Financiado por:
/ Portada / Delegados

Desestimado o recurso dun traballador por “exceso de celo”

10-05-2018 - SENTENZA

A Audiencia Provincial de Murcia desestimou o recurso dun traballador dunha fábrica de conservas contra o Auto dun Xulgado de Instrución que arquivou a denuncia que presentara contra a mesma tras un accidente, pois se considera que o mesmo se produciu por un exceso de celo.

O auto da Audiencia indica que o suceso se produciu cando o denunciante, en contra das indicacións que tiña, tentou desatascar unhas ventosas e sufriu o atrapamiento da man, con perda de varios dedos.

O denunciante asegurou que os feitos eran constitutivos dun delito contra os dereitos dos traballadores, pero o Xulgado ao que correspondeu a súa reclamación acordou o sobresemento das actuacións ao considerar que os mesmos non eran constitutivos de ningún ilícito penal.

Aquel recorreu a medida a través do recurso de apelación no que se queixou de que o Xulgado acordase o arquivo sen practicar as probas precisas para o esclarecemento dos feitos, polo que consideraba que a decisión era precipitada.

A Sala considera acertado o sobresemento acordado polo Xulgado de Instrución trala práctica de varias dilixencias; así, prestaron declaración durante a tramitación da causa a responsable da formación sobre prevención de riscos laborais ofrecida ao traballador, e o representante legal da empresa, que manifestou que o demandante non estaba autorizado para realizar funcións de mecánico, e que no seu momento quedara advertido diso. Tamén declarou un compañeiro de traballo do accidentado, que asegurou que presenciou como a xefa de quenda indicaba ao traballador que non tocase nada e que esperase á chegada do mecanico cando este lle dixo que se atascara unha ventosa.

A Sala da Audiencia, ao desestimar a súa apelación, sinala que o ocorrido hai que situalo nun exceso de celo, ao non constar que o traballador recibise ningunha orde expresa de solucionar o atasco nin que a empresa o consentise.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS