Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condenado por un accidente laboral cun ferido tras a deflagración nun barco

14-12-2012 - ACCIDENTE LABORAL

Un xulgado de Palma condenou a un empresario que se dedica á reparación e mantemento de embarcacións a unha pena de seis meses de prisión por un accidente laboral acontecido a finais de 2009 no Moll Vell do porto da cidade no que un mecánico resultou ferido tras producirse unha deflagración no barco que estaba a reparar.

O mozo traballador, de 24 anos, sufriu queimaduras de segundo grao na cara e os antebrazos. Tivo que ser hospitalizado, precisou tratamento médico e non lle quedaron secuelas.

O acusado aceptou unha pena de seis meses de cárcere que se substitúe por seis meses de traballos en beneficio da comunidade, ademais dunha multa e a inhabilitación para exercer como empresario no sector da mecánica durante o tempo da condena. O imputado conformouse cos feitos e declarouse responsable dun delito contra os dereitos dos traballadores en concurso con outro de lesións imprudentes.

O sinistro produciuse o pasado 1 de outubro de 2009 cando o acusado ordenou ao mozo mecánico que acudira ao Moll Vell del Port de Palma para reparar o sistema eléctrico de arranque do motor nunha embarcación.

O empregado, sen a supervisión do imputado, foi ao lugar sobre as dez da mañá e abriu o compartimento do motor. O mozo aplicou un produto limpador de freos altamente inflamable para limpar o aceite acumulado na zona do motor. Cando se dispoñía a comprobar o sistema de arranque, produciuse unha deflagración que lle alcanzou. Na sentina da nave existía auga salgada e gasóleo, ao que se engadiu o produto limpador inadecuado, o que propiciou a formación dunha atmósfera inflamable.

Segundo a fiscalía, o acusado non avaliou os riscos da situación, nin estableceu as medidas preventivas adecuadas como a non utilización do produto e a súa substitución por outro, polo que se produciu un grave risco para o traballador.

 

Fonte: preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS