Financiado por:
/ Portada / Delegados

Considerado accidente laboral un caso de infarto ocorrido mentras facía deporte nun ximnasio

02-05-2018 - SENTENZA

Segundo unha sentenza do Tribunal Supremo, a morte tras sufrir un infarto mentras se entrena no ximnasio, pode ser considerado accidente laboral no caso de que os síntomas teñan orixe no traballo.

A sentenza refírese ao caso dun home, que traballaba en Vigo como abogado para unha empresa pesqueira, falecido a consecuencia dunha cardiopatía isquémica en maio do 2009 mentras facía deporte no ximnasio. O traballador tiña diagnosticado un problema cardíaco.

Nun principio o ISM cualificou a morte como unha continxencia común, cualificación que foi recurrida pola viúva, que alegou que se trataba dun accidente laboral ante o Xulgado do Social de Vigo e posteriormente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; ambos rexeitaron esta posiblidade.

Agora a Sala do Social do Supremo dalle a razón indicando que aínda que a morte tivera lugar fÓra do traballo, realizando unha actividade de ocio que podería estar contraindicada para os síntomas dun infarto, Iso non quere decir que o infarto non tivera a súa orixe no ámbito profesional.

Segundo sinala a sentenza “Repútase accidente laboral a enfermidade xurdida no tempo e lugar de traballo, e esa presunción non se destrúe polo simple feito de padecer molestias en momentos ou datas anteriores ao infarto”, e lembra que se ben o abogado morreu cando xa concluíra a súa xornada matinal de traballo, os primeiros síntomas apareceron precisamente mentres se desenvolvía o mesmo; o traballador estaba a tramitar unha operación de compra-venda dun buque para a súa empresa, e empezou a atoparse mal na notaría onde acudiu a formalizala e posteriormente nas oficinas da súa empresa, declarando os seus compañeiros que o viron “pálido e suorento”, e que lle recomendaron acudir ao ximnasio para que tentara recuperarse.

“Estamos ante un suposto de doenza arrastrada, que naceu con carácter profesional porque se detecta en lugar e tempo laborais”, conclúe o fallo.

 Fonte: elperiodico.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS