Financiado por:
/ Portada / Delegados

Discusión científica sobre disruptores endocrinos

14-06-2016 - Hixiene

23 científicos de Europa, EE.UU e Xapón, xunto a catro observadores da Comisión Europea, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (AESA) e da Axencia Europea de Sustancias Químicas (ECHA) participaron nunha conferencia de expertos organizada polo Instituto Federal alemán de Avaliación de Riscos; como un dos resultados da conferencia está un documento que lista os criterios para identificar os perigos potenciais de sustancias nocivas para o sistema endocrino.

Segundo un dos científicos participantes " o consenso acadado é un gran avance na discusión científica sobre os disruptores endocrinos e da gran impoortancia para a protección da saúde de consumidores en Europa". "Os resultados poden apoiar á Comisión Europea na adopción de medidas baseadas na ciencia cando sexa necesario para reducir os disruptores endocrinos, por exemplo, en productos de consumo, pesticidas e tamén nos alimentos"

As cuestións a debate na conferencia centráronse nos seguintes puntos:

- Como deben definirse os disruptores endocrinos no marco regulatorio da avaliación de riscos para a saúde?
- Cales son os principios xerais dos efectos endocrinos desde o punto de vista toxicolóxico, farmacolóxico e endocrinológico?
- Que incertezas inflúen sobre a identificación dos disruptores endocrinos para a toma de decisións regulatorias?
- Que efectos adversos endocrinos poden xa estabelecerse por medio de métodos de ensaio existentes?
- Que actividades de investigación científica deben iniciarse co fin de identificar mellor os disruptores endocrinos?

As presentacions realizadas durante a reunión e unha primeira conclusión están dispoñibles en  vídeo na ligazón

http://www.bfr.bund.de/en/international_expert_meeting_on_endocrine_disr....

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS