Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condenan a un ano ao director e ao representante legal dunha adega tras un accidente por atrapamiento nunha máquina mal protexida

22-05-2014 - Accidente laboral

O director técnico e o representante legal dunha adega radicada en Haro foron condenados polo Xulgado do Penal número Dous de Logroño a senllas penas dun ano de cárcere por dous delitos contra o dereito dos traballadores. Na sentenza tívose en conta a atenuante da reparación do dano, mediante a correspondente indemnización económica, motivo polo que a traballadora accidentada renunciou expresamente a calquera acción civil ou penal.

Detalla o escrito da sentenza que a traballadora atopábase en outubro de 2011 na nave de vinificación da adega, na que estaba instalada a liña de selección da uva, composta por dúas cintas de selección, unha de elevación e un elevador. A cinta transportadora constaba de dous motores, en ambos os extremos, protexidos por un resgardo fixo, mentres que os laterais da cinta carecían de resgardo.


A traballadora estaba a limpar a cinta de selección xunto cunha compañeira, cando o estropallo que levaba na súa man dereita foi atrapado polo rodete inferior, arrastrándolle o brazo e atrapándollo. Ao ouvir os berros desta traballadora, a súa compañeira desconectou o equipo do cadro xeral.


A traballadora sufriu fractura aberta de cúbito e radio dereitos e afectación tendinosa e nerviosa. Foi intervida cirurxicamente e tardou 373 días en curar, quedándolle numerosas secuelas, como limitación de mobilidade en boneca, parálise dalgúns nervios e unha cicatriz cun prexuízo estético importante.


A sentenza sinala igualmente que a empresa non executara as medidas preventivas necesarias para evitar este tipo de accidentes e tamén deixou constancia de que a traballadora tampouco recibira curso algún sobre prevención.

Fonte: elcorreo.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS