudulenta no réxime de autónomos da Seguridade Social unha vez acontecido o contratempo, así como no Imposto de Actividades Económicas, sen o coñecemento da vítima.

Por todo iso, os tribunais consideran o empresario responsable dun delito contra os dereitos dos traballadores e un delito de falsidade en documento oficial. Xunto aos dous anos de cárcere, a sentenza tamén o condena a compensar con 110.848 euros ao traballador accidentado máis os intereses legais.

Os feitos remóntanse a xuño de 2003, cando o procesado contratou "de xeito puramente verbal" o traballador, quen por entón tiña 24 anos, para realizar labores de peón de albanel nas obras de acondicionamento e rematado dunhas instalacións situadas no polígono industrial de Masti Loidi de Errenteria.

O mozo comezou a traballar o 14 de xuño sen que o acusado "adoptase ningún tipo de medida de seguridade para garantir" que este desempeñase o seu labor "coas indispensables medidas de seguridade". A sentenza resalta que o condenado non informou o traballador "dos riscos do seu posto de traballo e tampouco lle proporcionou equipos de protección individual".

Isto uniuse á inexistencia de "un plan de prevención de riscos laborais", a carencia de "instrucións precisas sobre o método de traballo a realizar" e a ausencia de "un libro de ordes e incidencias".

Xiro da carreta

O 1 de xullo de 2003 o empresario ordenou o traballador "que collera unha carreta elevadora e a subira á segunda planta" dun edificio para "cargar unha formigoneira e transportala ao exterior". Durante este proceso de transporte, a carreta envorcou ao descender por unha rampla, caendo enriba do traballador.

O sinistro deixou ao traballador numerosas secuelas como unha "deterioración leve das funcións cerebrais integradas, que xera unha leve limitación das funcións interpersoais e sociais da súa vida diaria". Ademais, precisa dunha muleta para camiñar, sofre feridas que lle producen "un prexuízo estético de grao medio-importante" e ten recoñecida unha "incapacidade permanente total". O mozo non portaba equipo de protección ningún e a rampla pola que descendeu non dispoñía de proteccións para evitar o risco de caídas.

 

Preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS