Financiado por:
/ Portada / Delegados

Día Mundial contra o Cancro 2021: prevención dos riscos de contraer cancro no traballo

04-02-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Cada 4 de febreiro, o Día Mundial contra o Cancro atrae a atención mundial á problemática do cancro e a súa prevención, diagnóstico e tratamento, recoñecendo o compromiso de organizacións, colectivos e particulares coa redución do impacto global da enfermidade.

A pandemia de COVID-19 afectou significativamente aos pacientes de cancro polo aprazamento das probas  diagnósticas, os atrasos e as modificacións dos tratamentos. Neste contexto, o Plan Europeo de Loita contra o Cancro representa unha oportunidade para mitigar o impacto da pandemia na atención e o apoio contra o cancro, marcando un novo paso cara a unha Unión Europea da Saúde forte e unha UE máis segura, mellor preparada e máis resiliente.

O cancro profesional segue sendo un dos maiores problemas de saúde aos que se enfrontan os traballadores/as de toda Europa. Segundo a Folla de roteiro sobre carcinóxenos máis da metade das mortes relacionadas co traballo na UE están asociadas á exposición a axentes canceríxenos no lugar de traballo.

Os socios da folla de roteiro presentaron unha nova estratexia 2020-2024 na conferencia da Presidencia alemá «STOP  cancer  in  the  workplace», celebrada en novembro de 2020. Os obxectivos da estratexia inclúen a prestación de axuda ás empresas e os traballadores para previr a exposición a axentes  carcinógenos no traballo e minimizar os seus efectos na poboación activa.

Ligazón á Folla de roteiro sobre carcinóxenos e a acción da  EU-OSHA sobre o cancro profesional

Ligazón á Enquisa sobre a exposición dos traballadores/as aos factores de risco de contraer cancro en Europa

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS